Domirón
VISÍTANOS UNHA MARISCADORA
Seguindo co proxecto do mar, este xoves recibimos a visita de Lena que é MARISCADORA, para aprender con ela cousiñas da súa profesión. Explicounos como pon a vestimenta, as ferramentas que usa e en que consiste o seu traballo. Pertence a confraría de Cedeira, e vimos un vídeo onde a entrevistaron, xunto coas súas compañeiras, mentres estaban mariscando. Para rematar, vivimos a experiencia de buscar berberechos que traía agochados na area.
Graciñas a familia de Julia, por facer isto posible.
EXPERIMENTOS
Continuando co noso PROXECTO DA AUGA, as mestras prepararon tres experimentos diferentes:
Experimento 1. Que obxectos flotan e cales non?
Experimento 2. Probamos que pasaba se metíamos un ovo en agua doce e salgada. En cal flotará?
Experimento 3. Auga, un bote de cristal, colonia e unha vela. Que pasará?
As nenas e nenos da escola, foron rotando por todos eles e pasárono xenial!
INVESTIGACIÓN SOBRE O PROXECTO DA AUGA
Comezou o noso proxecto!
Grazas á colaboración das familias, puidemos observar a través do microscopio diferentes mostras de agua: de mar, de río, de charcos, da choiva etc.
Foi unha experiencia moi enriquecedora!
BENVIDOS AMIGUIÑOS E AMIGUIÑAS DE 3 ANOS
Comeza unha nova etapa para os peques de 3 anos, ao premer na seguinte imaxe podedes ver nun vídeo algunhas das cousiñas que foron facendo ao longo deste tempo. Pouco a pouco fóronse familiarizando cos espazos, mestres, materiais e rutinas de aula, ademais de compartir moi bos momentos cos novos amiguiños e amiguiñas.
Cada día é unha nova aventura que intentaremos desfrutar ao máximo!
INICIO PROXECTO MAR ABERTO
Para comezar o proxecto anual do centro. "Mar aberto" Bufiña trouxonos a cada un unha mensaxe motivadora nunha botella. A mensaxe era da familia para o neno/a para darlle ánimos para ter un bo curso. As botellas estaban agochadas pola clase e tivemos que atopalas. Unha vez atopamos a nosa decorámola con area, cunchiñas e pegatinas mariñas. Xa temos forza para coller o curso con ganas!!!
Aos poucos días apareceu unha carta de Bufiña en cada clase, onde nos pedía axuda para rescatar uns animais que estaban enterrados no areeiro do patio e levalos á zona de recuperación para que quedaran libres de novo. Non dubidamos nin un segundo en cumplir coa misión que nos propuxo a nosa mascota. Ao premer na seguinte imaxe podedes ver nun vídeo o ben que o fixemos.
Como fixemos moi ben o rescate dos animais mariños, Bufiña díxonos que xa podíamos dar un paso máis e ir a limpar unha praia e alá nos fomos a Valdoviño a limpar a praia da Frouxeira. Viñemos moi satisfeitos porque evitamos que moito lixo fose parar ao mar!!
CONTACONTOS COMIGO
E con esta familia damos por rematada esta actividade que sempre resulta tan exitosa, moitas grazas a todos os que adicastedes un ratiño para poder compartir tan bos momentos mergullándonos en diferentes aventuras a través dos contos.
ESPERÁMOSVOS O VINDEIRO CURSO!!
CONTACONTOS COMIGO
Que afortunados somos de poder contar con familias, como as que nos visitaron ao longo destas semanas, achegándonos a historias tan bonitas e contadas con tanto agarimo. GRAZAS!
CONTACONTOS COMIGO
Xa case estamos chegando ao remate desta actividade tan exitosa, pero aínda seguimos recibindo bonitas familias que comparten historias con todos nós.
GRACIÑAS!!
A CONTORNA DE DOMIRON
Aquí tedes o noso video para convidar aos nosos compis das outras escolas do CRA a que veñan visitar a nosa zona. Este traballo, facendo de reporteiros e reporteiras, está enmarcado dentro do proxecto de centro: Pasiño a pasiño imos polo bo camiño. Durante o 2º trimestre traballaronse os mapas, distancias e tamén seguimos coas camiñatas, que está previsto que veñan os nenos e nenas do Val e Sedes a facer unha camiñata con nos pola nosa zona, igual que nos fomos a Sedes no 1º trimestre.
Quedou moi chulo!! De aquí a que contraten os nosos peques para o programa Aquí Narón (se o houbera) non queda nada!!!!
EXCURSIÓN Á DOMUS, A CASA DO HOME.
O pasado mércores 15 fixemos unha saída a Coruña, á DOMUS, xunto coas outras escolas do CRA, en continuidade co noso proxecto de centro sobre a sáude e os hábitos saudables.
Visitamos o museo con moitísima actividades interactivas, merendamos nas súas instalacións cunhas vistas increíbles para finalmente volver ás escolas moi felices por toda esta experiencia.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »