Primaria

3ºPrimaria 8/06/2020

Luns 8 de xuño de 2020

Bo día familias! Imos a polas tarefas desta semana. Todas son para repasar o que xa sabedes e son moi sinxelas, seguro que sabedes facer todo. Engado un par de vídeos para que vos axuden nalgunha cousiña. Recordade facer un pouquiño cada día. Un saúdo, Irene.

1-Como nos sentimos?Cada un debe escoller un emoticono que represente como nos sentimos. Podedes escribir unha frase que axude a explicar como vos sentides.

2-Practicamos as divisiónpara recordar como se fan podedes ir aos vídeos anteriores. Aquí vos deixo outra maneira de facer as división, podedes empregar a que queirades. Cada día podedes facer 3 divisións.

Aprende a dividir por una cifra (academia JAF)https://www.youtube.com/watch?v=0D1wxxlBN-0

Divisiones de 1 cifra (academia JAF)https://www.youtube.com/watch?v=q9y_Bjj0_2A

3-Repaso de matemáicas do 2ºtrimestre

4-Repaso de lengua do 2º trimestre

5-Imos debuxar un pouquiñovos podedes seguir os pasos deste titorial e logo podedes facer todas as adaptacións que queirades.

Dibujos para dibujar fáciles y divertidos https://www.youtube.com/watch?v=QR0wBcJNfVQ

6-Lectura: todos os días un pouquiño a calquera hora, en alto ou en baixo, todos os días a lerrrr!!!

As nosas recetas favoritas e as nosas mans limpiñas.

Ola nenos e nenas:

Subo os traballiños que fixemos: o experimento e as mans limpiñas e as nosas recetas favoritas.

Que ben quedaron! 

       

 

 

          

  

 

Agora poño a miña receta. Animádevos a facela.

 

 

Actividades Semana 1 de junio

Hola familias.

 Espero que sigáis todos bien.

Subo el calendario con las actividades para esta semana.

Adjunto varios documentos, uno con sumas y restas y la explicación para hacer restas de dos cifras, un pdf con unos cuentos para leer y tres con unas actividades que se explican en el calendario: búsqueda del tesoro, personajes dactilares y hacemos un semáforo.

Mucho ánimo para todos, ya queda poquito.

Muchos besitos y abrazos para todos.

 

 

3ºPrimaria - 1 de xuño de 2020

Bo día familias! Xa nos queda pouquiño para acabar o cole, estamos na recta final. Sei que moitos de vos traballastedes moi duro e agora xa estades un pouquiño cansados. Así que a seguinte proposta trata de ser pouquiño máis amena e lixeira. Un saúdo, Irene 3º

 

1ºComo nos sentimos?Cada día escoller un emoticono que represente como nos sentimos é moi importante seguir facendo esta actividade

2ºTáboas de multiplicar: Repaso das táboas de múltiplicar coa app Cool future, tablas de multiplicar para primaria gratis

3ºRepaso de matemáticas do 1º trimestre

4º Debuxar un gato con Gloria Fuertes

-Lectura en voz baixa do poema

-Lectura do poema facendo as pausas axeitadas.

-Entender todas as palabras.

-Facer o debuxo seguindo as instruccións

25/5/2020 3º primaria

Luns 25 maio de 2020 - 3º E. Primaria

Queridas familias: unha semana máis vos deixo as actividades para facer. Recordade facer un poquiño cada día para seguir aprendendo un pouquiño máis.  E aproveitade para ler o que vos guste cada día, é importantísimo!

Xa sabedes que se tendes algunha dúbida me podedes escribir.

Espero que tod@s esteades ben. Un saúdo enorme, Irene.

1º Como nos sentimos? Cada día escoller un emoticono que represente como nos sentimos e explicar a razón.

2ºAs horas: adxunto un para aprender a ler as horas. Tendes unha páxina para cada día. Ademáis de un dominó de horas que podedes recortar para practicar un pouquiño cada día cunha partida de domino e así aprender xogando.

3ºVideo: horas del reloj para niños - Aprender las horas - Vídeos educativos para niños

https://www.youtube.com/watch?v=x0azH56EjKQ

4ºXogamos cos dados. Facer series tirando un dado. Empezamos en cero, cada vez que tiramos o dado lle sumamos o número que sae ao anterior ata chegar ao número cen. Podedes ir anotando para que vos sexa máis fácil. Debedes facer unha serie cada día.

Exemplo: 0+3=3+5=8+6=14+5=19+2=21.....

5ºResolución de problemas: mezcla sumas, restas, multiplicacións e divisións. Podedes facer unha páxina cada día

6º Competencia lingüística. Debedes ler a historia de Garcibuzo as preguntas sobre el. Recordade todas as respostas están no texto

7º Palabras encadeadas. Debermos pesar unha palabra e ir enlazando coa seguinte co final da súa sílaba. Podedes facelo de maneira oral ou escrita. Debedes facer unha cadea cada día, veredes como cada vez é máis fácil.

Por exemplo: pita-taza-zapato-tomate-tetera...

