Skip to Content

Móvete+

 

Con motivo desta situación de illamento provocada polo coronavirus Covid-19, dende o CRA e coa colaboración e axuda de todo o profesorado e persoal que traballa no centro, estamos colgando multitud e variedades de propostas e tarefas. Para velas vos remitimos ao apartado de  Presentación da web, no cal aparecen todas enlazadas. 

Igualmente, a continuación, deixamos unha listaxe de aquelas propostas levadas a cabo ao longo do curso e a súa continuidade nesta corentena:

  • MÓVETE + nas aulas: aquí tedes algunhas fotos de moitas das tarefas que fixemos en cada unha das aulas en relación ao programa de "Móvete +", así como a súa inclusión nas diferentes rutinas das aulas!!     (preme aquí para velas)

 

  • BINGO MUSICAL: ao longo do curso as escolas do CRA foron recompilando cancións que ía achegando o alumnado semanalmente, sendo estes os encargados de presentalas e ensinarnos a coreografía que despois puñamos en práctica. A idea inicial era escoller de entre todas elas a que sería a BSO para a nosa gala de clausura das CRAOLÍMPICOS, pero dada a situación actual, decidimos facer con tódalas traballadas ata o momento, un bingo musical para cada escolar para xogar en familia. Consiste en reproducir o audio MP3 e o primeir en cantar o BINGO é o encargado de escoller unha das canción parabailala xuntos

                                                      (preme na imaxe para ver a explicación)

    

Bingo Couso                          +      AUDIO 
Binfo Fornelos EI                   +      AUDIO
Bingo Fornelos/Novás EP      +      AUDIO
Bingo Marzán                        +      AUDIO
Bingo Novás                          +      AUDIO
Bingo Pías EI                         +      AUDIO
Bingo Pías EP                        +      AUDIO
Bingo Tabagón                          +       AUDIO

 

  • CRAOLÍMPICOS EN MOVEMENTO- E AGORA QUÉ?

Trátase dun vídeo no que se van sucedendo unha serie de imaxes cunhas ordes determinadas. Os nenos deben parar o vídeo aleatoriamente e deben facer a orde que aparece na imaxe pausada. Pódese xogar individualmente ou en parella/grupo por quendas. 

                                                     (preme na imaxe)    

  • QUEN DIXO QUE?: póñense polo chan diferentes imaxes de animais. Reprodúcese o audio MP3 dos seus sons (no que adxuntamos aparecen os seguintes: can, galiña, gato, galo, ra, porco, cabalo, ovella, vaca e pato), e os nenos teñen que colocarse sobre a imaxe do animal que corresponde en cada momento. Tamén cabe a posibilidades de facelo con outras temáticas, como cantantes ou cancións. (preme aquí para escoitar os sons dos animais)

 

  • ADIVIÑA-SPIDERMAN

Un misterioso suceso aconteceu no noso fogar. O corredor apareceu cuberto por algo que semella unha tea de araña. Quen foi o misterioso ser que fixo tal cousa? Para sabelo, deberán atravesar esa tea de araña. (Trátase de coller un novelo de la e colgalo polas paredes, creando un pequeno labirinto que os pequenos deberán atravesar, agachándose, reptando, alando pernas e brazos...)

 

  • OUTRAS ACTIVIDADES PROPOSTAS POLA MESTA DE EDUCACIÓN FÍSICA

             - Vídeos actividade física na casa

             - Enlaces de deporte e exercicio físico

             - Enlaces de ioga

             - Enlaces de baile e coreografías

             - Enlaces de xogos de educación física

             - A OCA DAS CRAOLIMPÍADAS: o xogo de mesa típico da OCA pero adaptado, polo que en cada cadro hai diferentes probas de movemento, de maneira que nos pomos á vez que xogamos e o pasaos pipa. (preme aquí para xogar)

                                                        

 



page | by Dr. Radut