You are hereBlogues / blogue desesamo

blogue desesamo


Comezamos cos experimentos!

Comezamos cos experimentos na escola!

En primeiro lugar, recordamos un que xa fixemos o ano anterior. Vimos e recordamos que cando botamos colorante en auga queda tinguida da cor do colorante. E que se botamos dúas cores estas mestúranse.

Pero despois, prantexousenos outra pregunta, que pasará se botamos colorante no leite? Despois de pensar o que ía suceder puxemonos a facelo e descubrimos que as cores non se mesturan. E o profe Iván explicounos que isto sucede porque o leite ten graxa. Pero despois vimos que se lle botamos unhas gotas de lavavaixelas a graxa desaparece e as cores mestúranse.

Foi xenial!

 

Festival de Nadal

O xoves 18 fomos á Escola da Choeira celebrar o Festival de Nadal.

Disfrutamos dun conto moi divertido de títeres, escoitamos as panxoliñas dos compañeiros das outras escolas e actuamos para eles. Para rematar a festa merendamos e xogamos todos xuntos.

Pasámolo moi ben!

 

Visita do Carteiro Real

O luns 15 veu á escola o Carteiro Real recoller as cartas que tiñamos preparadas para os Reis Magos.

Agora só queda portarse ben e esperar que nos traian todo o que pedimos!

 

VISITA DO CARTEIRO REAL on PhotoPeach

A árbore dos desexos de Nadal

Este ano, para decorar a clase fixemos un árbore donde plasmamos os nosos desexos de Nadal. Pintamos, recortamos, escribimos,.... e este foi o resultado.

BO NADAL A TOD@S!!!

Unha viaxe ao fondo do mar

Este é un pequeno resumo das actividades que se realizaron durante o curso pasado.

 

Celebramos os cumples do mes de novembro!!!

No mes de novembro cumpliron anos unha nena e un neno da escola. Alma cumpliu 5 anos e Mateo 3 anos.

Parabéns aos dous!!!

 

"Besitos de nuez"

Este mes elaboramos unha receita cun froito de temporada, as noces. Fixemos uns "besitos de nuez". Saironnos moi ben!

 

Día dos Dereitos dos Nen@s

O día 20 celebrouse o Día dos Dereitos do Nen@s.

Para conmemoralo na escola, fixemos co profe Iván un mural: un arco da vella que recolle os nosos dereitos.

 

 

OS NOSOS DEREITOS on PhotoPeach

Superamos a primeira proba para Crabela

Cando nos visitou Crabela deixounos a súa primeira proba, que era averiguar como era un escudo e construir un. Pedimos axuda as nosas familias e recopilamos un montón de información. Despois de mirala toda e aprender un montón de cousas sobre escudos puxémonos a traballar por equipos. Quedounos xenial!!!

 

E xa recibimos tamén unha carta de Crabela onde nos explica a segunda proba na que debemos axudala. Témonos que poñer mans á obra!

O magosto

O venres 14 celebramos o Magosto na escola da Choeira. Xogamos a un montón de cousas divertidas, cantamos e bailamos; e despois, para rematar a festa merendamos castañas asadas. Estaban deliciosas!