3º primaria 18-5-2020

Luns 18 de maio de 2020- 3ºEducación Primaria

Queridas familiasde:

Espero que tod@s sigades moi ben. E agora que se pode saír un pouquiño seguro que máis animados. Esta semana toca seguir traballando para repasar todo o que xa sabedes. Porque repasar é a clave para non esquecer todo iso que xa sabedes.  

Esta semana é moi especial para nos o 17 de maio é o día das LETRAS GALEGAS adicado ao estudoso e escritor Carvalho Calero así que faremos algunhas actividades relacionadas con el. Ademais na páxina web do centro podedes ver unha sorpresiña de parte dos profes para festexar este día.

1ºComo nos sentimos?Cada día escoller un emoticono que represente como nos sentimos.

2ºRepaso de matemática . Unha páxina para cada día para facer un repaso xeral de todo o que xa sabedes: sumas, restas, multiplicacións e resolución de problemas.

3ºA carta: aprender a facer unha carta, as súas partes, que é o destinatario e o remitente, debedes redactar unha carta a un compañeiro/a do colexio ou familiar seguindo o modelo.

4º-Letras Galegas: para coñecer un pouquiño a este homenaxeado, Carvalho Calero. O luns é festivo, así que facede 4 páxinas cada día. Seguro que aprenderedes un montón de cousas sobre Carvalho Calero dunha maneira moi divertida.

5º-Letras Galegas: propoñovos un reto, para celebrar este día tan importante imos xogar coa lingua. Durante esta semana hai que saudar en galego, falar un pouquiño en galego e cantar unha canción é galego. É moi fácil! Animádevos!

Un saúdo, Irene

AdxuntoTamaño
la carta.pdf517.91 KB
mate repaso.pdf631.73 KB
Letras Galegas.pdf1.23 MB