Skip to Content

Proxecto Mandeo

O 27 e 28 de setembro tivemos nas distintas escolas do CRA unha actividade de Educación Ambiental levada a cabo pola Deputación da Coruña.

Esta actividade está centrada no río Mandeo. A través dun conto que ten como protagonista ao Merlo Rieiro aprendemos distintas cousas: onde nace o río Mandeo, os seus afluentes, lugares por onde pasa, onde desemboca.....

E rematamos a actividade coloreando os personaxes do conto para facer un títere e tamén coloreamos o escenario para poder representar o conto.

Foi moi divertido!!!

 



page | by Dr. Radut