blogue deledoño

En febreiro comezamos a prantar na horta da nosa escola. Primeiro escollemos as sementes que íamos prantar: patacas, cabazas e ... fixemos un semilleiro de leitugas. Nacerá algo? A ver si ven unha boa primaveira para que se de a nosa cosecha.

 

O 8 de febreiro vestímonos de pilotos e azafatas. Íamos moi cargados pois levábamos grandes maletas coas que xogamos nunha gran festa de Antroido. Foi moi divertido!!

 

En Xaneiro veu visitarnos a mamá de Ainhoa á escola para contarnos moitas cousas de Ledoño. Estivemos moi atentos e gustounos moito.

    

Para o Día da Paz preparamos o baile da "Carrasquiña" e repartimos moitos bicos e abrazos.

 

Polo Nadal fomos á escola de A Choeira para celebrar todas as escoliñas xuntas un festival. Despois na nosa escola merendamos uns "abetos" moi especiais e cantámoslles aos nosos pais e avós as panxoliñas.

 

O día 13 de decembro fomos ao Conservatorio de Culleredo para ver un concerto moi especial, ata Leticia e Artur subiron ao escenario. Tamén foi moi emocionante ver actuar a avoa de Imanol e Almudena.

Este ano veu un profe, Javier, sempre acompañado coa súa guitarra e ensinounos novas cancións. Nós tamén fixemos unha guitarra que logo tocamos no festival de Nadal.

 

Este curso a festa do Magosto a celebramos na nosa escola. Invitamos aos nenos de todas as escolas do CRA. Pasámolo moi ben!!!

 

Pasámolo moi ben celebrando o samaín. Valeiramos cabazas e adornámolas. Pintámonos e fixemos colares con zonchos. Tamén decoramos a clase con pantasmas feitos coas nosas pegadas.

 

Xa chegou o outono, na escola probamos algúns froitos carnosos.

 

Distribuir contido