blogue dechoeira-aula1

TRABALLAMOS CON MARISCO

Hoxe na clase vimos. ulimos e tocamos diferentes mariscos: berberechos, mexillóns,ameixas... e logo fixemos un traballo.

COMEMOS BOLBORETAS

Fixemos un taller de cociña no que creamos bolboretas de pavo e queixo e outras de chocolate. Sabía riquísimaaaaaas.

DÍA DO LIBRO

O día do Libro a profe Bea e a profe Mabel veu contarnos o conto de PÉTALA. Foi chulísimooooo.

AS FLORES

Chegou a Primavera e con elas as flores a nosa aula. Estivemos facendo un mural cheo de flores que fixemos coas nosas mans. Tamén fixemos moitas flores con pincel. Saíronnos preciosaaas.

O BINGO MATEMÁTICO E MARÍTIMO

Despois da festa do Entroido chegou á nosa aula o bingoo. Pasámolo xenial xogando. Foi moi emocionante.

PRANTACIÓN DE PATACAS

Estivemos a prantar patacas na nosa horta e tamén nunha maceta moi xeitosa na que podemos ver como medran as patacas.

EXPERIMENTOS NA AULA

Hoxe o profe Iván amosounos un experimento que falaba da combustión.

22 de MARZO DÍA MUNDIAL DA AUGA

O sábado 22 de marzo foi o Día Mundial da auga. Nós para recordalo fixemos na aula unha enorme pinga de auga cheiña de fotos que trouxemos da casa. Quedounos chulíiisima!!

 

21 DE MARZO DÍA DA ÁRBORE

O venres 21 de Marzo foi o Día Da Árbore e fumos ao Conservatorio a ver unha obra didáctico-musical do arbolito LITO. Despois prantamos árbores no paseo do Burgo.

PLANTAMOS UNHA ÁRBORE

Esta semana platamos unha árbore no noso patio. Esperemos que medre moitoooo!!

Distribuir contido