Primaria
Propostas de actividades para os nenos e nenas de 1º
Queridas familias:
Para estes días de corentena, subo a páxina un calendario cunha serie de propostas de actividades e con enlaces a páxinas con diferentes xogos e vídeos, para que os días pasen da mellor maneira posible e para facer na medida das vosas posibilidades. Con estas actividades os nenos e nenas poderán repasar os contidos traballados ata o momento.
Moitas grazas e moitísimo ánimo para todos e todas.
Tarefas para 3º
Queridas familias:
Para estes días de conretena, moitas de vos xa tedes os cadernos de competencias de linguas e de matemáticas. Para ir facendo na vosa medida, un pouco cada día. E así repasar todo o que levamos feito.
Aquelas familias que non tedes os caderniños, ou que queirades máis propostas. Propoño facer cada día as seguintes actividades:
1º-Escribir cada día, a modo de diario, como nos sentimos? Igual que facemos na clase e podedes engadir un debuxo coas cores que xa empregamos na clase.
2ºInventar unha suma, unha resta e unha multiplicación e resolvelas. A continuación escribir o resultado con letra e facer a súa descomposición (recordade facelo das 2 maneiras)
3º-Lectura silenciosa todos os días, 30 minutos
4º-Lectura en voz alta, un conto, as noticias…Recordando facer as entoacións precisas.
5º-Crear un cómic. Debe ter viñetas, debuxos e bocadillos. (Facer ao longo desta semana)
Ánimo con estes días!
Irene3º
Grupo de Teatro de 4º
Actuacións no Certame Intercentros (Pazo da Cultura, Narón, 29 de abril) e no Teatro Jofre (14 de maio), coa obra ANTÓN NO PAÍS DAS MERENDAS.
Segue a ligazón: http://www.edu.xunta.gal/centros/cranaron/?q=node/580
Un Mar de Muiñeiras. Video Oficial
Xa temos o video oficial do Mar de Muiñeiras, esperamos que vos guste:
O noso comezo en Primaria
Aquí vos deixamos un enlace á aula virtual do cole no que podedes visualizar e/ou descargar o vídeo que resume un pouco as nosas andanzas neste primeiro trimestre.
Tivemos moitas actividades e experiencias que nos gustaría compartir con tod@s vós!
Unha aperta grande dende 1º de Primaria
https://www.edu.xunta.gal/centros/cranaron/aulavirtual/pluginfile.php/13...
DÍA DE ROSALÍA
Enviado por ana o Sáb, 24/02/2018 - 19:49
O alumnado de 2º curso de educación primaria decidiu lembrar a unha grande, Rosalía de Castro. Decidimos redactar, ler, compartir e falar sobre a importancia das súas verbas nun momento complexo para a lingua galega. Recitamos o seu poema "Adiós ríos, adiós fontes" xa un pouco cans@s despois de 4 intentos.... pero con todo o noso cariño. Aquí vos deixamos o enlace para poder descargar o vídeo: https://www.edu.xunta.gal/centros/cranaron/aulavirtual/mod/resource/view.php?id=331 |
|
Saída escolar
Velaquí tedes un enlace á aula virtual na que, co voso usuario e contrasinal, podedes ver o vídeo sobre a saída "O sabor da aventura está no mar"
http://www.edu.xunta.gal/centros/cranaron/aulavirtual/mod/forum/view.php?id=309
Esperamos seguir vivindo moitas aventuras máis xuntos e continuar aprendendo.
O CORPO HUMANO
Enviado por ana o Mér, 04/10/2017 - 12:56O alumnado de 2º de Educación Primaria decide compartir as súas experiencias de aprendizaxe sobre o corpo humano.
Esperamos que vos sirva de axuda para entender un pouquiño mellor os contidos. E, para as persoas que estades convalecentes, para que poidades ter conta do aprendido na escola e vos recuperedes axiña.
Unha aperta
Aprender facendo
Enviado por ana o Xov, 27/04/2017 - 17:56O alumnado de 1º de Educación primaria realizou varias actividades durante o curso que lles permitiu aprender facendo.
Para poñer en práctica as medidas de masa e capacidade decidimos facer unha torta de queixo ao tempo que practicabamos matemáticas, reflexionábamos sobre unha alimentación saudable e encasillabamos os tipos de alimentos no grupo correspondente da roda alimenticia. Sen dúbida, a colaboración con todos e todas os/as compañeiros/as foi indispensable para obter uns bos resultados: degustar unha boa torta.
Aprendemos que as funcións se poden repartir, que non todos temos que facer todo e que, se nos apoiamos os/as uns/as aos/ás outros/as todos/as aprendemos e nos enriquecemos dunha mesma experiencia. Velaquí tendes algunha proba do traballo
Co moito que lle gusta ao alumnado de primeiro pescudar sobre todo o que lles rodea, os seres vivos non podían ser menos. Polo de agora nos repartimos os grupos de vertebrados por parellas para investigar sobre eles e compartir as conclusións con todo o grupo clase.
Para iso deseñamos un rincón de libros relacionados coa temática e un mostrario de especies de seres vivos que servirán de modelo para observar, analizar e recoller información necesaria. Nas fotos que se acompañan a continuación obsérvase cómo empregamos a titoría de pares para apoiar a tarefa, retroalimentarnos os uns aos outros e así aprender facendo. Cantísimo gozamos actuando como verdadeiros científicos/as!!
De seguro que compartindo as aprendizaxes, debatindo e mantendo esa curiosidade seredes uns científicos excepcionais.
A seguir aprendendo. A seguir facendo. A seguir medrando.
Ruteo en Bicicleta con Visita a Baltar
O pasado luns 17 de outubro, a Educación Primaria do Val, saimos en bicicleta a dar unha volta pola zona, con parada en Baltar para a merenda. Tivemos algun problema na organización pero grazas as nais e pais que nos acompañaron poidemos levar a actividade a cabo. Moitas grazas pola vosa colaboración.
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
Pasamos un bo dia, e os/as nenos/as pasárono moi ben...a espera de repetila máis adiante!!
De novo, moitas grazas as familias pola axuda...sen ela, non poderiamos facer a saída.
