Escola de Sergude

PLAN DIXITAL

Presentámosvos o Plan Dixital da Escola de Sergude no seguinte adxunto.

Xogos sobre o coidado do medio ambiente e a reciclaxe

Neste enlace ao noso taboleiro do Symbaloo, aparecen recollidos algúns xogos educativos relacionados co coidado do medio ambiente e a reciclaxe. Algúns traen xogos imprimibles, outros para xogar online e outros de ideas para elborar os vosos propios xogos con material de refugallo, ide premendo, e escollede os que mais vos gusten. En algúns necesitarás a axuda dun adulto, pero ben seguro que pasades un rato divertido e aprendedes un montón! Premede na imaxe para acceder. 

 

Sopas de letras dos nomes

A continuación atoparedes 3 sopas de letras diferentes. Pode que algún dos nomes sexa difícil de atopar, pero coa axuda da vosa familia, seguro que o conseguiredes. Buscádeos de esquerda a dereita, de arriba a abaixo e en diagonal, están moi escondidiños! :)

Atopa os nomes d@s nenos e nenas do grupo dos maiores da escola nesta sopa de letras.

Atopa os nomes d@s nenos e nenas do grupo dos medianos da escola nesta sopa de letras. 

 Atopa os nomes d@s nenos e nenas do grupo dos pequenos da escola nesta sopa de letras. 

Obradoiro de papiroflexia

Tiñamos previsto para este mes, entre outros, facer un obradoiro de papiroflexia coa mamá de Teo.

A papiroflexia é unha arte que consiste no plegado do papel ata convertelo en figuras, as cales poden ser consideradas esculturas.

Como non é posible facelo na escola, entre os dous preparáronnos uns vídeos para que vos animedes a intentar probar desde as vosas casas. ;)

Premede nos enlaces e accederedes aos vídeos que nos prepararon, que están colgados na nosa conta de IG!

COMO FACER UN CORAZON DE PAPIROFLEXIA

https://www.instagram.com/p/B_w2JU8pH1X/

 CONTO: O REI SEN COROA 

https://www.instagram.com/p/B_w3i_zJBKT/

Moitas grazas aos artistas! 

Propostas para o 3º trimestre

Comezamos un terceiro trimestre do máis anómalo, e moi ó noso pesar, toca seguir o trimestre na distancia... Aquí vos deixo unhas propostas de traballo sinxelas que podedes seguir dende a casa. Ánimo e forza!

 

Día do Teatro

Hoxe, 27 de marzo, é o día do teatro. Dende o equipo de biblioteca e o de dinamización lingüística, fannos unha proposta de traballo conxunta, tomando como referencia o traballo de Ricardo Carvalho Calero, autor homenaxeado este ano polo día das letras galegas, a cal aparece explicada nos documentos adxuntos. Animádevos a crear o voso teatro caseiro!

E si non podedes imprimir os materiais, dádelle renda solta á vosa imaxinación e empregade calquera cousa que se vos ocurra! 

Que o disfrutedes.

 

A cápsula do tempo

Unha proposta de tarefa para estos días, é facer unha cápsula do tempo.

Clica na imaxe, e levarate ó enlace da proposta na nosa conta de IG.

Anímate a facer a túa!

Capsula do tempo

Propostas de Lóxico-matemática

Neste apartado ireivos deixando propostas de actividades relacionadas co aprendizaxe e afianzamento dos procesos de pensamento lóxico-matemático.

Ide adaptando as propostas ás necesidades e características de cada un dos nenos e nenas e incrementando a dificultade das mesmas na medida en que o vexades necesario.

- Actividades de conteo 

Ver documento adxunto

- Xogos de mesa para traballar conceptos matemáticos.

Ver documento adxunto (Fonte: http://aulasgalegas.org/xogos-de-mesa-matexogos/)

- Xogos cos números e as cantidades

Clicando na imaxe accederedes a un enlace onde poderedes facer distintas actividades en rede con distintos grados de dificultade.

xogos números

 - Actividades de descomposición de números, de formación de complementarios do 10 e de traballo co cuadrante do 100.

