Domirón
CUMPLES DE XANEIRO
Comezamos o ano festexando os aniversarios dos nenos máis maiores das clases de 4 e 5 anos.
PARABÉNS E APERTAS XIGANTES!
DIA DA PAZ
DÍA DA PAZ
Este ano a conmemoración xirou en torno ás apertas, esas que tanto botamos de menos nos tempos de pandemia, e que esperamos recuperar moi pronto.
Grazas a colaboración das nosas familias temos na entrada este fermoso mural onde cada neno e nena trouxo unha imaxe amosando o seu agarimo hacia algún ser querido, formando así " A xanela das apertas" con todas elas.
Relacionado co tema tamén traballamos sobre unha canción de Magín Balnco titulada " A rumba das apertas" e que cantamos en conxunto os nenos e nenas de 4 e 5 anos.
ANIVERSARIOS DECEMBRO
Este mes tócalle sumar un ano aos máis peques de cada clase e agora xa todos teñen 3, 4 e 5 anos
MOITOS PARABÉNS E APERTAS!
CUMPLES NOVEMBRO
No mes de novembro, a piques de rematar o ano, unha nena da clase de 4 anos e unha nena e un neno da clase de 5 anos, fixéronse un pouco máis maiores.
BIQUIÑOS E PARABÉNS PARA TODOS ELES!
ADAPTÁNDONOS AO COLE!!!
Ola familias, aqui tedes unha pequena mostra de cómo foi a adaptación dos nosos peques de 3 anos: as actividades que facemos, as rutinas de tódolos días, as cousas que facemos ao longo dunha xornada, etc. Espero que vos guste!!!
CUMPLES OUTUBRO
No mes de outubro festexamos cumpleanos nas tres clases, non poden estar máis guap@s!
OS NOSOS PARABÉNS PARA TODOS ELES!!
VISITA DE BUFIÑA: ALGUÉN CUMPLE 100 ANOS........
VISITA DE BUFIÑA: ALGUÉN CUMPLE 100 ANOS....
A semana pasada tivemos a visita de Bufiña despois de moito tempo sin vela, traía unha
coroa co número 100,mirade este video para saber por qué:
ANDAINA AO COUTO
ANDAINA AO COUTO
Como todos os venres, tocaba Educación Física co profe César pero a clase de hoxe foi diferente, xa que nos aventuramos a ir de andaina coas nenas e nenos de 4 e 5 anos para facer exercicio e desfrutar da nosa contorna. Tiveron tempo de correr, trepar, escalar, xogar, observar, explorar e recoller tesouros do outono que trouxeron para clase. Viñeron contentísimos xa que para algúns era a súa primeira saída do cole. Esperamos poder repetilo máis veces.
A VENDIMA
VENDIMA 2021
O pasado xoves celebramos a vendima en Domirón. Cada neno e nena recolleu o seu acio, separaron as uviñas para logo esmagalas co morteiro ou incluso coas mans e por último os máis atrevidos fixeron a degustación do mosto. Pasámolo xenial!
GRAZAS FAMILIAS
Temos as mellores familias do mundo: o curso pasado as familias de 5 anos, de regalo de despedida, compráronnos as pezas para o rocódromo e non solo iso, tamén viñeron a colocalas: o equipo Taladro chegou cos seus aparellos e nunha tarde quedou todo listo: un millón de grazas, cada vez que miramos o rocódromo lembrámosvos!!!
E xa neste curso, pedimos voluntarios/as para colaborar en varias tarefas e a resposta non puido ser mellor: pintaron, desbrozaron, limpiaron os areeiros...., grazas a eles, puxemos todo en marcha máis rápido. E grazas tamén ao noso papá carpinteiro temos unha magnifica cociña. A todos mil grazas: estamos super orgullosas de vos!!!!
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »