IGUALDADE E CONVIVENCIA

DÍA DA FAMILIA: 15 DE MAIO

Bos dias familias!!

 Dende o CRA propoñemos a realización dun vídeo para que os nenos e nenas de cada unha das escolas se vexan e manden apoios aos seus compañeiros.

Para iso propoñémosvos o seguinte:

  • Gravar un vídeo dun maximo de 20 segundos en horizontal.
  • Sen audio pero sí coa opción de que aparezan mensaxes escritas.
  •  Algunhas ideas para realizalo poderían ser accións que realicen no día a día e ó final saudar aos seus compañeiros.

Pedímosvos a vosa colaboración mandando os vídeos a cada unha das titoras e titores e así crear un vídeo que nos quede para o recordo.

Grazas de antemán e un saúdo para todos!!

Terceiro Trimestre

Queridas familias, nenos e nenas,

dada a situación actual, as mestras e mestres do CRA decidimos organizar en conxunto o que resta de trimestre.

A proposta que vos facemos será a de levar a cabo un RETO diario na casa! Nós encargarémonos de facer as propostas, e vos de desfrutalas en familia!

A través dos retos, aprenderedes xogando, e traballaredes de forma implícita distintas capacidades, habilidades e destrezas que vos axudarán no voso desenvolvemento. Plantexamos os retos en conxunto, pero cada un/unha de vós pode adaptalo ás súas capacidades, con mais ou menos axuda por parte dos adultos, ou complementándoo con calquera outra tarefa que vos suxira o reto.

Encantaranos recibir fotos ou vídeos dos vosos retos para ver como estades levando o confinamento e estar un chisquiño máis en contacto!

Si tedes calquera dúbida ou pregunta, poñédevos en contacto cos mestres e mestras, que vos axudaremos encantad@s!

Podedes seguir complementando ademais o traballo na casa coas propostas que as titorías e especialidades fan en cadanseu apartado da páxina web.

 

Disfrutádeos! J

Unha mensaxe moi especial!!

Xa levamos 3 semanas na casa e todos os nenos e nenas estades a demostrar o moito que valedes. Con este vídeo, vaia o noso recoñecemento para con vós nestes días. Para ver esta mensaxe premede na seguinte imaxe. Unha enorme aperta de todo o claustro do CRA Boqueixón Vedra!!

Distribuir contido

COVID-19

Iniciar sesión

Revista escolar

Eventos

« Xuño 2023 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930

Pais/Nais

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.