Ver documento adxunto

- As ruletas dos números

Ver documento adxunto

- Dominó de sumas

No documento adxunto tedes unha plantilla imprimible con un dominó de sumas. Podedes imprimila ou elaborar un vós mesmos, podedes adaptar as sumas ás necesidades e capacidades de cada un/unha, incrementando a dificultade a medida que vaian sendo capaces.

- Series con obxectos da casa

Ver documento adxunto

Experimentos

A continuación irei adxuntando algúns experimetos sinxelos e divertidos, que podedes facer na casa cos nenos e as nenas! 

Probade, e a disfrutar!

- Tinta invisible

    Ver documento adxunto

- Volcán de espuma

    Ver documento adxunto

- A auga que camiña:

Auga que camiña

 - Inflar un globo con levadura e azucre:

Ver documento adxunto e/ou vídeo

 - FLUIDO NON NEWTONIANO. ¿Sólido ou líquido?

Premendo na imaxe accederedes ó video explicativo e á demostración de como actúa un fluido non newtoniano, e no docuemnto adxunto tedes escrito o procedemento da elaboración do mesmo.

 

Propostas plásticas

Neste apartado ireivos deixando algunhas propostas de creacións plásticas con distintos materiais para que probedes e experimentedes na casa. Ide probando e facendo a medida que vos interese e vos apetezca!

Debuxar con tenedor e témpera.

  Aquí sae un oso panda, que se che ocorre facer a ti? Pincha na imaxe para ver o enlace da proposta e o seu procedemento.

Oso panda- PUNTILLISMO. Atrevédesvos a probar a experiementar con esta técnica plástica que empregaron artistas como Van Gogh ou Monet?

No documento adxunto tedes as instrucións para levala a cabo, e clicando na imaxe o enlace a un vídeo explicativo. 

Animádevos a probar e compartide as vosas creacións!

Puntillismo

 - MARMOLIZAR OU PINTAR CON ESPUMA

Empregade esta técnica como fondo para facer sobre ela calquera cousa que se vos ocorra. O efecto óptico é similar a unha pedra de másmore de cores. Se clicades na imaxe, veredes un vídeo explicativo que fixeron hai tempo algúns compis da escola! Para ler as instrucións, podedes clicar tamén no documento adxunto.

Espuma

 

- FACER CAIXAS DE PAPEL.

No seguinte enlace déixovos unha proposta de como facer caixiñas de origami. Podedes decorar os papeis como mais vos guste, e coa axuda dun adulto, ir seguindo os pasos pouco a pouco, con maña e paciencia para ir facendo as caixiñas. Viranvos xenial para gardar as miniaturas da proposta de lectoescritura da Caixa de sons Montessori! :)

https://comohacerorigami.net/caja-de-papel-basica/

 - "ARTESERVILLETA".

Só necesitades papel de cociña, rotuladores, paciencia e moita imaxinación. Podedes facer mandalas ou debuxar o que se vos ocorra. Non tedes que rematalo nun mesmo día, podedes ir pospoñéndoo. Despois, si lle botades auga, o debuxo cambiará. 

Premendo na imaxe veredes o enlace de onde sacamos a idea, unha vez dentro do seu perfil de IG, pasade as imaxes para ver o proceso.

 - FACER FLORES.

Coa chegada de maio, chegou o mes das flores. No documento adxunto tedes algunhas propostas de ideas para facer flores con distintas técnicas e materiais. Podedes facelas como mais vos gusten! 

- MANDALAS.

Os mandalas teñen a súa orixe na India, e a palabra significa círculo, ou aquelo que rodea a un centro. Visualmente, trátase dun conxunto de figuras que adoitan representar as características do universo.  Colorear mandalas, apórtanos múltiples beneficios:

- Potencia a nosa capacidade de concentración e de atención

- Fomenta o control e o dominio do corpo

- Traballa e desenvolve a paciencia persoal

- Estimula a creatividade e a imaxinación

- Axuda na formación da intelixencia e o razoamento

- Baixa o nivel de estrés (podes poñer música de fondo relaxante que acompañe a este momento para potenciar o seu efecto)

- Anímanos a superar retos e desafíos

Etc.

