Skip to Content

Aliméntate ben 18/19

Creación de hortas nos patios - Abril 2019

09/04/2019 09:00
09/04/2019 14:00

Nalgúns dos colexios do noso CRA decidiron creas as súas propias hortas e prantar os seus propios alimentos (leitugas, tomates, amorodos...). Estas hortas aténdenas os propios nenos e nenas, prantando os alimentos e regándoos.

Elaboración de pan en Novás - Abril 2019

02/04/2019 09:00
03/04/2019 14:00

O alumnado da escola de Novás tivo a oportunidade de elaborar as súas propias barras de pan. Para facelo, contamos coa axuda do noso vecño Isolino, que nos abriu as portas da súa casa e nos ensinou todo o proceso.

Dividímonos en grupos e un día fomos a facer a masa e o día seguinte fomos facer as barras e metelas no forno. Saíronnos unhas barras de pan riquísimas!!!!

Alimentación saudable - Xaneiro 2019

15/01/2019 09:00
30/01/2019 14:00

Nas diferentes aulas do CRA traballamos sobre os alimentos saudables vendo a pirámide alimentaria, principalmente a través de xogos como: manualidades, debuxos, sopa de letras, adiviñas, elaboración de menús saudables e vídeos sobre alimentación saudable e a pirámide alimentaria.

 

Facemos pan en Pias - Novembro 2018

09/11/2018 09:00
09/11/2018 12:00

Hoxe, na escola de Pías, tivemos unha clase diferente... convertémonos en panadeiros e panadeiras!!! Fixemos a masa con todos os ingredientes que trouxo a mestra e ademais engadimos as pipas que lle quitamos ás cabazas de Samaín ó decoralas. Amasamos a masa para facer boliños pequenos e despois con moita paciencia esperamos a que se coceran no forno  e quedáronnos uns boliños riquísimos!!

Saída a recoller millo de Novás e Tabagón - Outubro 2018

09/10/2018 09:00
09/10/2018 14:00

Aproveitando a visita que a escola de Novás fixo a biblioteca, decidimos ir ata a finca da avoa Concha (a avoa de Antón) a recoller millo. 

Fomos todos xuntos andando mentres contábamos historias e cantabamos e unha vez que chegamos puxémonos mans á obra. Montamos no motocultor para sacar fotos e recollimos moito millo co que enchemos os capachos para levar para clase e debullalo entre todos.

 

Recollida de mazás Fornelos e Tabagón- Outubro 2018

03/10/2018 09:00
09/10/2018 14:00

O Mércores 3 de Outubro os alumnos e alumnas de Fornelos de primaria e infantil visitaron a nosa biblioteca e aproveitaron para sair coas compañeiras e compañeiros da escola de Tabagón a recoller mazás.

Fomos andando a unha finca preto da escola e Anxo e Álex explicáronnos como recollían as mazás e axudáronnos a apañar unhas poucas que meteron nunha bolsa feita na clase. Ademais tamén nos ensinaron zumes dos que poideron beber e sidra.

Visita a adega "Lagar de Fornelos" - Setembro 2018

02/10/2018 09:50

Os nenos e nenas de Fornelos seguimos coñecendo e descubrindo cousas novas sobre o proceso de elaboración do viño, e para elo visitamos a adega "Lagar de Fornelos".

Saímos ás 10:30, fomos polo camiño do río onde vimos diferentes árbores e paramos a falar sobre elas. Como estaba moi bo día, paramos nun parque, onde merendamos e xogamos, e ó rematar fomos á adega Lagar de Fornelos. 

Recibiunos Olga, que era a guía. Ensinounos unha máquina, na que botaban uvas, e que separaba a uva do cangallo. Facía moito ruído. As uvas ían por un tubo a unha máquina, que prensaba as uvas e era moi grande. O que sobraba de espremer (a pel da uva) vai para uns sacos, onde se almacenan para facer augardente, logo nun alambique, que tamén vimos. O zume da uva, o mosto, vai para uns depósitos enormes que estaban forrados con fotos de árbores. Tamén coñecimos a outra parte da adega onde había barrís cheos de augardente e botellas de exposición. 

Elaboración do zume de uva en Novás - Outubro 2018

01/10/2018 09:00
01/10/2018 14:00

Unha vez que recollimos as uvas e aprendimos como facer o zume pasamos á acción. Primeiro seleccionamos ás uvas que queríamos exprimir, logo lavámolas e por último pisámolas e exprimímolas coa termomix.

Aprendimos moitísimo, pasámolo moi ben e o mellor de todo é que nos saiu un zume para chuparse os dedos!!!

Visita á bodega Gran Novás - Setembro 2018

28/09/2018 09:00
28/09/2018 14:00

Como nos demos conta de que aínda somos un pouco inexpertos para elaborar o zume de uva pensamos que sería unha gran idea aprender de algún experto. Estivemos pensando sobre quen nos podía axudar e démonos conta de que a solución a tiñamos moi preto do noso colexio, na bodega Gran Novás.

Decidimos ir facerlle unha visita para aprender deles e os nenos e nenas pasárono moi ben, aprenderon moitísimo e volveron para o colexio con moitas gañas de facer a nosa propia colleita

Vendima en Fornelos - Setembro 2018

21/09/2018 09:00
21/09/2018 14:00

As nenas e nenos de Fornelos vivimos unha xornada de vendima. Fomos a un lagar, na casa de Carmen do Picón, a pisar uvas e ver o proceso de elaboración do viño. Saimos da escola e fomos todos xuntos andando agarrados por parellas, desfrutando da boa mañá que facía. Pasamos un día xenial!!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut