You are hereBlogues / blogue desesamo

blogue desesamo


Unha festa de medo!!!

Para celebrar o Samaín, o xoves 30 fixemos unha festa de medo. Na festa houbo esqueletes, vampiros, zombies, bruxas,....

Foi terroríficamente divertida!!!

 

Celebramos os cumples do mes de outubro!

No mes de outubro dous dos nosos compañeiros cumpliron 4 anos.

Parabéns Alejandra e Pablo Villar!!!

 

Bocatas de momia

Este mes, co motivo do Samaín, a receita seleccionada foi a de bocatas de momia.

Son moi fáciles de facer e están terroríficamente deliciosos!!!

 

A min non me comas!

Recibimos unha inesperada visita na escola....viñeron dous monstros! Ao principio asustáronnos un pouco porque eran bastante feos, pero despois démonos conta de que eran bos porque o único que querían era contarnos un conto moi chulo que levaba por título "A min non me comas". A historia falaba de Mateo, un neno moi valente que asustou a un monstro.

 

 

 

Decoramos as cabazas!

Para celebrar o Samaín baleiramos cabazas e decorámolas con caras monstruosas. Quedáronnos terroríficas e o día da festa do Samaín acendémolas para ver como alumeaban.

 

A princesa Crabela

Recibimos na escola unha visita inesperada. Veu a princesa Crabela do reino de Crunia. Contounos que estaba moi triste porque un malvado dragón ten secuestrado ao seu amado príncipe Arturo. E para poder rescatalo precisa da nosa axuda xa que debe de pasar unha serie de probas. A primeira delas é averiguar como é o escudo do príncipe Arturo. Por iso temos que poñernos a investigar.

 

Celebramos os cumples de agosto e setembro!

Nesta ocasión celebramos os cumples de agosto e setembro.

Os homenaxeados foron Hugo García, Adrián e Manuel Caridad. Na festa degustamos as deliciosas madalenas que nos mesmos fixemos.

Parabéns para todos!!!!

 

Madalenas

Coma en curso anteriores, este ano tamén cociñamos na escola.

E a primeira receita que elaboramos foi a dunhas riquísimas madalenas!

 

Reciclamos!

Na escola reciclamos. Separamos os residuos en orgánicos, inorgánicos e papel.

E para aprender como facelo vimos este video de Pitín e Pitina que nos gustou moito.