Skip to Content

Actividades

SAMAÍN, 31 DE OUTUBRO DE 2017

XA CHEGOU O SAMAÍN E TRABALLAMOS CON CABAZAS. E TAMÉN VISITOUNOS UN MONSTRO MOI DOCE QUE SAÍU DO CONTO PARA PRESENTARNOS OS SEUS AMIGOS.

 

ILLA FANTASÍA, A ESCOLA DO UNICORNIO

O VENRES 16 DE XUÑO VISITAMOS ILLA FANTASÍA E VIMOS TODOS OS SEUS HABITANTES. TAMÉN VIMOS COMO VOOU O GLOBO FEITO ENTRE TODOS OS PARTICIPANTES NO PROXECTO.

 

TAMÉN PODEDES VER O VIDEO QUE FIXERON OS ORGANIZADORES DA CONVIVENCIA NA ILLA FANTASÍA.

 

MUIÑO DO PEDROSO (NARÓN)

O VENRES 9 DE XUÑO COMO EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO VISITAMOS O MUIÑO DO PEDROSO EN NARÓN. ALÍ TRABALLAMOS EN TRES TALLERES: TALLER DA MERMELADA, TALLER DO PAN COA VISITA AO MUIÑO E O TALLER DE PEGADAS. PASÁMOLO MOI BEN.

O MUCRA

O 29 DE MAIO INAUGURAMOS O MUSEO CREADO NO CRA COA COLABORACIÓN DE TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA. PODEDES VISITALO.

 

ROMARÍA DAS LETRAS GALEGAS

O 19 DE MAIO CELEBRAMOS AS LETRAS GALEGAS DISFRUTANDO DUNHA ROMARÍA CON TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA. PASÁMOLO MOI BEN!!!

 

DÍA DO LIBRO

O DÍA 21 DE ABRIL CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO NA PEPATECA. VISITOUNOS A DRAGONA RAMONA E UNHA ILUSTRADORA DE CULLERERO. PILI, A ILUSTRADORA, FOI QUEN FIXO OS DEBUXOS DO CONTO "A PEDRA DO CERVO" QUE NOS CONTOU A DRAGONA. TAMÉN DISFRUTAMOS DE ACTIVIDADES LITERARIAS MOI DIVERTIDAS.

AS ACTIVIDADES FORON: UN MARCAPÁXINAS DE HISTORIA, CREAMOS POESÍA, O CONTO VIAXEIRO, BUSCAMOS OS INGREDIENTES DO PAN E ILUSTRAMOS O CONTO "AVÓS" EN CROMA QUE PODEDES VER A CONTINUACIÓN.

CONCERTO NO PALACIO DA ÓPERA

O MARTES 14 DE MARZO VIAXAMOS ATA O PALACIO DA ÓPERA EN CORUÑA PARA ASISTIR A UN CONCERTO DIDÁCTICO. ESCOITAMOS "EFECTOS ARCOS IRIS" E EMOCINÁMONOS MOITO.

8 DE MARZO DÍA DA MULLER

VISITAMOS A TORRE DE CELAS ONDE A ASOCIACIÓN DE MULLERES "AS BERENGUELAS" ENSINÁRONNOS COMO TRABALLAN AS MULLERES DE CULLEREDO.

ENTROIDO 2017 @S CHOQUEIRIÑ@S DO CRA

MANDACRÁ PARA O ENTROIDO 2017

ESTE ANO PEPIÑO E MARUXA DECIDIRON SUBSTITUIR AO MANDACRÁ E SON ELES OS QUE NOS DIN COMO TEMOS QUE VIR ESTA SEMANA DE ENTROIDO Á ESCOLA.

Distribuir contido


by Dr. Radut