Skip to Content

Couso

Todos a las mesa- Febreiro 2020

28/02/2020 09:00
28/02/2020 14:00

Ao longo deste 2º trimestre e, en relación co proxecto deo centro "As CRAOLIMPÍADAS", elaboramos en cada localidade unha cesta dos continentes; as cales contiñan alimentos, fauna, vexetación, tarefas... e todo tipo de información relacionada con cada un deles. 

Unha vez creadas, circularon por cada unha das restantes aulas do noso CRA; foi unha experiencia moi enriquecedora para o alumnado, debido á diversidade de razas, intereses, alimentación... que foron descubriendo do resto do mundo. 

DÍA DE ROSALÍA- Febreiro 2020

24/02/2020 13:36
24/02/2020 23:36

 

24DEFEBREIRO#DÍADEROSALÍA... e dende o CRA queremos ofrecerlle unha homenaxe á mesma por medio dos dous traballiños (a escritura do poema -preme aquí- e o seu recitado) realizados en relación ao seu poema "Adiós ríos, adiós fontes"

 O FIXEMOS CON MOITA ILUSIÓN E GOZO!!!

 

Ozobot polas escolas- Xaneiro 2020

23/01/2020 09:00
23/01/2020 12:00

Continuamos co traballo tecnolóxico e de robótica no CRA, e nesta ocasión contamos cun robot pequeniño e moi gracioso chamado "OZOBOT". Este foi pasando ao longo destes meses por cada unha das unitarias e nos permite traballar unha amplia cantidade de conceptos, como por exemplo; traballo cooperativo, as cores, os aros olímpicos e continentes, os trazos,etc. 

 NOS ENCANTA INVESTIGAR E COÑECER!!!

 

Xogamos coa maleta científica- Xaneiro 2020

10/01/2020 09:00
10/01/2020 14:00

Como xa mostramos e mencionamos en publicacións anteriores, estivo rulando polas diferentes aulas e localidades do CRA a nosa "maleta científica". E, aquí temos algunhas das fotiños do seu traballo e posta en práctica. 

O PASAMOS INCREIBLE!!!

 

Día da diversidade funcional- Decembro 2019

03/12/2019 09:00
03/12/2019 14:00

Hoxe no CRA Mª Zambrano, coa aportación e a axuda da "Biblioteca Anisia Miranda", estamos conmemorando o día da diversidade funcional que se celebra cada 3 de decembro. 

O alumnado estivo investigando e todo o recollido o plasmarán nun libro cooperativvo con diferentes deportes paralímpicos: paranatación, tenis en cadeira de rodas, voleibol adaptado...

XUNTOS COA DIVERSIDADE FUNCIONAL!!!

 

Non á Violencia de Xénero- Novembro 2019

25/11/2019 09:00
25/11/2019 14:00

 Dende o CRA Mº Zambrano traballamos o "25N- día contra a violencia de xénero" a través do conto "Nin un biquiño á Forza". 

UNIDOS CONTRA A VIOLENCIA!!!

Maleta científica- Novembro 2019

20/11/2019 09:00
20/11/2019 14:00

Neste mes de novembro da ciencia, está viaxando polas diferentes aulas do CRA un material moi especial "A maleta científica". Nela hai diferentes recursos para profundizar nesta temática tan interesante e divertida, como son:

- Materiais para realizar un proxecto con plastilina condutora de electricidade de elaboración propia.

- Taboleiros sobre as "CRAOLIMPIADAS" para traballar cos Escornabots.

- E o maletín de "Yo aprendo a programar"...

IREMOS MOSTRANDO AS FOTIÑOS Risa !!!

Magosto en Couso- Novembro 2019

15/11/2019 09:00
15/11/2019 14:00

 O 15 de novembre celebramos en Couso a festa do Magosto, e para elo elaboramos empanadillas de castañas con chourizo e tamén castañas asadas. 

QUE BO ESTABA TODO!!!

Samain en Couso- Outubro 2019

30/10/2019 09:00
30/10/2019 14:00

O 30 de outubro celebramos en Couso a festa do Samaín. Xuntámonos todos os nenos e nenas e primeiro vimos un pouquiño da película de COCO.

Despois fixemos dous talleres:

- A manualidade dunha pantasma.

- Cociña monstruosa, o noso bocata e magdalenas de cabaza personalizados.

Merendamos e comemos todiño!!! ESTABA MOI MOI RICOOOOOO

Para rematar o día xogamos co memory do Samain. 

Magdalenas de cabaza- Outubro 2019

29/10/2019 09:00
29/10/2019 14:00

 O día antes da celebración do SAMAIN, na escola de Couso, preparon xa as magdalenas de cabaza para decorar e comer ao día seguinte 

XA TEMOS TODO PREPARADO!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut