You are hereBlogues / blogue desesamo

blogue desesamo


Celebramos os cumples de novembro!

O xoves 28 celebramos os cumples do mes de novembro.

Nesta ocasión a homenaxeada foi Alma que xa cumpliu 4 anos!

Parabéns Alma!!!

 

      

Tarta de castañas

Como estamos no outono, acordamos facer unha tarta cun producto típico desta estación, como son as castañas.

Cando tivemos todos os ingredientes puxémonos mans á obra.

Saiunos moi ben, estaba deliciosa!

 

Educación vial

O luns 25 de novembro tivemos unha actividade de educación vial.

Primeiro escoitamos un conto que describía como debemos comportarnos na rúa e nos medios de transporte. E despois fixemos nós de profes. Dérennos unha lámina con distintas situacións que poden acontecer na rúa e nos debiamos explicar quen o estaba a facer ben e quen non.

Foi moi divertido!

Clasificámonos segundo o noso mes de nacemento

Fixemos unha actividade de clasificación que consistía en buscar por orde os meses de ano e despois colocarnos no mes no que nacemos.

Así descubrimos que o único mes no que non temos ningún cumple é xaneiro e que o mes no que naceron máis nen@s foi abril.

 

Comemos castañas asadas

Hugo Castro foi apañar castañas coa súa familia e trouxonos unhas poucas para a escola. Aquí mirámolas e despois asamolas no forno.

Estaban riquísimas!!!!

Moitas grazas Hugo Castro!!!

 

   

 

Celebramos os cumples do mes de outubro!

O mercores 30 celebramos os cumples do mes de outubro!

Os dous máis pequenos da escola cumpliron xa 3 anos.

Parabéns Alejandra e Pablo Villar!!!!

 

Bocatas de araña

Este mes fixemos unha receita monstruosa, bocatas de araña.

Estaban deliciosos!!!

 

Festa de disfraces!

Para celebrar o Samaín tamén fixemos unha festa de disfraces de medo. Había bruxas, diaños, morcegos, vampiros,....

Pasámolo de medo!!!!

 

Decoramos Cabazas

Chegou o Samaín e para celebralo baleiramos e decoramos cabazas na escola.

Quedaron moi ben e daban moito medo!

 

Plantamos na horta!

Este ano comezamos a plantar a horta no outono. E tamén unhas plantas na entrada da escola.

Plantamos grelos, coles, leitugas,.... agora só queda esperar a que medren!