A CONTORNA DE DOMIRON

Aquí tedes o noso video para convidar aos nosos compis das outras escolas do CRA a que veñan visitar a nosa zona. Este traballo,  facendo de reporteiros e reporteiras, está enmarcado dentro do proxecto de centro: Pasiño a pasiño imos polo bo camiño. Durante o 2º trimestre traballaronse os mapas, distancias e tamén seguimos coas camiñatas, que está previsto que veñan os nenos e nenas do Val e Sedes a facer unha camiñata con nos pola nosa zona,  igual que nos fomos a Sedes no 1º trimestre.

Quedou moi chulo!! De aquí a que contraten os nosos peques para o programa Aquí Narón (se o houbera) non queda nada!!!!