You are hereBlogues / blogue desesamo

blogue desesamo


Celebramos os cumples do mes de maio!

O venres 31 celebramos os cumples do mes de maio.

As homenaxeadas foron Estrella e Amanda.

E na festa degustamos o flan que fixemos no taller de cociña. Estaba delicioso!

Parabéns Estrella e Amanda!!!

 

Flan

Esta vez a receta seleccionada foi a do flan. E coma sempre, o primeiro que fixemos, foi facer a lista da compra con todos os ingredientes que precisabamos.

  

 

E cando tivemos todo puxemonos a cociñar.

O primeiro que vimos foi que con azucre e un pouco de auga podemos facer caramelo.

Depois mesturamos os ingredientes e batemos todo ben. E por últimos metémolo  no forno.

Este foi o resultado.

Letras Galegas

Para conmemorar o Día da Letras Galegas fixemos na escola unha alfombra floral.

Primeiro clasificamos as flores por cores e sacámoslles os pétalos, e despois puxémonos mans á obra.

Quedounos preciosa!

 

Carla e Manuel protagonistas da semana!

Nesta ocasión contamos con dous protagonistas, Carla e Manuel!

Trouxeronnos unhas cartulinas con fotos para presentarnos á súa familia e amosáronos moitos dos seus xoguetes e libros preferidos.

Ademáis contáronnos que cando sexan maiores Carla quere ser princesa e Manuel quere ser Spiderman.

 

Tinguimos claveles!

Fixemos un novo experimento.

Esta vez collemos catro claveles e metémolos en auga, un en auga soa e os outros tres en auga con colorantes.

Explicamos as nosas hipóteses sobre o que sucedería e despois duns días comprobamos que os claveles se tinguían da cor do colorante no que estaban. Así, tivemos un clavel amarelo, un verde e outro vermello. E tamén vimos que o que estaba en auga soa non lle sucedía nada.

Foi xenial!

 

Alma protagonista!

Alma foi a nosa protagonista da semana!

Trouxo á escola unha presentación cun montón de fotos e contounos un moitas cousas, entre elas unha que nos chamou moito a atención, que o seu nome é unha combimación das sílabas do nome dos seus pais.

Ademáis, descubrimos que de maior quere ser princesa, como "Blancanieves".

Tamén nos amosou a súa boneca preferida,que se chama Marcelina, e uns libros e DVDs.

O venres visitounos a súa mamá, Mailin, que nos contou dous dos contos favoritos de Alma. Foi moi divertido!

 

Celebramos os cumples do mes!

O xoves 25 celebramos os cumples do mes de abril.

Os homenaxeados foron Alba, Aroa García Pena, Carla e Manuel.

Na festa degustamos a tarta de queixo que fixemos. Estaba deliciosa!

Parabéns para tod@s!!!

 

Tarta de queixo

Fixemos un novo postre. Esta vez foi unha tarta de queixo.

Primeiro miramos a receita e fixemos a lista da compra.

 

 

 

E despois de ter todos os ingredientes preparados puxemonos a cociñar! Saiunos moi ben!

 

Carreira de fluídos

Seguindo cos experiementos esta vez imos facer unha carreira.

Temos auga, aceite e mel. Quen gañará?

Primeiro tocámolos para ver como eran e así poder plantexar a nosa hipótese sobre o gañador. E despois relizamos a carreira!

A gañadora foi a auga! En segundo lugar quedou o aceite e en último o mel.

Así comprobamos que o mel era o elemento máis viscoso e a auga a menos viscosa!

 

As parroquias de Culleredo

Estamos a traballar durante este curso o noso concello e agora estamos vendo as distintas parroquias.

Para saber situalas fixemos un gran puzzle e xogamos a colocalas e a poñerlles o nome.É moi divertido!