PROTOCOLOS DE ACTUACIÓN ANTE O COVID-19
PROTOCOLOS DE VIXILANCIA E CONTROL EPIDEMIOLÓXICO COVID CENTROS EDUCATIVOS
Publicamos a derradeira modificación do protocolo de Sanidade para a vixiancia e control epidemiolóxico en centros educativo,s coas últimas medidas a ter en conta en caso de sintomatoloxía covid tanto na casa coma no centro educativo.
En canto sexa publicado pola Consellería de Educación, engadirémolo no noso Protocolo.
PLAN DE ADAPTACIÓN COVID-19 E ACOLLIDA ÁS FAMILIAS
Presentámosvos nos arquivos adxuntos, os Plans de Adaptación Cov-19, o Plan de Acollida ás familias, o Plan de continxencia e a Declaración responsable, conforme as familias se comprometen a facer unha enquisa e o . Esta enquisa terá que facela diariamente, toda a comunidade educativa, antes de asistir ao centro educativo. Dita enquisa non hai que entregala no centro, nin tampouco hai que cubrila, será suficiente facela de xeito oral. Porén, no caso de ter algún síntoma ou darse algunha das situación que aparecen na enquisa, mediante a declaración responsable, a familia comprométese a non mandar a/ ao filla/o ao centro educativo. Asemade, tamén adxuntamos a enquisa.
Son documentos que están a ser revisados continuamente atendendo ás instruccións que están a ser publicadas no Portal Educativo e tamén irán sufrindo modificacións en función da efectividade que observemos no día a día das nosas escolas, sempre atendendo as indicacións dos Protocolos indicados pola Consellería de Educación e de Sanidade.
Nas reunións que teremos a vindeira semana falaremos deles e resolveremos todas as dúbidades que teñades.
Un saudiño e vémonos nas Escolas!!!!
