blogue dechoeira-aula1

O 8 DE FEBREIRO, DÍA DE ANTROIDO

Unha vez rematados os traxes, preparamonos para a festa. Pasámolo xenial!!

Mirade que guapos íamos.

 

IMOS VESTIRNOS DE PILOTOS E AZAFATAS

No noso concello hai un aeroporto. O aeroporto de A Coruña, en Alvedro, que está moi preto da nosa escola. Este foi o motivo de vestirnos de pilotos e azafatas para o Entroido. E ... puxémonos mans á obra.

 

 

CUMPREANOS DO PRIMEIRO TRIMESTRE

Durante o primeiro trimestre celebramos na clase o cumpreanos de Marta, Alishia, Ismael e Alis. Parabéns para todos!!


POSTRES DO NADAL

Antes de marchar de vacacións de Nadal fixemos unhas árbores moi especiais ... podíanse comer!! Estaban riquísimas...

 

O FESTIVAL DE NADAL

O día 20 de decembro visitounos o Carteiro Real a nosa escola, despois cantamos panxoliñas en moitos idiomas e tamén coas nosa guitarras. Pasámolo moi ben!

 

ENVIAMOS UNHA POSTAL POR CORREO

Este ano mandamos unha felicitación a nosa casa. Levounos  moito traballo, fixéronnos unha foto, preparamos unha estreliña nunha cartulina e a decoramos. Despois preparamos o sobre coa dirección. Ao final, pegamos o selo e metimos a carta no buzón de correos.

Aos poucos días, a postal estaba no buzón da nosa casa. Parece arte de maxia, verdade?


CHEGA O NADAL

Coa chegada do Nadal puxémonos mans á obra e preparamos o Belén na entrada da escola. Quedounos moi bonito!

 

FESTA DE SAMAÍN

Despois de decorar a nosa clase o 31 de outubro fixemos a festa do Samaín. Viñemos disfrazados de cousas que metían medo. UUUuuuuuuuu!!!

Logo  comimos unha merenda moi divertida: morcegos de galleta e unha arañas que fixemos nós mesmo. Estaba todo moi rico!!

PREPARAMOS O SAMAÍN

Polo Samaín decoramos caretas e baleiramos cabazas. Gustounos moito!!!

 

NO OUTONO COMEMOS FROITOS CARNOSOS

Na escola estudamos os froitos carnosos do outono. Escribimos o seu nome, debuxámolos e logo comémolos. Estaban moi bos!!

 

Distribuir contido