Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Agosto 2019 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

Artigos

Imaxe de Pili

LISTAS PROVISIONAIS DE ADMITIDOS PARA CURSO 2012-13

 ESTA LISTAXE É PROVISIONAL.

 Haberá 5 días hábiles para presentar reclamación ante o Consello Escolar (dende o día 2 o 8 de maio, inclusive).

 Resoltas as reclamacións tras ese prazo, publicaranse as listaxes definitivas de alumnado admitido e non admitido, contra as que cabe recurso de alzada ante o delegado provincial no prazo dun mes.

Pulsa aqui para ver as listas

Imaxe de Jesus

PROCESO DE ADMISIÓN E MATRÍCULA PARA O CURSO 2012/13

Segundo as instrucións ditadas pola Conselleria de Educación.

SOLICITUDES:

 As solicitudes poden recollerse nas escolas, na sede do centro ou na seguinte ligazón: Descargar solicitude (Anexo II). * Deberán ser entregadas na sede do CRA.

DOCUMENTACIÓN A ACHEGAR:

1.- Anexo II debidamente cumprimentado (FOLLAS 1,2 E 3).Lea as intruccións

2.- Fotocopia de tódalas follas do libro de familia que teñan algunha inscrición.

3.- Se é o caso documentación xustificativa da solicitude dunha praza para o alumnado con necesidades específicas especiais (apoio).

4.- Certificado de matrícula do centro de procedencia, se procede.

5.- Certificado de empadroamento municipal cos datos do solicitante, ou, domicilio de traballo o pai, nai ou titor legal ( se é por conta allea, precisarase presentar o certificado da empresa e copia do contrato laboral. Se é por conta propia, presentarase a Alta Censal e alta na seguridade Social).

SE HOUBERA MÁIS SOLICITUDES QUE PRAZAS, REQUERÍRASE A VOSTEDE PARA QUE APORTE A SEGUINTE DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA entre o 10 e o 20 de Abril.

6. Acreditación, se procede de discapacidade do solicitante, pai, nai ou irmáns.

7. Título actualizado da tarxeta de familia numerosa. Non vale a este efecto o Libro de Familia

PRAZO DE PRESENTACIÓN:

Do 1 de marzo ao 10 de abril de 2012.

Presentación documentación complementaria: 10-20 de Abril

DATOS DE INTERESE:

Áreas de Influencia: A Parroquia onde están ubicadas as escolas

Centros adscritos das escolas:

CEIP GÁNDARA-SOFÁN: Escola de Artes e Escola de Berdillo (segundo reaxuste de zonificación)

CEIP FOGAR: Escola de Mirón e Escola de Rega

CEIP BERGANTIÑOS: Escola de Cances, Escola de Sísamo e Escola de Xoane

 

Vacantes: Pinche para documento descargar PDF.

Conforme ao resultado do sorteo, as letras de prioridade que afectan ao primeiro e, de
darse o caso, ao segundo apelido ao efecto da resolución do desempate na puntuación
final na orde de admisión do alumnado nos centros sostidos con fondos públicos no
curso 2012/2013, serán as letras “E“ e “O“.

RESOLUCIÓN:

Publicación resolución provisional de admitidos e non-admitidos: Antes do 30 Abril

Reclamacións ante o Consello Escolar a Resolución provisional: 5 dias hábiles despois da publicación ( éstas se resolverán en 5 días hábiles)

Publicación da Resolución definitiva de admitidos e non-admitidos: Despois dos días hábiles para as reclamacións.( A partir desta hai un mes para interpoñer un recurso de alzada ante a Xefatura Territorial da Conselleria

HORARIOS DE RECOLLIDA DE SOLICITUDES NA SEDE DO CRA:

Luns: 12:00 h.-14:00 h. e 15:30 h.-17:00 h.
Martes: 11:00 h.-14:00 h.
Mércores: Non
Xoves: 12:00 h.-14:00 h.
Venres: 12:00 h.-14:00 h.

OUTROS:

O Proxecto educativo está exposto online na páxina web e no taboleiro da SEDE


Indicadores de Renta.

* A normativa por onde se rixe o proceso de matriculación é: Decreto 30/2007 do 15 de Marzo polo que se regula a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos e a Orde do 17 de marzo do 2007 polo que se regula o procedemento para a admisión doa alumnado no segundo ciclo de e. infantil, e.primaria, e.secundaria obligatoria e bacharelato en centros docentes sostidos con fondos públicos.

Imaxe de Pili

PRAZO PARA A FORMALIZACIÓN DE MATRICULA (para os nenos que resultaron admitidos no proceso de selección para o curso 2011-12)

Entre o 20 e o 30 de xuño os alumnos e alumnas novos, que foron admitidos no proceso de admisión para o curso 2011-12, tendrán que FORMALIZAR  A MATRÍCULA (senon perderan o seu dereito sobre esa praza otorgada).

Para elo, teñen que cubrir unha solicitude e entregala na SEDE do CRA en horario de 10-14h. xunto con:

- Informe médico

- Copia da tarxeta sanitaria

En Carballo a 18 de Xuño de 2011

A dirección

Imaxe de MarVaamonde

Resolución da Comisión de Escolarización 2011

Adxuntamos a acta e listaxes da adxudicación de prazas para o curso escolar 2011/12. Estas listaxes poden igualmente consultarse xa nos taboleiros das nosas escolas e na sede do CRA. 
 Acta da Comisión de Escolarización 
 Listaxes das adxudicacións

 

Imaxe de MarVaamonde

PROCESO ADMISIÓN ALUMNOS - Renda da unidade familiar

Sobre a renda da unidade familiar:

 1.Na solicitude de admisión os representantes legais do alumno autorizarán expresamente a utilización da información de carácter tributario que se precisa para a acreditación da renda anual da unidade familiar, que será subministrada directamente á Consellería de Educación pola Axencia Estatal de Administración Tributaria. Tanto que se opte por unha tributación conxunta, como individual, a autorización concederase por ambos os dous cónxuxes  e deben figurar todos os declarantes da unidade familiar. De non ser o caso, deberáse entregar coa copia das solicitudes de admisión unha copia da documentación acreditativa oportuna pola que asine un só cónxuxe.

2. A dita información será a que corresponda ao exercicio fiscal anterior en dous anos ao ano natural no que se presenta a solicitude (2009

3. Os interesados e interesadas en que sexa valorada a renda da unidade familiar, deberán facer constar a cantidade resultante da suma dos recadros  455 e 465 da declaración da renda do ano 2009 de cada un dos declarantes da unidade familiar.

4. O indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM) do ano 2009 foi 6326,86 €. (Disposición adicional vixésima octava da Lei 2/2008 do 23 de decembro de Presupostos Xerais do Estado para 2009, BOE do 24 de decembro).
 

Por tanto, no apartado 10 do baremo referido á Renda anual da unidade familiar, as puntuacións serán as seguintes:
     
A.- Iguais ou inferiores a 6.326,86 €  ……... 3 puntos
     B.- Superiores a 6.326,86 € e inferiores ao duplo: 12.405,60 € .... 2 puntos
     
C.- Superiores a 12.653,72 € e inferiores ao triplo: 18.980,58 € .... 1 punto
    
D.- Iguais ou superiores ao triplo: 18.980,58 € ….……… 0 puntos

  

 



by Dr. Radut