blogue dechoeira-aula1

COMEZAMOS UN NOVO CURSO

Xa comezou un novo curso e na nosa escola hai moitos nenos e nenas que non coñeciamos. Pero, xa todos somo amigos, mirade que ben o pasamos na nosa escola.

Isto é xenial!!!

Día da árbore

O día 21 de marzo celebramos o Día da Árbore. Fomos a Villa Melania a plantar unha árbore.

 

 

 

Pero ademáis tamén plantamos unha árbore no cole. Estamos feito uns xardineiros!

 

Fixemos zume

Despois de comer tiñamos moita sede, por iso fixemos zume de laranxa. E para non mancharnos ata puxemos un mandil de cociñeiro. E como non, despois bebémolo!

Divertímonos moito!

 

 


Que rica froita!

Despois de experimentar coas froitas chegou o momento de probalas.

Estaban riquísimas!!!

 

Experimentamos coas froitas

A profe presentounos moitas froitas distintas, algunhas delas trouxemolas da casa e outras trouxonolas ela.

Despois xogamos a adiviñar que froita era cos ollos tapados.

Foi superdivertido!!!!

 

ENTROIDO

Disfrazámonos de pintores, queríamos ser como MIRÓ.

Pasámolo moi ben facendo os disfraces e logo disfrutamos da festa.

Mirade que guapos estamos.

sentímolo, flash non está dispoñible.

DÍA DA PAZ

                                                          

O 30 de Xaneiro celebramos o día da Paz mundial e fixemos un traballo con sementes entre todos.

Quedounos moi bonito!!!!

VISITAMOS O AQUARIUM FINISTERRAE

O xoves día 12 visitamos o Aquarium Finisterrae, pasámolo moi ben e aprendimos cousiñas da vida dos peixes.Gustounos moito ver como como comian as focas, como nadaba Gastón o tiburón e a súa moza, as raias, o peixe lúa...

     

Ata pronto Aquarium Finisterrae!!!!

Distribuir contido