Skip to Content

Recomendacións e Anuncios

 

BENVIDOS AO CURSO 2020-21

 

#ETIQUELES?

CAMPAÑA POLO FOMENTO DA LECTURA

 Baixo o lema #ETIQUELES? celebramos no CRA MARÍA ZAMBRANO o día do libro dun xeito moi especial.

Aproveitamos as xeografías lectoras deste ano para lanzar unha campaña de recomendacións lectoras onde os nenos e as nenas do CRA foron os protagonistas absolutos nun proxecto ambicioso con dous obxectivos claros:

  • Fomentar a lectura nos máis pequenos de cara a bos lectores capaces de reflexionar sobre o lido, iniciándose na crítica literaria.

 

  • Construír redes coa comunidades educativa converténdoa no noso público (baseado nun aprendizaxe servicios).

 

Queres coñecer o noso proxecto? Preme na imaxe para descubrilo!

                                    

        

 

Guía da Biblioteca: temos confecionado un documento moi sinxelo e visual cos pasos e instrucións para o uso da biblioteca do CRA. Preme aquí para velo.

2017/06 Valoración dos cuestionarios: Aparecen aquí os resultados de valoración do funcionamento da Biblioteca do CRA durante o curso 2016-17 a base de cuestionarios que cubriu o alumnado, as familias e o profesorado. Preme aquí para velo.

2016/02: A partir deste mes de febreiro comezamos a actividade das “Mochilas viaxeiras dos países”, elixidos polas diferentes escolas do CRA: Novás e Marzán (Reino Unido), Couso (China), Tabagón (Italia), Pías (Brasil e Irlanda) e Fornelos (Senegal e Marrocos).



page | by Dr. Radut