blogue de_Escola de Vinseira

FELICIDADES AINARA!

Hoxe celebramos o cumpreanos de Ainara, pasámolo moi ben e poidemos degustar unha torta riquísima que fixo a súa mamá.

CANCIÓN "O APALPADOR"

Esta é a canción tan fermosa e divertida que compuxo o noso compañeiro Xavier Prado. Moitas Gracias!!!

COÑECEMOS O APALPADOR!

Este ano estamos a coñecer a figura do Apalpador, o Apalpador é un persoaxe da tradición popular galega nacido no Courel. Gustalle compartir con nos estos bonitos días. É un pastor grandullón e bo, de mirada dulce e largas barbas coloradas que, co seu abrigo cheo de remendos e a grandes zancadas, recorre Galicia enteira. Durante o ano fabrica carbón, vive dos froitos silvestres, caza xabarís, recolecta mel e fai aparecer, cas ramas dos bosques e breñales, os xoguetes que as madeiras esconden. O 31 de decembro baixa os pobos, visita os nenos casa por casa e lles deixa como agasallo castañas quentes e divertidos agasallos de madeira. Así que estamos a investigar sobre el, onde vive, como viste,que lle gusta facer, cando baixa das montañas,como se escribe o seu nome...O final fixemos para levar pra casa un libriño e máis un apalpador movil para decorar a nosa casa.

CHEGA O NADAL!

Chega o Nadal, por iso estamos a decorar a nosa escola, decidimos facer unha árbore de Nadal todos xuntos.Quedounos moi ben!!

RECEITA DE OUTONO: BISCOITO DE CHOCOLATE CON NOCES

O mércores 5 de decembro convertímonos de novo en cociñeiros/as, e fixemos a nosa primeira receita deste curso. Os nosos amigos, os cociñeiros Telmo e Tula, axudáronnos a seguir os pasos para a elaboración do delicioso Biscoito de Chocolate, que por ser outono, nós engadímoslle noces. Agradecémoslle a nai de Rodrigo e Samuel por fornear a nosa creación culinaria!! Estaba boísimo!!!

 

UNHA VISITA MOI ESPECIAL: A AVIONETA PEPA

Hoxe tivemos unha visita moi especial, o profe Iván chegou a nosa escola acompañado pola Avioneta Pepa, os nenos/as máis pequenos non a coñecían, asi que os maiores explicáronlle que era a mascota do noso cole, Pepa traía un conto moi interesante, que contaba as viaxes que fai polo noso concello e polas escolas do noso CRA, nos saíamos no conto!Así que propúxonos investigar sobre o entorno onde vivimos e aprender xuntos moitas cousas...Xa vos iremos contando...

A NOSA XIRAFA TOPITA

Hoxe fixemos unha xirafa Topita para levar para casa en forma de marioneta, usamos pinceis para pintar e os máis pequenos pintura de dedos, quedaron moi bonitas!

FELICIDADES NURIA!

  Hoxe celebramos o cumpleanos de Nuria, xa ten 4 anos!

Moitas Felicidades!

TOPITA

 

Despois dunha larga votación...o nome elexido para a nosa mascota é TOPITA

SORPRESA!

Hoxe chegamos a escola e atopámonos cunha sorpresa...,no chan había pisadas...pero...de quen?o final das pisadas había unha caixa...que podería haber dentro da caixa? Como tiñamos moitas preguntas, entre todos collemos a lupa e comenzamos a investigar...os profes Iván e Pilar axudáronnos; buscamos en internet pisadas de animais e atopamos a nosa, eran pisadas de...XIRAFA,pero...podería haber unha xirafa dentro da caixa...?SORPRESA!!!!Dentro da caixa estaba a nosa mascota da clase!Seguinte tarea: BUSCAR UN NOME

Distribuir contido