8º Visionado da curta “Coin operated”https://www.youtube.com/watch?v=5L4DQfVIcdg

Tras ver esta curta, facer o seguinte:

-Buscar que significa “coin operated”

-Escribir toda a historia, coas vosas palabras, coidando a limpeza e a ortográfia.

-Reflexionar se aprendestedes algo desta historia. O que?

-Facer un debuxo escollendo a imaxe que máis gustou.

The room on the broom

Hy everybody

Esta semana dejamos los repasos y nos toca ver pelicula

Pinchar encima del enlace

I hope you like

 

https://youtu.be/aOTUq1ceTuc

3º primaria 18-5-2020

Luns 18 de maio de 2020- 3ºEducación Primaria

Queridas familiasde:

Espero que tod@s sigades moi ben. E agora que se pode saír un pouquiño seguro que máis animados. Esta semana toca seguir traballando para repasar todo o que xa sabedes. Porque repasar é a clave para non esquecer todo iso que xa sabedes.  

Esta semana é moi especial para nos o 17 de maio é o día das LETRAS GALEGAS adicado ao estudoso e escritor Carvalho Calero así que faremos algunhas actividades relacionadas con el. Ademais na páxina web do centro podedes ver unha sorpresiña de parte dos profes para festexar este día.

1ºComo nos sentimos?Cada día escoller un emoticono que represente como nos sentimos.

2ºRepaso de matemática . Unha páxina para cada día para facer un repaso xeral de todo o que xa sabedes: sumas, restas, multiplicacións e resolución de problemas.

3ºA carta: aprender a facer unha carta, as súas partes, que é o destinatario e o remitente, debedes redactar unha carta a un compañeiro/a do colexio ou familiar seguindo o modelo.

4º-Letras Galegas: para coñecer un pouquiño a este homenaxeado, Carvalho Calero. O luns é festivo, así que facede 4 páxinas cada día. Seguro que aprenderedes un montón de cousas sobre Carvalho Calero dunha maneira moi divertida.

5º-Letras Galegas: propoñovos un reto, para celebrar este día tan importante imos xogar coa lingua. Durante esta semana hai que saudar en galego, falar un pouquiño en galego e cantar unha canción é galego. É moi fácil! Animádevos!

Un saúdo, Irene

Tareas para 1º. Semana 11 de mayo.

Hola familias.

Espero que estéis bien.

Adjunto calendario para esta semana, un pdf con lecturas y otro con sumas y restas.

Además esta semana tenemos dos celebraciones importantes, por un lado el viernes 15 de mayo es el día de la familia, para lo que adjunto un pdf con una entrevista con preguntas para convertirnos en periodistas y entrevistar a vuestra familia y pasar un rato divertido Además os propongo un enlace con un cuento y una canción y después hacer un dibujo de vuestra familia y que me lo mandéis al correo, para que así haga un montaje con todos y lo podamos ver en la página del cole.

La otra celebración es el día 17 de mayo “As Letras Galegas”, este año se le dedica Ricardo Carballo Calero, por lo que pongo dos pdf uno con su cuento “As pitas baixo a choiva” y otro con actividades (recordar que no teneis porque imprimirlo, las actividades se pueden hacer en folios)

Espero que os guste.

MUCHOS BESOS Y ABRAZOS PARA TODOS.

 

3º PRIMARIA 11-5-2020

Luns 11 de maio de 2020

Estimadas familias! Unha semana máis vos paso as tarefas. Recordade que hai que facer un pouquiño cada día para non acumular. E todos, todos os dias hai que ler. Non o esquezades é super importante.

1ºComo nos sentimos?Cada día escoller unha cor ou un debuxo que identifique como vos sentides. Ademais tendes estas actividades para traballar as emocions relacionadas coa situación que estamos a vivir co Covid.

2º A multiplicación repasámola  "Miliki las tablas". Por suposto, tendes que cantar!

                                https://www.youtube.com/watch?v=PDTx53OKoyc

                                

3º A división: practicar a división de maneira no seguinte enlace

                          http://lapandilladelarejilla.es/juegos-divisiones/

4ºLa división de unha cifra máis difíciles: vemos este titorial de Unprofesor para recordar ou avanzar un pouquiño máis.

                          https://www.youtube.com/watch?v=cv50MfYDqUE

Facemos 3 divisións cada día, escribir o resultado con letra e comprobamos que estea ben feita coa proba da divivisón.

 

5ºE.Plástica. Imos practicar un pouco o debuxo.  Toca facer debuxos a partir de círculos. Cada día podedes facer un. Nesta enlace tedes un tutorial de como facelo.

                         https://www.youtube.com/watch?v=rIwQtWKiv4Q

6º Lectura: da historia  "Mi héroe eres tú. My heroe is you" .

-Ler en voz baixa fixandonos en si coñecemos todas as palabras

-Buscar as palabras que non coñecedes.

-Explicar de maneria escrita ou oral brevemente de que trata

-Escribir un título novo

-Facer unha nova portada para o conto.

Un saúdo, Irene

Distribuir contido