blogue deledoño

O 21 de novembro chegou a nosa escola unha carta de CRABELA. Contábanos que tiñamos que gardar a peza de alfarería que fixemos para entregarlle ao dragón o día que vaiamos a salvar a ARTURO.

Para chegar a ese día aínda temos que superar máis probas. Agora precisamos investigar sobre os estamentos da Idade Media, pois o dragón quere saber quen coida a porta onde está encerrado ARTURO.

Na casa xa estivemos a investigar e contamos aos nosos compis que é o que aprendimos na casa.

Este ano celebramos o 14 de novembro a festa do Magosto. Debido ao mal tempo tivemos que xogar e comer as castañas na escola de A Choeira. Pero pasámolo moi ben todos xuntos.

Na escola fixemos diferentes traballos artesáns, como na idade media. Pintamos, cosimos ... fomos alfareiros e panadeiros. Pasámolo moi ben.

Baleiramos unha cabaza. Foi algo moi divertidoooo.

A merenda do día 30 de outubro tiña que ver co que estabamos a celebrar.


Con castañas cocidas fixemos un colar de zonchos. Qué chulo!

O 30 de outubro disfrazámonos de medooooo.

 

No mes de outubro viñeron dous monstros a  contarnos un conto de medooooo.

Despois da visita de CRABELA estivemos traballando na casa ...  e logo na escola explicamos o que aprendimos.

Un día chegou a escola a princesa CRABELA e contounos o triste que estaba. Ela quería recuperar ao seu principe ARTURO que tiña retido un malvado dragón.

Pediunos axuda. Temos que superar 5 probas. E a primeira que nos corresponde é investigar sobre os oficios medievais. Agora toca traballar.

Distribuir contido