Xornada de Portas Abertas CRA de Narón....Ven a coñecernos!!!

CRA DE NARÓN . A TÚA ESCOLA SEN IR MÁIS LONXE
 
O Colexio Rural Agrupado de Narón (CRA), centro que agrupa as escolas de  Sedes, O Val e Domirón, convídavos a visitar as nosas escolas con motivo do próximo inicio do prazo de admisión de novo alumnado  para o vindeiro curso escolar 2020-2021.
 
O prazo de reserva comeza o 1 de marzo e poderedes aclarar as vosas dúbidas visitando as nosas escolas. Para  iso organizaremos unha Xornada de portas abertas en cada unha delas.
 
O Val- xoves 27 de febreiro ás 16:15

Domirónxoves 27 de febreiro ás 17:30

Sedes- luns  2 de marzo ás 16:30

 
Se non podedes vir nesa data , e queredes vir coñecernos, chamade aos seguintes teléfonos para  concertar unha cita  e poder atendervos axeitadamente
 
Sedes- 626 422 048        O Val- 696 920 124              Domirón- 696 920 440
 
No CRA de Narón ofrecemos unha educación de calidade baseada no ensino activo e o traballo por proxectos, aulas non masificadas, participación activa das familias no proceso, atención ás diferenzas individuais e unha integración total no medio no que nos atopamos en contacto directo coa natureza.
 
Antes de tomar unha decisión con respecto á escolarización do voso fillo ou filla, non dubidedes en visitarnos.
 
 E por suposto, se tedes algunha dúbida  chamade ao teléfono de Dirección- 626422080