Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Abril 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

Artigos

Imaxe de Jesus

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2018-2019

O  alumnado admitido no CRA Ponte da Pedra, debe formalizar a matrícula do 20-30 de xuño, na Sede do CRA Ponte da Pedra.

Horario de atención: de luns a venres de 10-14h.

Deberase entegar a seguinte documentación:

- Copia da tarxeta sanitaria.

- Documento da Formalización.

- Impreso das autorizacións.

- Enquisa Galego Equipo de Dinamización Lingua Galega.

 ** Xoves 28 de xuño ás 12.00 h. na Biblioteca Rego da Balsa, reunión coas familias que matrículan algún alumno ou alumna por primeira vez.

 

Imaxe de Jesus

Listaxe definitiva de admitidos e non admitidos - Curso 2018/19

Hoxe día 14 de maio publícase a listaxe definitiva de admitidos e non admitidos das escolas do CRA Ponte da Pedra para o curso 2018-19.

As persoas interesadas poderán interpoñer un recurso de alzada ante a persoa titular da xefatura territorial, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte da publicación das mesmas (art. 32.1 da Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.)

*Lembrar que o prazo de formalización de matrícula é do 20 ao 30 de xuño.

Imaxe de Jesus

LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS PARA O CURSO 2018-19

Publícanse as listaxes de admitidos e non-admitidos das escolas do CRA Ponte da Pedra.


Esta lista é Provisional, tedes 5 días hábiles para poder reclamar ante a dirección do centro.

Resoltas as reclamacións tras ese prazo, publicaranse as listaxes definitivas de admitidos e non-admitidos o 14 de maio, contra as que cabe un recurso de alzada ante o Xefe Territorial de A Coruña no prazo dun mes.

Imaxe de Jesus

Información proceso de admisión 2017-2018

 

En atención á lexislación reguladora do proceso de admisión de alumnado en centros sostidos con fondos públicos (Decreto 254/2012 do 13 de decembro e Orde do 12 de marzo de 2013 modificada por Orde do 25 de xaneiro do 2017) comunicamos que

Ao ser a demanda de prazas inferior á oferta existente, todos os solicitantes dos niveis educativos (escolas) que ao pé deste escrito se referencian quedan admitidos e antes do 25 de abril procederase, sen máis trámites, a publicarse a listaxe pública provisional de todos eles.

Lembramos, en calquera caso, que os solicitantes admitidos deberán formalizar a matrícula no centro educativo entre o 20 e o 30 de xuño(Infantil e Primaria)

NIVEIS CON MENOR NÚMERO DE SOLICITANTES QUE PRAZAS

NIVEL / ESCOLA

SOLICITANTES

PRAZAS

 

Artes

3

15

ADMITIDOS

Berdillo EI

8

11

ADMITIDOS

Berdillo EP

0

5

ADMITIDOS

Cances

3

10

ADMITIDOS

Mirón

4

11

ADMITIDOS

Rega

3

11

ADMITIDOS

Sísamo EI

6

12

ADMITIDOS

Sísamo EP

0

7

ADMITIDOS

Xoane

1

15

ADMITIDOS

Imaxe de Jesus

INFORMACIÓN PROCESO DE ADMISIÓN E MATRÍCULA PARA O CURSO 2018/2019

 

Comunícase a apertura do prazo de admisión de alumnos/as para o curso 2018/19  

· Calendario :

 Prazo Presentación Solicitudes de Admisión:Do 1 ao 20 de Marzo as 14:00h.(Entregar na sede (// Anexo II cuberto á man ou Anexo II cuberto a ordenador // + libro de familia ou DNI do alumno/a, así como certificado de escolarización e convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, se é o caso) .

 Prazo Presentación Documentación Xustificativa: Do 23 Marzo ao de 13 Abril as 14:00h.(cando a demanda de prazas sexa superior á oferta deberase presentar documentación: padrón, ...)

 Publicación listas provisionais de admitidos e non-admitidos: Antes do 25 de abril Prazo reclamación: 5 días hábiles a partir do día seguinte a súa publicación. 

 Publicación listas definitivas de admitidos e non-admitidos: Antes do 15 de maio Prazo de reclamación: un mes a partir do día seguinte a publicación deberá presentar recurso de alzada ante a xefatura territorial.

 Formalización de Matrícula: Do 20 ao 30 de xuño (presentación do anexo III)

No seguinte vínculo +INFORMACIÓN



by Dr. Radut