No documento adxunto podes descargar algúns mandalas que preselecionei, con temática de primavera, pero podes facer os que queiras. Ademais de facelos pintados, podes aproveitar o bo tempo e a posibilidade de andar por fora, e facelos con elementos naturais. Verás que creacións mais orixinais podes facer!

 

Día da poesía

O día 21 de marzo foi o día da Poesía. Dende o equipo de Biblioteca, fannos a seguinte proposta de traballo con retahílas. Animádevos a xogar con elas! Nos arquivos adxuntos, tedes a proposta de actividades, o texto das retahílas e os audios das mesmas. Agardamos que vos gusten!

Lectoescritura

Neste apartado irei adxuntando distintas propostas de traballo de lectoescritura. 

Elexide a que mais vos guste e rexistrade algúns dos traballos que fagades para poder compartir despois entre todos e todas.

- Crear o abecedario e formar palabras empregando os legos.

(ver proposta en anexo "letras con legos")

 - Actividades cos nomes dos compañeiros e compañeiras da escola.

(ver proposta en anexo "proposta de actividades cos nomes")

- Facer a listaxe da compra.

Esta é unha actividade que a miúdo vos recomendo. No adxunto tedes unha proposta de como facelo.Fonte:https://aulasgalegas.org/lista-da-compra/

(ver proposta en anexo "listaxe da compra")

- Caixa de Sons Montessori

(ver proposta en anexo "Caixa dos sons Montessori")

- Xogos online de lectura global

Premendo no seguinte enlace, accederedes a unha web con xogos para xogar en rede de actividades de lectura global. (fonte: aulas galegas)

https://aulasgalegas.org/lectura-global/

- Poesías para debuxar.

No documento adxunto aparece unha pequena recompilación de poesías de Gloria Fuertes. Son pequenos textos poéticos descriptivos, divertidos e fáciles de ler, que nos animan a crear unha imaxe visual a medida que vamos lendo de xeito creativo e autónomo.

Día da narración oral

Hoxe, día 20 de marzo, é o día da narración oral. Dende o equipo de Biblioteca fannos a seguinte proposta de traballo que aparece no documento adxunto.

Déixovos aquín os lincs dos contos orais:

Relaxación

Neste apartado irei adxuntando algunhas propostas de relaxación que podedes facer na casa de forma sinxela

Clicade nas imaxes e accedede á proposta que mais vos interese.

- "El cuento de las mariposas"

- Bote da calma

 

Frasco da calma

  - Mindfulness

 

 

 

TRABALLOS CON CONTOS

Os contos son uns dos mellores recursos que podemos empregar neste tempo. Ademais de ler polo placer de ler, ou de adentrarnos en mundos fascinantes ós que nos poden levar os contos, podemos traballar sobre eles tamén dun xeito específico, dun xeito parecido ó que facemos na escola.

Deste xeito, a proposta que vos fago é a seguinte:

1- Elixe un conto que che guste, ou estate atento/a a este apartado onde irei subindo algúns contos interesantes en vídeo.

2- Le o conto, que cho lean, ou escoita o vídeo.

3- Observa as ilustracións do conto

4-Elixe unha das ilustracións, na que o protagonista do conto se vexa de forma significativa, e fai un debuxo do mesmo, observando ben todos os detalles: como é a súa expresión da cara, o tamaño do corpo, as proporcións das extremidades, as liñas cinéticas que indican movemento… calquera detalle que observes!

5- Escribe o nome do/a protagonista

6- Escribe o título do conto, e/ou inventa un novo título para o mesmo.

Noutra folla, podes facer un listado dos demais protagonistas do conto, un listado de adxectivos de como cres que é o protagonista… de calquera cousa que se vos ocurra.

     Cando volvamos á escola, xuntaremos todos e todas as personaxes dos nosos contos

      Déixovos, de momento, esta proposta de conto co vídeo e a ilustración do personaxe.

-CARABUÑAS.

 

 - COCORICO

 - CHIBOS CHIBÓNS

- PERDIDO?

