Esta escola atópase situada na parroquia de Sésamo, pertencente ao Concello de Culleredo.
Esta parroquia localízase embaixo do monte de San Cosme e está dividida nos lugares de O Casal, Cillobre, Cornedo, As Naveiras, Outeiro de Abaixo, Outeiro de Arriba e Silvar. Delimita ao norte con Culleredo, ao sur con Celas de Peiro e Sueiro, ao este con Sigrás e Anceis e ao oeste con Ledoño e Orro.
A escola conta cun aula mixta, que escolariza nenos e nenas do 2º ciclo de Educación Infantil. Conta cos servizos precisos e cun amplo patio de xogo.
Horario: xornada continuada (9-14h).
ENDEREZO
Rúa Fonte do Picho, nº 40
CP. 15199 - Sésamo
Tlfno: 646 127 209
CURSO 2018/2019
Titora: Beatriz Pablo Torreiro
Distribución do alumnado:
- 4º educación infantil: 12 nen@s.
- 5º educación infantil: 2 nen@s.
- 6º educación infantil: 1 nen@s.