Educación Primaria

Grazas

        Grazas
  Rematou o curso 2019-20, deixalo ir, que non volva.
 Quedará para sempre nos libros de historia e na nosa memoria o tempo que estivemos agachados nas casas porque o bicho do Covid-19 andaba ceibo. Tamen lembraremos as mañáns de soedade acordándonos dos días de patio e barullo na escola.
 Pero se algo merece ser recordado é o voso traballo, compromiso, dedicación, responsabilidade e ánimo desde as casas.
  Por eso quero pechar o curso co mais grande dos agradecementos ós compañeiros de curso: nenas, nenos, nais, pais, avoas, avós, mestras e mestres do Cra.
  Grazas por agasallarme ca vosa paciencia, comprensión e axuda.
  Grazas.
  

Remate de curso

     Remate de curso

  Despois de moitos días traballando na escola e na casa, tendes moi merecidas vacacións. Día a día demostrastes gañas de aprender, interés por coñecer e moi bo comportamento.

  Formamos parte dun formidable grupo de alumnos, compañeiros e amigos que compartimos xogos, exercicios, lecturas, teatro, problemas, patio, excursións e algun enfado, pero que disfrutamos estando xuntos. Tivemos a mala sorte de ter que pasar catro meses separados por culpa do bicho do COVID-19, pero seguimos sentíndonos xuntos.

  Como mellor homenaxe deste curso, eu propóñovos que todos fagades un debuxo e pintura nun folio dos vosos compañeiros de escola. Un debuxo ben feito no que podedes poñerlle a cadaquén algo que lle gusta, xogando ou falando todos xuntos, na escola, no patio, nunha excursión ou como vos queirades.

  Será unha maneira de que recordemos para sempre ós compañeiros da escola.

Despertar a lingua

  Despertar a lingua

    Hoxe imos despertar a lingua cunha estrofa dun poema de Xosé Neira Vilas adicado ó Sol, para que veña axiña.

              "Se non vés deseguida,
            mixiriqueiro sol,
            vou sair a buscarte
            no meu chusco avión".

   Estamos na porta do verán e xa precisamos que veña o Sol a quentar, para sair a xogar, correr, bañarnos porque xa estan aquí as vacacións, e vós tédelas ben gañadas.

Ficha de lectura

  Ficha de lectura

  Hoxe imos facer outra ficha de lectura, e asi cada día ata rematalas. Se lemos despacio, alto e pensando no que conta o texto descubriremos moitas cousas interesantes e ademais poderemos contestar as preguntas moito mellor.

 Ánimo que estamos acabando o curso.

Despertar a lingua

    Despertar a lingua

  Hoxe imos despertar a lingua cunha adiviña que nos fala dun froito de outono:

                 "Alto estou,
                dentes de ouro teño,
                por unha risada
                perdo canto teño.
                   Que son?"

   Ánimo que xa estamos acabando.

Lemos e contestamos

  Lemos e contestamos

   Onte repartinvos nas vosas casas unhas fichas de lecturas. Nestes días de remate de curso imos practicar a lectura con elas e contestar os exercicios que acompañan cada lectura.

   Cada día facede un folio. Lede dúas veces despacio, con tranquilidade e descubride de que fala a lectura, fixádevos no mais importante.

   Despois ledes os exercicios e contestádelos con boa letra. non tendes que apurar, lembrade cada día unha ficha.

   Se tendes algunha dúbida ou dificultade preguntádeme polo teléfono. 

 

Despertar a lingua

  Despertar a lingua

  Hoxe imos despertar a lingua cunha adiviña de algo que da sabor:

                  "Nacin na auga
                e na auga me criei,
                se me pos na auga,
                na auga morrerei.
                    Que son?".

   Ánimo que xa queda pouco para rematar o curso.

A Illa do Tesouro

A Illa do Tesouro

    Hoxe imos botar man dun folio para debuxar o mapa dunha illa fantástica. Será o mapa da nosa Illa do Tesouro.

