Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Agosto 2020 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

Artigos

Imaxe de teresa

DÍA DO LIBRO 2020

Hoxe celebraríamos nas escolas o Día do Libro.

Como é imposible debido a esta situación que estamos a vivir, as mestras e mestres do CRA Ponte da Pedra queremos desexarvos a todas as familias un feliz día do libro e un ano cheo de lecturas.

 

Imaxe de AnaFernandez

SALÓN DO LIBRO: Torradas divertidas

Primeiro de nada, feliz Día do Libro!!!

Hoxe pode ser un bo día para ler un conto, relato, poesía... en familia, que vos parece?

E despois, dende o Salón do Libro propoñémosvos unha merenda saudable e divertida que podedes preparar e saborear toda a familia xuntiña.

Pinchade na foto para ver co se fan, pero tamén podedes deixar voar a vosa imaxinación e creatividade para inventar novas torradas. Veña, veña...!!!

 

Imaxe do Salón do Libro de Pontevedra.

 

Imaxe de AnaFernandez

SALÓN DO LIBRO: Contacontos

 

Para o día de hoxe propoñémosvos un contacontos dende o Salón do Libro titulado "A galiña pequeniña" e contado por Xacobe Rodríguez, de Pavis Pavós.

Como pensades que será esa galiña pequeniña? Escoitade atentamente o conto, imaxinade como pode ser esa galiña tan pequecha e animádevos a debuxala.

Pasádeo moi ben!!

Pinchade na galiña para ver o conto.

Imaxe de AnaFernandez

SALÓN DO LIBRO

 

A actividade que vos propoñemos dende o Salón do Libro para o día de hoxe é un obradoiro creativo, titulado "Creando o noso buscacacas".

Consiste na elaboración dun sinxelo xogo de tarxetas con debuxos para que despois poidades pasar un bo ratiño en familia. Animádevos!!

Pinchade na foto para ver o xogo.

Imaxe do Salón do Libro de Pontevedra.

Imaxe de AnaFernandez

SALÓN DO LIBRO

 

Nesta época participaríamos e visitaríamos o Salón do Libro de Carballo, organizado polo concello xunto coa ASPG e adicado este ano ao tema do humor.

Coma as circunstancias que estamos a vivir non nos permiten asistir e non queremos que os nenos e nenas perdan actividades tan interesantes como contacontos, concertos, obradoiros... Ao longo das dúas próximas semanas teredes na web unha actividade diaria para que gocedes en familia dende a casa. Todo grazas ao Salón do Libro de Pontevedra (www.salondolibro.gal).

Así que a primeira actividade que vos recomendamos hoxe é un breve e divertido "Concerto en Zapatillas" de Pablo Díaz e Olga Kirk. Esperamos que o pasedes moi ben e cantedes e bailedes xuntos.

https://youtu.be/yRmMMonXElE

 

 



by Dr. Radut