Protexendo aos animais

O martes 14 e o mércores 15 tivemos o gusto de recibir nas escolas do CRA, a visita de Judith e de June. Judith é voluntaria da Asociación Axúdanos e colabora coa protectora de animais de Bando; e June é unha preciosa cadeliña que namorou aos nosos pequenos. O obxectivo desta actividade foi concienciar en contra do abandono e maltrato animal. Pódese atopar máis información e formas de colaboración, visitando o blog www.asociacionaxudanos.wordpress.com

           

Como pequena mostra do noso agradecemento, entregámoslle a Judith o noso calendario para o ano 2022, no que poderá sinalar algunha outra data para visitarnos de novo.

 PREME NAS IMAXES PARA VISUALIZAR 

 Tamén queremos agradecer a Ana, directora do CPI Eusebio Lorenzo Baleirón, por axudarnos a contactar con Judith e poder facer realidade esta actividade, que tanto desfrutaron os peques.

FAMILIAS E ALUMNADO

FOGGA 2023-24

PFPP 2022-23

DIRECCIÓN

Iniciar sesión

PLAMBE 2022-23

 

PROXECTA 2023-24

 

EDLG

CMVMC CRUZ DO AVELÁN

BLOG CRA 2014-21