    Todos sabemos que nos mapas vai debuxado como é o territorio, con tódols seus accidentes xeograficos como rios, montañas, chairas, cabos, golfos, pobos, estradas, faros, desertos, selvas, terras de cultivo,...

    Vos podedes facer o mapa da vosa Illa do Tesouro como queirades, pero nese mapa ten que haber:

         - Un rio con rios afluentes.

         - Unha serra de montes.

         - Unha chaira con terras de cultivo.

         - Un volcán.

         - Unha península.

         - Un cabo.

         - Un golfo.

         - Tres pobos e unha estrada.

  Ánimo, podedes crear un mapa moi bonito. Despois de debuxalo poñedeslle nomes inventados ós diferentes lugares, e elexides un para esconder o Tesouro. Por último coloreádelo.

  Veña que xa queda pouco para rematar este curso tan raro. Se o mapa da Illa do Tesouro queda bonito, ata podemos ir de vacacións a ela.

Despertar a lingua

    Despertar a lingua

   Hoxe imos despertar a lingua cunha adiviña que nos fala de algo para comer.

          "Éche de verzas,
          sábeche ben;
          fabiñas poucas,
          patacas catro,
          e, do unto,
          como a lingüiña
          do voso gato
              Que é".

   Lemos varias veces  e imos descubrir un ritmo moi musical. Despois copiamola na libreta e preguntamos ós familiares para ver se eles adiviñan que é.

Pronombres personales

    Pronombres personales

Hoy vamos a escribir frases que tengan los pronombres personales:

    - Yo
   - Tu
   - El
   - Ella
   - Nosotros
   - Nosotras
   - Vosotros
   - Vosotras
   - Ellos
   - Ellas

   Construimos frases intentando no repetir ningun verbo y que haya frases en los tres tiempos: pasado, presente y futuro.

 

Despertar a lingua

   Despertar a lingua

  Hoxe imos despertar a lingua cunha copla que se di cando chove:

            " Chove,chove
           na casa do pobre.
            Neva, neva
           na casa da bubela.
            Trona, trona
           na casa da patrona".

   Como hoxe chove bastante é moi acaida co día que temos, anque esperemos nin neve nin trone.

Xa queda pouco

   Xa queda pouco

   O curso vai rematando e xa temos petando á porta os días de verán e vacacións. Nestes últimos días imos tratar de acabar tódolos exercicios pendientes que foron quedando sen facer. Precisamos dar un pulo forte para acabar da mellor forma posible este estraño curso.

   Eu sei que estades cansos, pero tamen sei que sodes capaces de realizar brillantemente tódalas tarefas pendientes. Por eso, nestes días grises e de chuvia que non podemos sair, temos a oportunidade de non deixar ningun exercicio sen facer. Ademais hoxe non vou poñer máis exercicios. Vós sodes capaces.

   Ánimo.

Despertar a lingua

      Despertar a lingua

  Hoxe imos despertar a lingua cunha copla para este tempo de primavera:

           "O paxaro de Maruxa
          anda nas miñas cereixas.
           Come paxariño, come.
          Verémo-las que me deixas".

  Como vedes é moi facil de decir e aprender.

Viaxamos

    Viaxamos

 Hoxe imos de excursión a diferentes pobos. Para viaxar primeiro debuxamos un mapa de estradas que comuniquen cada pobo. Estas son as distancias entre os pobos:

  - De Sarandón a Cormán ...138 kilómetros.

  - De Cormán a Pindel ... 54 kilómetros.

  - De Pindel a Xaboi ... 162 kilometros.

  - De Xaboi a Sarandón...79 kilómetros.

 Despois de ter o mapa e poñer as distancias entre pobos, contestamos a estas preguntas:

   1ª.- Cantos kilómetros recorre o autobús que vai de Sarandón a Pindel pasando por Cormán?

   2ª.- Cantos kilómetros recorre o autobús desde Cormán a Sarandón pasando por Pindel e Xaboi?