- CHOCOLATA

Clicando no seguinte enlace escoitaredes a canción do conto:

https://www.youtube.com/watch?v=vQ2_7yV8qUg&list=PLNZ3WNrxmzIYzp4tD7kIkdkBm3MmCOyPM&index=18

- EL CAZO DE LORENZO

Clicando no seguinte enlace, accederedes a unha versión animada do conto:

https://www.youtube.com/watch?v=5pUmAOTQqCg

- NON FAI FALTA A VOZ

 

- A MONTAÑA DE LIBROS MAIS ALTA DO MUNDO.

- A CASA DA MOSCA CHOSCA

- O COELLIÑO BRANCO

 

- A TARTARUGA QUE QUERÍA DURMIR

- SÍGUEME. UNHA HISTORIA DE AMOR QUE NON TEN NADA DE RARO.

Proposta Medioambiental

- PLASTICMONSTERS.

Como ben sabedes, en todas as escolas estamos traballando e investigando sobre o medioambiente, os seus coidados e a importancia de reciclar, reducir e reutilizar.

Dende o equipo de Biblioteca do CRA fixéronnos a proposta de participar nunha iniciativa de Greenpeace, para facernos mais conscientes da situación actual con respecto ó uso abusivo dos plásticos e dos seus efectos nocivos. A proposta viña nunha carpetiña que ía rular polas casas, pero dadas as circunstancias, propóñovos a tarefa por aquí.

Podedes ver as orixes da proposta nestes enlace:

https://es.greenpeace.org/es/noticias/llevamos-el-monstruo-de-plastico-hasta-su-origen-la-sede-de-nestle/

 https://www.greenpeace.org/international/story/21822/plastic-monsters-from-around-the-world-return-home-to-nestle/

 Déixovos o tráiler do documental que fixeron (aínda que está en inglés, ben seguro que eles e elas entenden a mensaxe, tamén lles podedes ir traducindo as partes mais significaticas):

https://www.youtube.com/watch?v=_oDG7NwkP3E

 Finalmente, adxunto o documento onde se explica a proposta da actividade.

Se neste tempo, non sodes quen de levala a cabo ou non queredes, non vos preocupedes, retomarémola á volta!

 

- "O VELEIRO VERDE"

Acordádesvos desta canción en lingua de signos que nos gustaba tanto sobre o cambio climático? Déixovola aquí para que a recordedes e practiquedes algúns dos seus signos! :)

Secuenciación de rutinas para as mañás

  A modo orientativo, e solo orientativo, por si vos resulta mais doado organizar a mañá en "modo cole", adxúntovos unha posible secuenciación de tarefas, que se asemellan moito ás que facemos na escola. Non se trata de facer todo, si non de ir elexindo o que se vos vaia adaptando en cada momento das vosas mañás, porque cada mañá é diferente!

Rutinas diarias

O CALENDARIO

Como rutina diaria, propóñovos facer o calendario, para levar un pouco a conta do día e a ubicación temporal na que nos atopamos nestes días tan raros que estamos a vivir.

Adxúntovos dous arquivos: o calendario, que ten unha pequena proposta de actividades para realizar, e a recta numérica, por se a necesitades para facer alguha tarefa. 

Engado tamén a plantilla para que vaides completando o calendario do mes de abril, que serve tamén para os meses seguintes.

A GRÁFICA DO TEMPO

Adxunto a gráfica do tempo para que vaiades facendo un rexistro meterolóxico, ó igual que facíamos na escola.  

Non vos é imprescindible imprimir os documentos, podédelos facer vós na casa de forma manual como máis vos gusten.

Que é o coronavirus

VÍDEO EXPLICATIVO. QUE É O CORONAVIRUS?

Para comezar o traballo nesta época de confinamento nas nosas casas, e entender un pouquiño o porqué desta situación, déixovos un vídeo que explica moi ben en que consiste o Coronavirus.

 

 

Adxúntovos un pequeno documento descargable no que podedes aproveitar para traballar sobre el.

 

CONTO: O CORONAVIRUS NON É UN PRÍNCIPE (NIN UNHA PRINCESA)

Clicando na imaxe, accederes a un conto que nos achega de forma natural e sutil á realidade dos nosos días actualmente, tratando de entender e de normalizar a situación dentro do posible.

 

Coronavirus no es un príncipe

Distribuir contido

COVID-19

Iniciar sesión

Revista escolar

Eventos

« Xuño 2023 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930

Pais/Nais

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.