Orientación, Orientación ás familias, ¿Qué é o departamento de Orientación?, Orientacións ao profesorado

ESTIMULAR A LINGUAXE

Ola familias, imos deixarvos aquí unha serie de recursos que nos poden servir para seguir estimulando a liunguaxe oral na casa e ao mesmo tempo facer un pouco más levadeiro este proceso.

 

 

 

 

CAMBIAR AS COUSAS ESTÁ NAS NOSAS MANS

Gustounos moito este vídeo da comunidade TEI sobre o papel de toda a comunidade educativa (alumnado, familias, profesorado...) tanto a nivel individual como de grupo para acabar co coronavirus.

 

                                            

 

XUNTOS PODEMOS CONSEGUILO!!!!

APRENDEMOS NA CASA

 Prezadas familias: por se é do voso interese deixámosvos na seguinte ligazón a información sobre a programación educativa que ofrecen o Ministerio de Educación e RTVE ''Aprendemos en casa'' dirixidos a escolares co fin de paliar o grave problema educativo causado polo coronavirus.

 

 

 

RECOMENDACIÓNS BÁSICAS PARA A CONVIVENCIA FAMILIAR

Ola familias!

Compartimos con vós unhas breves pero moi interresantes recomendacións básicas para a convivencia familiar para que nestes días de corentena sigamos a ter unha convivencia positiva e enriquecedora nos nosos fogares.

Moito ánimo a todas e todos.

Guia de Recursos de Ocio e Autocoidado.

Ola de novo

De todas as guías que circulan pola rede esta parecéunos super útil e moi completa xa que inclúe atención psicosocial tan necesaria sempre, autocoidado e tamén ocio e cultura dende casa, música...

Hai que premer encima da foto e ábrese o arquivo, despois ide premendo en cada unha das imaxes e vos reconducirá a outras páxinas.

Moito ánimo e imos!!!! Que xa falta menos!!

Mi Casa es un Castillo

Aqui vos deixamos un conto con rutinas para nenas e nenos que non poden sair da casa...que nestos días somos todos!!

FUNCIÓNS DO DEP. DE ORIENTACIÓN

Servizos para atención á diversidade

O  Departamento de Orientación é un servizo para atender a diversidade. Entre os seus obxectivos citamos:

  1. Identificación temperá de necesidades educativas
  2. Intervención de apoio ou reforzo ao alumnado para avanzar na prevención dos problemas de aprendizaxe
  3. Revisión e/ou modificación de medidas de apoio e reforzo
  4. Asesoramento ao profesorado e ás familias

Para a consecución destes obxectivos, o Departamento conta cun Plan Anual de Orientación, no que se planifican as actuacións para cada curso educativo. Conta asimesmo con recursos específicos para a observación, avaliación e apoio a aqueles alumnos e alumnas que presenten algunha dificultade educativa.

O departamento de Orientación está constituido polo conxunto de profesores e profesoras que interveñen na atención á diversidade:

  1. ORIENTADORA: a súa tarefa principal en relación cos alumnos e alumnas  é axudar na avaliación das necesidades educativas, e na concreción das medidas de apoio ou reforzo, así como asesorar ás familias e ao profesorado.
  2. PROFESORA DE PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA: a súa tarefa céntrase en colaborar na avaliación e intervir nas dificultades xenéricas de aprendizaxe .
  3. PROFESORA DE AUDICIÓN E LINGUAXE: a súa tarefa céntrase na intervención, avaliación e seguemento das dificultades de aprendizaxe relacionadas coa linguaxe.
  4. PROFESORAS DE APOIO XENÉRICO: a súa tarefa é a de colaborar cos profesores titores naquelas aulas con máis dificultades derivadas da súa composición, ou da escolarización nesas aulas de alumnos ou alumnas que presenten algunha necesidade educativa.

Na prevención e intervención das  dificultades de aprendizaxe está implicado todo o Colexio, titores, profesores especialistas e profesores de apoio, e tamén as familias para acadar o obxectivo básico e fundamental de que todo o alumnado acade o máximo desenrolo persoal, intelectual, social e emocional.

Naqueles casos ou situación nas que as familias observen ou estean preocupadas por algún aspecto da escolarización dos seus fillos, o primeiro paso será comunicar esas preocupación aos profesores/as  titores que atenderán as inquedanzas das familias.

Os profesores e profesoras do Departamento de Orientación queren tamén poñerse á disposición das familias para atender calquera dúbida ou preocupación sobre a educación dos alumnos e alumnas, especialmente daqueles alumnos e alumnas que na actualidade teñen algunha intervención de reforzo ou apoio.

Para comunicarse cos profesores e profesoras do Departamento, as familias poden avisar aos profesores titores ou á Orientadora, SUSANA, no tfno:696920190

Cada ano nos reximos por un Plan Anual de Actuación . Este é o correspondente a este curso. Aquí tedes a adptación que fixemos para este 3ºtrimestre 

Distribuir contido