   3ª.- Cantos kilómetros recorre o autobús que sae de Sarandón e volta a Sarandón pasando por tódolos pobos?

   4º.- Cantos kilómetros lle faltarian ó autobús para recorrer 500 kilómetros?

  Que teñades moi boa viaxe.

   

    

Despertar a lingua

    Despertar a lingua

  Hoxe imos despertar a lingua cun trabalinguas que hai que decir cada vez mais rápido.

                "Catro bois e catro vacas
                soben carro e costa arriba;
                non hai home nesta terra
                que catro veces o diga".

 Intentade decilo catro veces seguidas.

Temos moito conto

  Temos moito conto

  Xa fai bastante tempo que non facemos un conto inventado por nós, e non podemos perder as mañas que temos para contar.

  Hoxe imos pensar un conto novo, pero tendo en conta esto:

      - Vai ocurrir pola noite.

      - Hai un personaxe invisible.

      - Hai un vaso de leite.

      - Podedes poñer mais personaxes.

  Para o conto tendes que describir como son os lugares donde ocurre con nome e adxetivos. Tamen como son ou van vestidas as personaxes que aparecen no conto.

  Escribides o conto e debuxades algunha escena.

  Ánimo que xa sodes uns grandes escritores.

    

Despertar a lingua

    Despertar a lingua

   Hoxe imos despertar a lingua cunha adiviña moi comedora:

              "Teño dentes coma unha loba,
             cantos paus houbera no mundo
             eu espero de roer,
           mastigar e botar fora
           que engulir non pode ser.
                Que son?"

   Lemos, copiamos, aprendemos, decimos varias veces e adiviñamos.

TVS informa

    TVS informa

       Hoxe conectaremos en directo cos nosos corresponsais de Televisión de Sarandón, para que nos informen das noticias máis importantes do fin de semana.

      Nas diferentes horas do día teremos teleconferencias para que contedes a noticia que escribistes.

 

Despertar a lingua

  Despertar a lingua

     Hoxe imos despertar a lingua con esta adiviña moi coñecida:

                   "Unha señoriña
                 moi aseñorada;
                 sempre vai en coche
                 e sempre vai mollada.
                    Que é?".

  Copiamos, lemos e adiviñamos.    

Dia Mundial do Medioambiente

  Dia Mundíal do Medioambiente

 Hoxe, 5 de xuño, celebrase en todo o mundo o Día Mundial do Medioambiente. Neste día temos que pararnos e tomar conciencia do respeto, coidado protección da naturaleza en tódalas súas manifestacións.

  Para celebrar o día de hoxe propóñovos catro exercicios moi divertidos e doados de facer, son:

     1º.- Pensar unha noticia, escribila contándoa, seguindo estes pasos:

                - Que pasou?

                - Donde pasou?

                - Cando pasou?

                - Como pasou?

     2º.- Despois esta noticia ides lela como se fósedes periodistas da televisión na teleconferencia que faremos o luns.

     3º.- Nun folio facede un cadro moi ben pintado de homenaxe ó Día Mundial do Medioambiente. Que a natureza aplauda a vosa pintura.

     4º.- Saide da casa e contemplade a beleza extraordinaria da natureza desde o que está moi cerca ata o que vedes lonxe.

   Bo dia.

    

Despertar a lingua

  Despertar a lingua

Hoxe imos despertar a lingua cunha adiviña:

                 "Ós seis meses asenta;
                ó sete endenta;
                ó ano é andante
                e ós dous, falante.
                     Que é?"

Imos ler

  Imos ler

      Unha vez máis voltamos á lectura, algo que todos temos que mellorar. Cada día hai que ler un pouco, podemos ler en voz alta para todos ou en voz baixa para nós mesmos, pero hai que adicar un tempo a ler, non vai ser todo escribir.

     Para que facer unha boa lectura temos que seguir estes pasos:

        - Ter un sitio cómodo e sin ruido para ler.

