blogue de_Lalalá Culleredo

NÓS TAMÉN SOMOS APRENDICES ...

Despois de ver o video do "Aprendiz de brujo", nós tamén puxemos o gorro do mago para intentar facer maxia.

Estamos moi guapos!!!

EL APRENDIZ DEL BRUJO

Como remate do curso, estes días estivemos vendo en clase o video "El aprendiz del Brujo" con Mickey Mouse. Ten unha música preciosa.

Queredes velo de novo???


MÚSICA DE LALALÁ CULLEREDO

Hai un tempo estivemos facendo uns experimentos cos sons, grabamos diferentes audios nas escolas. A profe Mabel coa axuda de Melodía fixeron un conto moi bonito. Queredes velo? Pincha sobre min.

O CLARINETE

Un día preguntámoslle a Melodía se tiña o instrumento que toca Calamardo, ese amigo de Bob Esponja. Díxonos que ía ver que podía facer. E, cando falamos de novo dos instrumentos de vento (os que hai que soprar para que soen), trouxonos un ... CLARINETE!!!! Deixonos miralo e collelo. É moi chulo!!!

ROMEO Y JULIETA

Hoxe, 24 de maio, vimos no Palacio da Ópera de A Coruña un concerto didáctico titulado "ROMEO Y JULIETA". Gustounos moito ver a orquestra e as marionetas no escenario. Podedes ver un pouquiño neste video.

UNHA FRAUTA ESPECIAL

Melodía, que é moi boa, enviounos unha frauta máxica pois Amadeus escribiu unha ópera titulada “A frauta máxica”. Vimos un anaquiño desta ópera coas tres mellizas e encantounos. Despois a profe Mabel contounos que a frauta tiña tres pezas: boquilla, corpo e pé … ah e tamén moitas chaves. É unha frauta traveseira!!!

 

Por último, poidemos tocar a frauta … aínda que é moi difícil de tocar!!!


COÑECIMOS A W. AMADEUS MOZART

Este días Melodía  tróuxonos unha peli das “Tres Mellizas” onde aparecía un compositor moi importante, W. A. Mozart. Primeiro a profe Mabel contounos un pouquiño da súa vida.

Despois de ver a peli escoitamos un anaco da obra “Paseo en Trineo” que escribira o papá de Amadeus, e nós acompañamos a súa obra con asouseres mentres liamos un musicograma.

QUE DIVERTIDOS OS INSTRUMENTOS DE LÁMINA!!!!

Un día Melodía trouxo ás escolas uns instrumentos moi bonitos, e teñen un timbre moi bonito. Son instrumentos de láminas: o metalófono, o xilófono e o carillón. Que chulos!!

Neles tocamos glisandos e logo improvisamos coa escala pentatónica (non sabemos moi ben que isto da escala pentatónica, só sabemos que a profe Mabel quitounos unas láminas e díxonos que era para que soara bonito).

CANTAMOS Á PAZ

 O 30 de xaneiro celebramos a paz facendo un traballo conxunto.

                  

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nesta ocasión aprendimos  e cantamos unha canción que canta Juanes titulada"PAZ, PAZ, PAZ".

A CASIÑA MELODIA

A casiña Melodía é a nosa mascota musical e acompáñanos en todas as clases de música. Aquí está!!!

Agora será a nosa mascota no blogue O Lalalá Culleredo.

Ata pronto!!!

Distribuir contido