blogue dechoeira-aula1

VISITA DUN PESCADOR

O papá de Pablo é pescador e veu a visitarnos á escola e amosounos un montón de aparellos. Foi moi divertido!!!

 

VISITOUNOS A DRAGONA RAMONA

O 2 de decembro a Dragona Ramona veu a nosa clase e contounos o conto ROSA CARAMELO. Gustounos moitiiisimo!!!

Ao final quitamos unha foto con Ramona.

O NOSO HORTO

Polo mes de novembro plantamos o noso horto. Puxemos leitugas, coles e grelos.

SEGURIDADE VIAL

No mes de novembro, Carmen veunos contar un conto que falaba da seguridade vial. Traballamos por grupos e logo lle contamos aos demais o que fixemos. Aprendimos moitas cousas.

Cociñando no Samaín

Tamén o mércores fixemos uns postres riquísimos con madalenas ... tiñan forma de moucho. Estaban riquísimas. Ademais, Silvia trouxo da casa un biscoito cunha enorme tea de araña. Uuuum ... como nos puxemooooss!!

 

OS DISFRACES DE SAMAÍN

O mércores 30 de outubro, disfrazámonos de cousas de medo ... UUUuuuu  e pasámolo moi beeen!!

 

AS CABAZAS

O martes tamén vaciamos as cabazas e as decoramos. Hoxe, mércores 30 de outubro, prendimos candeas no seu interior e puxémolasnun sitio escuro. A verdade é que daba moito medooooo. UUUUUUUUUUUUUUUU.

 

Un conto de moito medo

O martes 29 de outubro, visitáronnos "OS 3 BANDIDOS". Metéronnos moito medoooo ... pero gustounos moito a súa historia. Volverán outra vez??

 

A MASCOTA DE ISMAEL

Hoxe foi un día moi especial para o noso compi Ismael, o seu pai trouxo a clase a súa mascota, unha AZOR. Chámase PÍa e é unha ave preciosa.

Primeiro o papá de Ismael contounos cousas sobre Pía: que comía ratos, codornices, culebras ... e ás veces vai cazar con ela ao monte coellos e outros animais do bosque; que ten os ollo laranxa, pero de pequena os tiña amarelos e cando vaia sendo velliña poránselle vermellos; que a chama cun silbato; e ... moitas cousas máis. Logo Ismael colleu a Pía na súa man, axudado polo seu pai. E, por último, nós tamén poidemos tocar o suave plumaxe da Azor de Ismael.

Moitas grazas ISMA.

Distribuir contido