blogue de_Choeira aula 2

MATERIAIS

Ademais dos traballos feitos en casa tamén trouxemos cousas relacionadas cos castelos e algunhas feitas por nós e as nosas familias.

 

Segunda proba para Crabela

Recibimos unha carta de Crabela onde nos pide que agora que xa coñecemos a que estamento pertence a persoa que está coidando a porta onde está o príncipe Arturo , temos que pasar a segunda proba.

A seguinte proba consiste en averiguar como derribar a un rival nun xogo elexido polo dragón. Na casa fixemos traballos relacionados ca proba e compartímolos cos compañeir@s.

Gústanos moito investigar!!

 

ACTIVIDADES DO NADAL

BERCES CO PEQUERRECHIN

        ESTRELAS, ÁRBORES, BOLAS,...

POSTRES

VISITA DO CARTEIRO REAL

O día 15 de decembro tivemos a visita do Carteiro que veu recoller as cartas para os Reis Magos. Esperemos que nos traian todo o que pedimos !!

 

 

votacións o mellor libro do CRA

Celebramos eleccións no CRA, votamos o conto que máis nos gustaba en cada escola e na nosa aula gañou "A toupiña que queria saber quen lle fixera aquilo na cabeza".

 

DÍA DOS DEREITOS DOS NEN@S

O DÍA 20 DE NOVEMBRO CELEBRAMOS O DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DOS NEN@S FACENDO XUNTO CO PROFE IVÁN UN MURAL CON UNHA ÁRBORE CHEA DE MANS E CON PALABRAS RELACIONADAS COS DEREITOS.
 
 
 
 

MAGOSTO

PARA CELEBRAR O MAGOSTO O DÍA 14 DE NOVEMBRO NA NOSA ESCOLA REALIZAMOS XOGOS POPULARES, CANTAMOS A CANCIÓN DO MAGOSTO E MERENDAMOS CASTAÑAS ASADAS.

 

 AS NOSAS CESTAS

OUTRAS ACTIVIDADES          

 

Distribuir contido