You are hereBlogues / blogue desesamo

blogue desesamo


Chegaron á escola seis novos compañeiros!

Este curso incorporáronse á nosa escola seis novos compañeiros: Mateo, Sara, Hugo, Noa, Anxo e Antía.

Benvidos á escola de Sésamo!!!

 

Benvidos ao curso 2014/15

"El niño, guiado por un maestro interior

trabaja infatigablemente con alegría

para construir al hombre.

Nosotros educadores, solo podemos ayudar...

Así daremos testimonio del nacimiento del hombre nuevo"

María Montessori

Despedida

Este curso despedimos 6 dos nos@s compañeir@s: Hugo Castro, Naiara, Aroa G. Pena, Aroa G. Pérez, Alba e Iker.

Botarémosvos moito en falta!

Boa sorte no novo cole!

 

A colleita

Como xa remata o curso fixemos a colleita de patacas na nosa horta. Había un montón e como non podía ser menos cociñamolas na escola. Comemos patacas fritas  e cocidas. Estaban riquísimas!!!

 

Jorge Peteiro

Este curso estivemos aprendendo cousas sobre un pintor galego, Jorge Peteiro.

Vimos cousas da súa vida e algúns dos seus cadros. Pintou a Coruña e o Catelo de Sta Cruz.

Nos na aula reproducimos un dos seus cadros, que leva por título "Paxareiras". Quedounos chulísimo!!!

 

Visitounos Coco!

O martes 17 visitounos Coco na escola.

Coco é un can moi tranquilo que vive nunha protectora de animais. As súas coidadoras ensináronnos como debemos coidar as nosas mascotas e despois acariñamos a Coco e démoslle unha chuche especial para cans.

 

Excursión de fin de curso!!!

O xoves 12 de xuño visitamos o Castelo de Sta Cruz para recuperar o tesouro que nos roubou o pirata Patacrá. Alí tivemos que pasar unha serie de probas e seguir unhas pistas, pero ao final atopámolo.

Despois de tanta emoción, fomos ao albergue de Gandarío a comer e para rematar a xornada, fixemos xogos con auga.

Foi xenial!!!

 

Celebramos os cumples dos meses de xuño e xullo!

Esta vez celebramos os cumples do mes de xuño e xullo.

Os homenaxeados foron Pablo Penelas, Rubén e Candela. Pablo cumpliu 4 anos e Rubén e Candela xa cumplen 5 anos.

Parabéns para tod@s!!!!

 

Bolitas de chocolate!

Neste ocasión a receita elixida foi a das bolitas de chocolate. Son moi sinxela de facer, só precisamos sobaos, queixo de untar e chocolate.

Estaban deliciosas!!!

 

O Pirata Patacrá

Recibimos na escola unha inquietante visita. O Pirata Patacrá veu á escola e roubounos o noso tesouro pirata e díxonos que para recuperalo tiñamos que ir ao Castelo de Sta Cruz e pasar unha serie de probas que nos convertirían en verdadeiros piratas coma el.