BO NADAL
BO NADAL
O primeiro trimestre deste curso tan atípico chega ao seu fin, e non nos queremos despedir sen felicitar ao noso alumnado por facer tan levadeiro o noso día a día durante estes meses tan duros. Máis que merecidas teñen as vacacións de nadal!
Hoxe sería un dos días que nos xuntaríamos todas as escolas do CRA para despedir o ano, pero a nova normalidade fixo que o tivésemos que festexar cada un na súa clase. Para facer un día máis especial pedimos que viñeran con elementos navideños e a maiores da celebración de cada aula, en Domirón, non quixemos deixar de cantar unhas panxoliñas as tres clases xuntas ainda que fose mantendo a distancia.
Como este ano non foi posible que o virades en directo, nos seguintes vídeos amosamos uns anaquiños das panxoliñas para que poidades desfrutar do ben que cantan e tocan a pandereta.
TAMÉN VOS DEIXAMOS AS FOTOS NAVIDEÑAS DOS 3 GRUPOS
E xa para despedirnos ata o vindeiro ano queremos ensinarvos o mural que elaboramos en conxunto, xa que cada un dos triángulos que forma esta árbore foi decorado por un neno ou nena da escola coa axuda da súa familia e entre todos creamos este bonito adorno navideño para a nosa entrada.
FELICES FESTAS FAMILIAS
Toca cargar pilas para empezar o 2021 con moita forza!
MOITAS GRAZAS POR FORMAR PARTE DAS NOSAS AVENTURAS