        - Escoller unha lectura que nos guste.

        - Que non sexa nin demasiado facil nin dificil.

        - Ler polo menos 15 minutos en voz alta.

        - Ler mais tempo en voz baixa.

        - Ler facendo as pausas en comas e puntos.

        - Cando paramos de ler, intentar recordar que foi o que nos contaba a lectura, de que falaba a lectura.

    Acordádevos que as palabras son a roupa da intelixencia, cantas mais palabras teñamos no noso armario, mellor andaremos vestidos. A tenda donde se vende esa roupa é a lectura. Por eso podemos decir:
        "Cando imos ler, imos de compras" .

   Ademais ler é divertido.

       

Repaso de matematicas

   Repaso de matematicas

  Hoxe imos botar man das fichas de matemáticas que vos levei á casa. Imos facer dúas fichas, despacio, fixándonos ben no que nos pide cada exercicio.

  Tratade de escribir limpo e ordenado. se tendes algunha dúbida podedes preguntarme. Ánimo que xa estamos rematando.

 

Despertar a lingua

    Despertar a lingua

 Hoxe imos despertar a lingua cunha adiviña dun animal:

            "Esburata nas leiras,
           esburata nos prados
           e amontulla a terra
           onda os valados.
               Que é?"

  Ledes, pensades, adiviñades, copiades e debuxades. Fixádevos nos verbos da adiviña que nos contan o que fai, podedes suliñalos de vermello.

  Decídelle a adiviña ós vosos familiares para ver se acertan.

Vémonos

    Vémonos

Hoxe temos unha comunicación por teleconferencia con este horario:

     - 11,30 horas.

     - 12,30 horas.

     - 19  horas.

 Que cadaquén vaia entrando no horario que lle veña ben, a porta estará aberta.

  Bo dia.

 

Despertar a lingua

Despertar a lingua

    Hoxe imos despertar a lingua con esta curta adiviña:

                      "Come, fala,
                    reza, berra,
                    asubía, bica.
                     Que cousa,
                     cousiña é?".

  Lemos, adiviñamos, copiamos, debuxamos e decimoslla á familia para saber se eles adiviñan.

Inventamos problemas

Inventamos problemas

   Hoxe imos darlle unha volta á nosa imaxinación inventando os problemas que se resolven con estas operacións:

      1º.-  74 + 8 + 256 = ......

      2º.-  300 - 127 = .....

      3º..-  63 + 194 = .....      /  400 - .... = ....

      4º.-  573 X 4 =

 Son catro problemas, facede tódolos que poidades.

 Como vedes o 3º e de dúas cuentas e o 4º e para os de segundo.

 Ánimo inventores de problemas.

Despertar a lingua

Despertar a lingua

 Hoxe imos despertar a lingua cunha copla de animais domésticos:

                 "A galiña pon un ovo,
               o galo fai o xantar,
               o can vai á leña ó monte,
               o gato dorme no lar".

 Lemos , copiamos e debuxamos a historia que conta.

Traballos pendientes

  Traballos pendientes

 Chegou xuño e imos rematando tódalas tarefas que temos pendientes, sen rematar. Pouco a pouco fomos deixando actividades atrasadas porque non tiñamos tempo ou estabamos cansos. hoxe imos repasar o que nos falta e darlle un derradeiro golpe para ter todo feito.

  Queremos empezar o último mes do curso con todo feito. Sin esquencer que sempre hai que LER, LER, LER e sempre LER.

  Hoxe tamén vouvos levar á vosas casas unha fichas para continuar con actividades novas.

Días e meses

    Días e meses

  Hoxe imos dar un repaso ós nomes que teñen os días e os meses. Escribiremos o nome de:

  - Os sete días da semana.

  - Os doce meses do ano.

Distribuir contido

COVID-19

Iniciar sesión

Revista escolar

Eventos

« Decembro 2020 »
LunMarMérXovVenSábDom
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031

Pais/Nais

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.