blogue dechoeira-aula1

VISITA AO PORTO DE A CORUÑA

O martes 18 de marzo visitamos o porto de A Coruña. Deixáronnos visitar a lonxa. Ramón ensinounos un montón de peixe que había para vender: cigalas, percebes, xurelos, bacalao, congrio... e explicounos como chegaba o peixe  nos barcos, onde se vendía e por onde saían os camións para repartir o pescado aos mercados e prazas onden compran as nosas mamás.

Foi moi divertido!!

O 28 DE FEBREIRO FESTA DO ENTROIDO

O venres 28 de febreiro ao chegar a escola puxemos os nosos disfraces. Logo saimos para o Edificio de Servizos Múltiples de Culleredo e alí, xogamos, comimos e bailamos. Pasámolo xeniaaaaaal!!!!

   

FACENDO ENTROIDO NA AULA

Durante o mes de febreiro estivemos facendo os disfraces. Fixemos mares cheiiiños de peixes preciosos.

A NOSA HORTA

Pasaron os meses e o que sementamos no mes de novembro, naceu, creceu ... e o recollemos. Houbo que levou para casa os grelos, para facer e comer un delicioso caldo. Uuuuum.

TRABALLANDO A PAZ

Esta derradeira semana de xaneiro traballamos na nosa clase A PAZ. Primeiro Iván e Mabel contáronnos o conto "A Guerra dos Números" e cantamos a canción "TOC,TOC". Despois coa nosa profe fixemos un mural chulísimoooooo.

      

O AQUARIUM FINISTERRAE

O 17 de Xaneiro de 2014 visitamos o acuario de A Coruña.

Alí vimos moitos dos peixes que estamos estudando na nosa clase. Baixamos  ao submarino NAUTILUS, e alí dende o despacho do capitán NEMO vimos ao tiburón GASTÓN rodeado de moitos outros peixes. Nas peceiras do piso de arriba vimos tamén polbos, morenas, mexillóns nunha batea, estrelas de mar, medusas ... e como non, vimos os cabaliños de mar.

Pasámolo moi beeeeeen!!

OS REIS MAGOS DEIXARONNOS ...

Este Nadal os Reis Magos deixáronnos na escola unha mascota. Unha TARTARUGA!!

Estivemos investigando sobre ela e ao final descubrimos que a nosa tartaruga é macho. Así buscamos un nome para ela, e decidimos chamala LEONARDO.

Mirade que bonita é!!!

 

CUMPLES DESTE TRIMESTRE

Este trimestre estiveron de cumple Alishia, Ismael, Lorena e Paula. Parabéns!!!

O CONTICRA

O 11 de decembro Bea e Mabel viñeron contarnos un conto dunhas tartarugas "ARTUR E CLEMENTINA". Foi chulísimoooooo!!!

Distribuir contido