Skip to Content

ORIENTACIÓN

O Departamento de Orientación do CRA María Zambrano de O Rosal está formado, para este curso 2018/2019, por unha orientadora compartida con outro centro, que está dispoñible os luns, martes, mércores e venres de 9 a 14; por unha especialista en Pedagoxía Terapéutica (PT) a tempo completo; e por unha especialista en Audición e Linguaxe compartida con outro centro, que acude ao CRA os martes, mércores e venres.

Neste espazo subiremos diferentes materiais, actividades ou boletíns que resultarán, de seguro, do voso interese.
Estade atentos/as!

Pautas educativas básicas: Neste documento damos unha serie de pautas básicas para levar a cabo nos vosos fogares.

Pautas para estimular a linguaxe: Neste boletín atoparedes pautas e actividades do día a día que contribúen a estimular a linguaxe dos nenos e nenas de idades comprendidas entre os 2 e 7 anos.

Pautas para desenvolver a autoestima: Neste díptico, explícase qué é a autoestima, os seus compoñentes e como se desenvolve nos nenos e nenas. Ademáis, danse algunhas ideas para que contribuades a que os vosos fillos e fillas desenvolvan unha autoestima positiva.

Pautas para a adquisición de hábitos de autonomía persoal: Neste folleto explícase que é a autonomía persoal e por que é importante traballala. Ademais, recóllense os hábitos de autonomía que se deben ensinar e como ensinalos na casa.

Lista de xoguetes favoritos: Aproveitando que os Reis Magos están a piques de chegar, neste boletín recóllense unha serie de xoguetes que contribúen a desenvolver as actitudes dos vosos fillos e fillas, tendo en conta sempre as recomendacións egún a idade.

Pautas para desenvolver a intelixencia emocional: O 21 de Xaneiro de 2019 establécese como o día máis triste deste ano ("blue Monday"). O psicólogo Cliff Arnall, a partir dunha fórmula matemática, determinou que o terceiro Luns de Xaneiro é o máis deprimente de todo o ano. Pero como moitas outras cousas, as emocións tamén poden educarse. Este boletín explícavos como traballar a intelixencia emocional dos vosos fillos e fillas dende o seu entorno máis seguro: o seu fogar. 

Pautas para previr o déficit de atención: Na actualidade, existen moitos diagnósticos de alumnado con trastorno por déficit de atención con ou sen hiperactividade. Normalmente, antes dos 6 anos non é habitual facer un diagnóstico definitivo, pero existen nenos e nenas que poden presentar algúns dos seus síntomas sen padecelo. Neste folleto propóñense unha serie de pautas para que dende o fogar se poñan en práctica e así axudar a mellorar os problemas de atención.

Técnicas de relaxación: Actualmente, vivimos nunha sociedade na que imos a todos os lados a contrareloxo e na que as novas tecnoloxías chegaron para sobreestimularnos. Por iso, é moi importante aprender algunhas técnicas de relaxación para momentos como por exemplo, antes de ir para cama. Vos, nais e pais, debedes establecer un momento do día para realizar algún destes exercicios e ensinarllos xs vosxs fillxs, xa que sodes un modelo a seguir por elxs. Neste díptico explícasevos como facelo.

Vantaxes de acudir ó parque: Nestes días, recén estreada a primavera, ofrecémosvos un boletín donde vos explicamos a vantaxes de acudir ao parque e algunhas pautas de actuación para quen acude con eles/elas

Control de esfínteres: Pautas para levar a cabo con aqueles nenos e nenas que teñen problemas para controlar esfínteres sen que exista causa orgánica que o explique.

 



page | by Dr. Radut