blogue dechoeira-aula1

CHEGARON OS REIS MAGOS

O 5 de xaneiro chegaron os Reis Magos de Oriente. Repartiron moitos regalos por moitos sitios. Tamén deixaron dous paquetes na nosa escola. Era un CASTELO  e PERSONAXES MEDIEVAIS!!! Son chulísimos e xa xogamos con eles. Moitas grazas aos Reis Magos, seguiremos a portarnos beeeen.

OS NOSOS CUMPLES

Neste primeiro trimestre celebramos na escola os cumples de XIÁN, ALISHIA, LORENA, NOA E MARTA. Parabéns para todos eles!!

SORPRESA PARA A PROFE VERO

Remata o trimestre e a profe Vero ten que seguir estudando na universidade. Nós quixemos darlle unha sorpresa porque pasámolo moi ben con ela e ensinounos moitas cousas.

Moitas grazas, profe Vero!!!

O CARTEIRO REAL

O luns 15 de Nadal, veu ao colexio o Carteiro Real para recoller os nosos desexos.

DECORACIÓN NAVIDEÑA

A porta da nosa clase parece unha chimenea por onde vai entrar Papá Noel. Na entrada do colexio montamos o Belén.

TRABALLAMOS O NADAL

Na clase fixemos moitas cousas navideñas. Mirade como nos quedaron.

ENCANTADOS COS CASTELOS

Seguimos explicando aos nosos compis máis traballos dos castelos que trouxemos da casa. Xa rematamos un castelo que fixemos coa profe Vero. Quedounos chulísimo!!!

NÓS TAMÉN VOTAMOS

Despois das votacións dos membros do Consello Escolar, nós tamén votamos na clase. Escollimos o libro que máis nos gusta dunha selección de contos. Foi superdivertido.

NOVAS DE CRABELA

O 21 de novembro recibimos unha carta de CRABELA. Decía que agora que xa sabemos como eran os banquetes, torneos e xogos medievais, temos que seguilos practicando pois cando vaiamos a salvar a ARTURO teremos que gañar o xogo que nos propoña o dragón.

Agora temos que pasar a seguinte proba. Consiste en saber o nome da parte do castelo onde está atrapado ARTURO. Polo tanto temos que estudar AS PARTES DOS CASTELOS E OUTRAS EDIFICACIÓNS MEDIEVAIS.

Trouxemos moitos traballos de casa que fixemos con papá e mamá ... e estamos a traballar na clase.

OS MEUS DEREITOS

O 20 de novembro é o Día dos dereitos dos nenos e fixemos un mural precioso.

Distribuir contido