CRA de Culleredo

Escolas

Escola de A Choeira

Esta escola atópase situada na parroquia de Almeiras, que se localiza no noroeste do Concello de Culleredo.

Esta  parroquia ocupa a ladeira que baixa do aeroporto de Alvedro ao río Mero e ao río Valiñas, limitando tamén coa parte final da Ría do Burgo. Sitúase polo tanto ao sur de O Temple (Cambre) e O Burgo. A maior parte do aeroporto de Alvedro sitúase no término de Almeiras. A parroquia comprende os lugares de Alvedro, Carcabelos, A Choeira, Marisqueira, Hombre, A Silva, Telva  e Vigovidín.

A escola conta con dúas unidades, que escolarizan nenos e nenas  do 2º ciclo de Educación Infantil.

Ademáis nela tamén está ubicada a sede do CRA de Culleredo.

Horario: xornada continuada (9-14h).

 

CURSO 2023/2024

Aula 1

Titora: Carlota

Aula 2

Titora: Mónica.

 

 

 

 ENDEREZO

Rúa Bo Home s/n (A Choeira)
C.P. 15180 – Almeiras

Tlfno: 981 069 687 

As Escolas do CRA

O Colexio Rural Agrupado de Culleredo, C.R.A. de Culleredo, está constituído por 4 escolas, distribuídas nalgunhas das parroquias do Concello de Culleredo:

 

 

 

Escola de Sésamo

Esta escola atópase situada na parroquia de Sésamo, pertencente ao Concello de Culleredo.

Esta parroquia localízase embaixo do monte de San Cosme e está dividida nos lugares de O Casal, Cillobre, Cornedo, As Naveiras, Outeiro de Abaixo, Outeiro de Arriba e Silvar. Delimita ao norte con Culleredo, ao sur con Celas de Peiro e Sueiro, ao este con Sigrás e Anceis e ao oeste con Ledoño e Orro.

A escola conta cun aula mixta, que escolariza nenos e nenas do 2º ciclo de Educación Infantil. Conta cos servizos precisos e cun amplo patio de xogo.

Horario: xornada continuada (9-14h).

CURSO 2023/2024

Titora: Bea.

 

 

 

 

ENDEREZO

Rúa Fonte do Picho, nº 40
CP. 15199 - Sésamo

Tlfno: 646 127 209

 

Escola de Ledoño

Esta escola atópase situada na parroquia de Ledoño, pertencente ao Concello de Culleredo.

Localízase no val de Veiga, regado polo río Valiñas, afluente do Mero; río que forma a Ría do Burgo. Delimita ao norte con Orro, ao sur con Veiga e Celas de Peiro, ao este con Sésamo e ao oeste con Veiga.

A escola conta cunha unidade mixta, que escolariza nenos e nenas do 2º ciclo de Educación Infantil. Conta cos servizos precisos e cun amplo patio de xogo.

Horario: xornada continuada (9-14h)

 

CURSO 2023/2024

Titora: Susana.

 

 

ENDEREZO

Lugar de Ledoño
CP. 15189

Tlfno: 981 668 189

 

Escola de Vinseira

A nosa escola está en Vinseira Pequena, na parroquia de Celas, no extremo sur do municipio de Culleredo; podendo disfrutar dun entorno privilexiado con vistas o Monte Xalo e moi preto da Torre de Celas de Peiro, restos da antiga Fortaleza de Vinseira, ben de interés cultural.

A escola alberga unha unidade de Educación Infantil mixta (alumnado de 3, 4 e 5 anos) dotada de todos os servicios e recursos necesarios, dispón dun patio de recreo con tobogán, bambáns e areeiro completamente pechado.

Horario: Xornada Continua ( 09.00h-14.00h )

 

CURSO 2022 /2023 

Titora: Guada.

 

 

 

ENDEREZO
 
Vinseira Pequena S/N  
C.P. 15198
 
Telf: 981 668 077
 
 

Distribuir contido