blogue de_Lalalá Culleredo

DÍA DA PAZ

O 30 de Xaneiro. Día da Paz bailamos "A Carrasquiña". Podedes vernos neste video.

Encántannos os beixos e os abrazos, ademáis son gratuitos.

PRACTICAMOS BAILES PARA O FESTIVAL DE ENTROIDO

Estas semanas comezamos a practicar bailes para o festival do Entroido, e pedimos axuda a Pocoyó e mirade o que nos ensina a bailar.

Pasámolo xenial con Pocoyó e o baile do cabalo!!!

 

O NADAL con guitarras

Polo Nadal cantamos unha panxoliña que acompañamos cuns instumentos moi especiais ... unhas guitarras feitas por nós mesmos. Mirade como fixemos e que bonitas nos quedaron.

 

 

Ensaiamos nas nosas aulas e logo cantamos para o Carteiro Real.

Así comeza PARA ELISA

Unha vez feito o noso pentagrama multicolor, puxémoslle a Dona Clave de Sol co seu sombreiso e ... foi a profe Mabel que nos axudou a facer o inicio da melodía desa música que escribiu Beethoven, a Para Elisa.

Quedou tan bonito que o colgamos na nosa clase.

 

  

  

CREACIÓN DUN PENTAGRAMA MULTICOLOR

Nós, igual que Mozart e Beethoven, queremos escribir música. Así que coa axuda de Casa Melodía construimos un pentagrama multicolor. Quedounos chulísimo!

BEETHOVEN

Beethoven compuxo unha música preciosa para unha destinataria que nunca deu a coñecer. PARA ELISA 27 de abril en recordo de Ludwing Van Beethoven.

Podedes ver como A Banda de Mozart traballa con esta preciosa música neste capítulo.

SEPTIMINIO (tempo de minueto)

Despois de ver o capítulo da Banda de Mozart, traballamos o minueto que falaba Beethoven e os seus amigos.

Foi increible! Moitos nen@s foron capaces de recoñecer que esta música de Beethoven é a banda sonora duns debuxos animados!! Érase unha vez...

Traballamos a súas partes cun musicograma de cores e tamén bailamos. Pasámolo moi ben! Para poder ver musicograma pincha na Casa Melodía  e escoita a música no reproductor.

COÑECIMOS A BEETHOVEN

Agora Casa Melodía presentounos a un amigo de MOZART, que se chama LUDWING VAN BEETHOVEN.

 Díxonos a profe que Beethoven era un pouco cascarrabias, pero que compuxo músicas moi bonitas, como este Minueto que toca a Banda de Mozart neste capítulo. Queredes velo?

 

 

BENVIDOS A UN NOVO CURSO

Ola a tod@s, xa estamos  aquí un curso máis, e este ano segue con nós ... SIIIII, a casa Melodía.

 

Ademáis trouxonos moitos instrumentos para xogar co Rei do Sonido  e co Rei do Silencio .

 

Mirade que instrumentos máis divertidos.

 

Distribuir contido