Skip to Content

Novás

Elaboración do zume de uva en Novás - Outubro 2018

01/10/2018 09:00
01/10/2018 14:00

Unha vez que recollimos as uvas e aprendimos como facer o zume pasamos á acción. Primeiro seleccionamos ás uvas que queríamos exprimir, logo lavámolas e por último pisámolas e exprimímolas coa termomix.

Aprendimos moitísimo, pasámolo moi ben e o mellor de todo é que nos saiu un zume para chuparse os dedos!!!

Visita á bodega Gran Novás - Setembro 2018

28/09/2018 09:00
28/09/2018 14:00

Como nos demos conta de que aínda somos un pouco inexpertos para elaborar o zume de uva pensamos que sería unha gran idea aprender de algún experto. Estivemos pensando sobre quen nos podía axudar e démonos conta de que a solución a tiñamos moi preto do noso colexio, na bodega Gran Novás.

Decidimos ir facerlle unha visita para aprender deles e os nenos e nenas pasárono moi ben, aprenderon moitísimo e volveron para o colexio con moitas gañas de facer a nosa propia colleita

Saída a vendimar da escola de Novás- Setembro 2018

21/09/2018 09:00
21/09/2018 14:00

Os nenos e nenas da escola de Novás estamos preparándonos para facer a nosa colleita e, como ben sabemos, o primeiro que hai que facer é ir vendimar as uvas que tanto nos custou producir durante todo o ano.

Por iso saimos á finca do avó Manolo (o avó de Iker), que está preto do noso colexio a vendimar unhas poucas uvas para despois na nosa aula elaborar o noso propio zume. As nenas e os nenos pasárono xenial, traballaron arreo e rematamos levando as uvas para a nosa aula para seguir noutro día co proceso.

 

Elaboración de doce de marmelo - Setembro 2018

20/09/2018 09:00
20/09/2018 14:00

Xa que o pasamos tan ben facendo a marmelada de figos, decidímos aproveitar os marmelos que da a árbore que temos na escola para facer doce de marmelo. Fomos recoller os marmelos nun recreo e coa axuda da termomix os nenos e nenas fixeron o doce para levar para a súa casa. Ademais tamen deixamos un pouco doce para celebrar os aniversarios do mes.

Elaboración marmelada de figos - Setembro 2018

19/09/2018 09:00
19/09/2018 14:00

Ós nenos e nenas de Novás gústalles coñecer as diferentes árbores pero tamén lles gusta moito a hora da merenda, polo que nos puxemos mans á obra para combinar as dúas cousas. 

Coñecemimos como son as follas da figueira e o froito que da, traballamos con elas e para rematar elaboramos nos mesmos unha deliciosa marmelada de figos que nos quedou riquísima!!!

Coñecemos as diferentes árbores - Setembro 2018

18/09/2018 09:00
18/09/2018 14:00

No novo curso que comezamos propuxémonos coñecer máis o entorno que nos rodea, e imos poñer en marcha un proxecto con esa temática.

Por iso, e para comezar, decidimos facer unha saída para coñecer as diferentes árbores que nos rodean, aprender o seu nome, como son as súas follas... e para elo, Xoel e seu pai ofrecéronse voluntarios para explicarnos todo con moito detalle. Unha vez que voltamos para a aula e xa sabíamos algunha cousa sobre as diferentes árbores, Xoel e seu pai fixeronnos unha exposición sobre o trigo, o carballo, o piñeiro e o castiñeiro, onde os nenos e nenas poideron facer moitas preguntas e aprender cousas que non sabían.

Revista "O Bufo Fich nº9" - Xuño 2018

25/06/2018 09:00
25/06/2018 14:00

Agora que xa rematamos este curso un ano máis aquí temos a nosa revista do Bufo Fich, a novena edición xa. Nela amosamos todo o que fixemos ao longo destes meses de curso. Participamos en moitas actividades e traballamos un montón! Velaquí poderedes ver algúns deses momentos!


Moi bo verán a todas e todos!!!

 

Festa fin de curso - Xuño 2018

21/06/2018 09:00
21/06/2018 14:00

Xa está... O curso 2017-18 toca ao seu fin!

E para despedirnos quedamos pola mañá todo o CRA na escola de Marzán para desfrutar dunha festa con xogos, música, merenda aportada polas familias e moitas cousas máis.

 

Talleres e charlas da ANPA - Xuño 2018

13/06/2018 09:00

Ó longo deste curso desenvolvéronse unha serie de talleres e charlas a través da nosa ANPA, como por exemplo sobre a temática da saúde e da alimentación, así como de técnicas de estudo. Nestas charlas os poñentes expuñan unha serie de aspectos relacionados coas diferentes temáticas e para rematar leváronse a cabo talleres, enquisas e debates.

I Miniolimpiadas CRA María Zambrano - Abril 2018

25/05/2018 09:00
25/05/2018 14:00

O pasado Venres 25 de Maio celebramos no pavillón municipal as I Miniolimpiadas do noso colexio coa colaboración do Atlético Novás.

Foi un día xenial onde os nenos se dividiron en 10 grupos e foron rotando por 10 xogos diferentes, onde tiñan que superar retos coma meter balóns polos ocos da portería, lanzar avións de papel, manter globos no aire, lanzar pelotas entre unhas sillas, o paracaídas... O remate veunos saudar a mascota do Atético Novás e xogaron todos con ela e fixemos fotos.

Para rematar agradecémoslle a colaboración ó Atletico Novás e agardamos que estas miniolimpiadas se repitan en vindeiros cursos!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut