Escola de Lestedo

A VOLTAS COA MOTRICIDADE FINA

 Bo xoves, familia!

A motricidade fina é a habilidade motora que nos permite facer movementos precisos das mans e os dedos en coordinación coa vista. É complexa porque implica ter coñecemento, planificación, coordinación, forza muscular e sensibilidade.

Esta habilidade é imprescindible para realizar tarefas importantes na escola e tamén na vida diaria.

A motricidade fina empeza a desenrolarse dende o nacemento e durante toda a etapa infantil.

Hai moitas maneiras de potenciar e mellorar a motricidade fina. Entre elas están:

  • Debuxar
  • Recortar
  • Picar
  • Ensartar
  • Pegar e despegar adhesivos
  • Poñer tatuaxes de papel na pel
  • Colgar e descolgar roupa con pinzas
  • Modelar (plastelina, pasta de sal, arena, ...)
  • Rasgar, arrugar e plegar papeis
  • Pasar as páxinas dun libro ou revista
  • Enganchar e desenganchar clips
  • Meter moedas, botóns, clips, ... nunha hucha
  • Apilar bloques pequenos
  • Montar legos
  • Abotoar e desabotoar
  • Subir e baixar cremalleiras
  • Travasar líquidos cunha culler
  • ...

 

 A continuación podedes ver 2 vídeos con moitas ideas para traballar a motricidade fina na casa e ao mesmo tempo ter entretidos aos vosos fill@s.

 

 

 

DÍA DA TERRA

Bo mércores, familia!

Hoxe é o Día da Terra, conmemoración que intenta concienciarnos sobre a necesidade de protexer o planeta e intentar poñer mecanismos para resolver problemas ambientais como a contaminación, a sobrepoboación e a perda da biodiversidade.

Deixo aquí un conto para os peques que trata este tema:

 

Nos documentos adxuntos hai un conto en pdf, AQUELES MONSTROS ANCIÁNS QUE VIVEN BAIXO A TERRA, onde os protagonistas son os descompoñedores, animais fundamentais no proceso da compostaxe.

Recodade animar ao nen@ a que faga un debuxo do conto que máis lle agradou.

Baixo estas líneas tedes un enlace a un rebumbio de xogos cos animais como protagonistas. Son xogos moi sinxelos, orientados sobre todo aos nen@s do equipo verde.

 

A continuación ofrezo outro xogo de animais, un pouco máis complexo pero intuitivo, que traballa vocabulario en inglés.

VIAXANDO DENDE CASA

Boa tarde de martes,familia!

Con esta situación de confinamento non é posible viaxar, pero podemos utilizar a web para coñecer virtualmente outros lugares e averiguar a onde nos gustaría ir cando as circunstancias melloren.

Para empezar, aquí tedes un enlace que a través de varios xogos (coloreado, quebracabezas, diferencias, sombras, ...) se vos presentan lugares que a xente acostuma a visitar cando fai viaxes longas.

 

Algúns de vós xa tivéchedes a oportunidade algunha vez, de facer viaxes deste tipo. A proposta de hoxe é a seguinte:

Busca con axuda dun maior fotos dunha viaxe que recordedes, e explica nun debuxo, nun vídeo ou nun audio: cousas que  che agradaron, lugares ou atraccións, as comidas que probáchedes, o medio de transporte elexido, quen vos acompañou, anécdotas divertidas ou non tanto, ... calquera cousa que queirades reseñar.

Non é preciso que pensedes en viaxes fora da nosa comunidade. Hai milleiros de lugares en Galicia fermosísimos, que seguramente descoñecemos, e que baixo o voso punto de vista poden ser aínda máis atractivos. Animádevos a convertirvos en guías turísticos!!

 

Outro día ata poderemos usar algunha das vosas fotos para crear un quebracabezas online, dun xeito sinxelo. Ollade aquí algúns exemplos:

PARABÉNS, PARA TI !!

Bo luns, familia:

Antes de nada quero agradecervos a vosa colaboración e a dos vosos fill@s, para intentar convertir este día de confinamento nun momento máxico.

Xa sabedes que hoxe é un día especial, o voso compañeiro IAGO está de Aniversario e para celebralo andiven dándolle voltas á testa e case me queda do revés. Temos preparadas, especialmente para el, varias propostas.

A primeira proposta é a máis bonita, porque é a que vós lles fixestes con moito agarimo e esmero, e como xa é habitual na escola, tedes certa práctica. Só cambiou algo o formato e o lugar da entrega. Botádelle unha ollada a este Libro virtual a ver se recoñecedes algo:

 

As seguintes propostas son xogos online, pero adaptados ao día de hoxe é con recordos da escola. Espero que che agraden Iago e que tod@s pasedes un bo rato.

O xogo que tedes a continuación é un quebracabezas algo raro, que ten por obxectivo destapar unha imaxe agochada que hai debaixo e que vos levará ata un vídeo que coñecedes ben. Que vos axuden a ler o cartel do OK para que poidades iniciar o xogo.

 

 

No seguinte xogo tedes que xuntar cada palabra coa súa imaxe. Fíxadevos ben na vestimenta de Iago ou no que leva na man:

 

A continuación ven un xogo de memoria con cartas, hai imaxes que xa coñecedes do xogo anterior e algunha nova. Cada imaxe ten de parella unha palabra. A seguir practicando:

 

 

Os dous xogos que aparecen a continuación conteñen os vosos nomes ou apelidos. A ver quen ve o seu e recoñece o dos seus compañeir@s:

 

OH

DESCUBRINDO A LINGUA ESCRITA

Boa tarde de venres familia:

Como a fin de semana quere abrirse paso, e a lectura é unha actividade apasionante, vou centrar hoxe os meus esforzos en ofrecervos actividades lectoras enfocadas hacia os vosos cativ@s. 

Empezamos coas letras que máis se repiten e que os nen@s antes interiorizan. Ahí vai unha canción sobre as vogais:

 

Neste outro enlace teñen opción, os cativ@s que xa se iniciaron na lectura comprensiva, de reforzar e ler por si mesmos contos breves.

 

Baixo este párrafo tedes outra pequena Biblioteca para primeiros lectores con historias sobre igualdade de xénero:

 

A continuación vos propoño unha selección de xogos sobre lectoescritura. O primeiro é un “Memory de letras”:

Neste outro xogo hai que seleccionar a sílaba apropiada para completar palabras:

E xa por último este xogo que agrupa 4 actividades diferentes, leva anos no espazo case infinito da internet, e traballa tamén as vogais:

AS NOSAS QUERIDAS MASCOTAS

Bo xoves familia!

Hoxe teño que falarvos de algo que os nen@s dos equipos vermello e azul xa coñecen, as nosas mascotas da escola. E digo así porque levamos moitos anos coidando delas. Eu xa lles collín certo apego, aínda que na miña casa non pensen todos o mesmo.

O certo é que son unhas mascotas especiais, hai que coidalas como todas as mascotas, pero cunha vantaxe, pasan 9 meses sen dicir nin pío, e só temos que estar pendentes delas durante a primavera e, ás veces, un chisquiño no verán. 

Supoño que xa sabedes de quen falo:  AS EIRUGAS DE SEDA

 

Empecemos por algún vídeo informativo que nos explique un pouco o ciclo da súa vida:

 

 

Pero temos que ter claro que non é o mesmo un verme que unha eiruga. Os vermes son diferentes e nunca poderán convertirse en bolboretas. Este outro vídeo fala dos VERMES

Seguro que na vosa casa ou na casa dos avós tedes unha mascota; un can, un gato, uns pitiños, ... a quen  queredes moito e lle dades coidados. E se non, unha mascota de peluche coa que durmides ou xogades.  A miña proposta para hoxe é que mandedes un vídeo ou un audio explicando algo sobre a vosa mascota: como se chama, quen vola trouxo, onde soe estar, a que xogades con ela, ... o que vós queirades.

E si vos apetece máis, tamén podedes ver o conto de "La pequeña oruga glotona" e facer un debuxo del. Aquí vai o conto:

 

 

MANEXANDO A ATENCIÓN E A MEMORIA

Bo mércores familia!

Hoxe ándolle dando voltas a idea de recompilar xogos que usamos habitualmente na aula, tanto cando facemos xogos na PDI, en xogos grupais de mesa ou nos traballos individuais.

O primeiro que presento é un xogo de labirintos casero. Trátase de que o nen@, coa vosa axuda, constrúa un labirinto en 3D con material  sinxelo que podemos ter na casa.

NECESITAREMOS

  • Unha caixa mediana (de zapatos ou similar)
  • Unha cartolina ou folio para debuxar primeiro o noso labirinto.
  • Palliñas/cachiños de cartón/paus xeados ou rollos de papel hixíénico.
  • Pegamento ou cola blanca.
  • Unha bola tipo canica ou máis grande como de pimpón.

Podemos escoller entre estas 2 modalidades que atopei na internet:

 

Tamén tedes a opción de xogar a resolver labirintos no ordenador, usando a flechas do teclado. Botádelle unha olla a este xogo:

Este é un xogo de construir series con imaxes de gatos e cans, que vaise complicando conforme superamos os niveis de dificultade:

Outro xogo que lles gusta bastante aos nen@s é o de unir puntos, no que traballan o nome dos números e o orden en que se colocan. Aquí tedes un exemplo:

Aquí vai o derradeiro xogo por hoxe. Para min, o máis difícil.  Hai que completar un álbum de cromos de animais, colocando cada un no seu lugar, recordando a súa posición exacta respecto a un grupo de animais que aparecen simultaneamente. Ollo!, recordade premer a lupa, para acceder á pista que facilita:

Nos documentos adxuntos aparecen os Cadernos 2 de fichas, organizados por equipos, igual que a outra vez. Coido que vos sexan de utilidade.

A EDUCACIÓN VIAL E OS MEDIOS DE TRANSPORTE

Bo martes familia!

Na volta destas vacacións de Semana Santa tan raras, sen movernos da casa e con moito silencio fora dela, imos ir preparándonos para cando poidamos recuperar a saída a rúa.

Así que hoxe as miñas propostas teñen que ver cos Medios de Transporte e a Educación Vial. 

A continuación deixo un xogo lim sobre “Los Camiones” que utilizando esta temática traballa tamén a lectoescritura.

Para os amantes dos quebracabezas ahí vai un enlace para construir 4 medios de transporte diferentes podendo elexir o número de pezas coas que xogaremos.

 

No seguinte enlace tedes unha morea de xogos online que traballan a Educación Vial para nen@s pequenos con distintos niveis de dificultade.

 

A continuación podedes acceder a un par de vídeos que falan da seguridade do nen@s cando son conductores de vehículos e tamén cando viaxan como pasaxeiros.

 

 

ACTIVIDADES CON PASTA DE SAL

A pasta de sal pode ser un recurso moi atractivo para os pequech@s, ademáis de que resulta moi doada de elaborar e conservar varios días na nevera. Aquí tedes un pequeno vídeo para que vexades como se fai.

Unha vez feita podedes usar moldes de galletas, xoguetes e casi calquera utensilios que teñades por casa (tapas de rotus, herbas, tapóns, pezas de legos, pastas, ...) para facer distintos diseños. E por suposto, se pode pintar mentres se fai a masa ou despois, cando xa estea seca.

Poden tamén cubrir as figuras con sementes, pedriñas, conchas, botóns, ... e o que se vos ocurra. 

CURTAMETRAXES SOBRE VALORES

Hai moitas curtametraxes coas que se poden traballar valores con nen@s pequechos. Déixovos algunhas que atopei:

 


Estas curtametraxes poden servir para iniciar cos vosos fill@s unha conversa sobre o tema que tratan. E igual que facemos cos contos, a continuación poden facer un debuxo sobre o mesmo, onde apareza o título (incluso a súa traducción ao español), algúns personaxes debuxados e co seu nome e o lugar onde sucede a escena do debuxo con todos os elementos que sexan capaces de debuxar.  

OVOS DE PASCUA

Bo venres familia!

Andiven buscando maneiras diferentes de confeccionar ovos de Pascua con materiais que poidades ter na casa. Mirade a ver si algunha destas ideas vos pode ir ben. 

 

 

 

Incluso podedes confeccionar guirnaldas para decorar a casa ou as ventás:

PLASTICMONSTERS LESTEDO

Fai unhas semanas iniciamos en todas as escolas do CRA unha proposta medioambiental para tratar de concienciar ao alumnado sobre a necesidade de reducir o consumo de plástico dun só uso.

 

Iba ser unha actividade semanal, similar á das mochilas viaxeiras, pero as circunstancias, como xa sabemos tod@s, cambiaron.

 

Sabedes que na escola estamos traballando sobre as 5R da reciclaxe, o cambio climático e as posibles solucións a este problema mundial.

 

Por elo dende a Biblioteca, pedimos a vosa colaboración para realizar unha actividade de concienciación sobre o abandono de residuos plásticos na contorna natural.

 

A idea xorde dunha campaña global de Greenpeace “no alimentes al monstruo de plástico”, dirixida contra Nestle e outros grandes productores de envases.

 

Greenpeace propón que os usuari@s creen os seus propios monstruos de plástico en Instagram para xerar un zumbido que presione aos líderes corporativos para que reduzan os envases de plástico dun só uso no mercado.

 

Dende o CRA queremos sumarnos a esta iniciativa coa vosa colaboración.

Para elo que tes que facer?:

  • Busca en internet unha foto dun residuo plástico abandoado ou usa un residuo plástico da túa casa. 
  • Convírteo nun monstro (manualmente ou dixitalmente ou imprimindo e logo transformándoo manualmente)
  • Ponlle un nome.
  • Escribe cales son os seus terribles poderes.
  • Manda unha foto do teu Plasticmonster.

 

Moitas grazas pola vosa colaboración e animádevos a facelo!!!

Se queredes profundizar na orixe desta proposta, pinchade nos seguintes enlaces:

https://es.greenpeace.org/es/noticias/llevamos-el-monstruo-de-plastico-hasta-su-origen-la-sede-de-nestle/

 

 https://www.greenpeace.org/international/story/21822/plastic-monsters-from-around-the-world-return-home-to-nestle/

 

No documento adxunto podedes ver unha idea máis aproximada da proposta, ahí tedes algúns exemplos.

EXPERIMENTANDO CON XOGUETES DIVERTIDOS

Bo mércores familia!

Recordando unha das prospostas que sairon onte no grupo, hoxe voume centrar na confección de xoguetes divertidos e nalgúns experimentos chulis con materiais que poidamos ter por casa.

Ahí vai o primeiro, un “cohete impulsado a pulmón”.  So precisades unha lá, unha palliña, un globo e celo ou similar.

 

 

Este outro xoguete está na mesma web, onde se explica como facer un "coche a propulsión" e sen pilas. Tamén necesitades poucas cousas, so o que estades a ver:

 

 

Seguindo con globos, hai unha maneira moi sinxela para conseguir "globos que se elevan", sen usar helio, e mesmo facer un volcán. So precisaremos un pouco de vinagre e bicarbonato sódico. Neste enlace, unha nena vos explica que sudece cando facemos esta mestura. O vídeo está en catalán, pero se entende ben, se prestades atención.

 

 

Cun pouquiño de leite, acuarelas e lavalouzas, podemos facer obras de arte mentres xogamos e pasamos un rato divertido. Ollade este vídeo e veredes que sinxelo é:

 

 

Esta é outra manualidade sinxela para facer cadros de arte infantil. Necesitades cachiños de papel de seda, que os nen@s cortan previamente coa man, cartolina ou un folio pegado nun cartón e auga. Esta actividade recordo que xa a fixeron os nen@s algún ano coa axuda da teacher Puri nas clases de Art. Aquí tedes un vídeo explicativo:

OS DÍAS DA SEMANA

Bo martes familia!

Hoxe quero poñervos a canción coa que empezamos a quentar motores na escola, unha vez que averiguamos quen é o encargado do día e remata de saudar a cada un dos seus compañeir@s.

 

E como xa tod@s coñecen moi ben a canción que acabades de escoitar, a miña proposta para hoxe é que miren, aprendan e bailen esta outra, que trata o mesmo tema. Cando xa vos teñan toleado moito con ela, facédelle un vÍdeo ou un audio e ma facedes chegar. A ver quen se atreve!!

No documento adxunto poderedes atopar uns modelos para que poidan confeccionar na casa os seus propios carteis dos días da semana.

E hai un conto que os profes usamos moito para traballar os días da semana. Ahí o tedes:

Ademáis, con este libro podemos traballar as cores , os números do 1 ao 7 e a moralexa: a importancia de coñecer o todo fronte as partes para facernos unha idea máis axeitada e real dunha situación, e a importancia do traballo nun equipo ben coordinado.

E para rematar hoxe, aquí tedes un enlace para facer un quebracabezas dun ELEFANTE:

 

E se vos axudan un pouco e fedellades no lado superior esquerdo desta web, teredes a opción de modificar o número de pezas, autoresolvelo e ata facer un montón de quebracabezas máis con fotografías doutros animais e outras temáticas. Un oasis para os amantes dos quebracabezas!

ENFRASCADOS NA LECTOESCRITURA

Bo comenzo de semana familia!

Hoxe vou centrarme no tema da lectoescritura. Primeiro quería deixarvos un enlace cun xogo para os equipos verde e vermello, que traballa as vogais. Tedes a opción, se queredes, de seguir seleccionando máis xogos sobre vogais nesa mesma páxina, máis abaixo.

 

 

A continuación propoño xogos con consoantes para os equipos azul e vermello.

 

 

 

E finalmente para os que xa len e teñen certa comprensión lectora, vai un enlace cun conto para lectura online.

 

 

Nos documentos adxuntos tedes un xogo de mesa, similar á OCA, para traballar o abecedario, e a asociación de cada letra co seu sonido. O xogo necesita 1 dado e  soamente 1 ficha por xogador. O xogo consiste en tirar o dado, mover a ficha e dicir 1 palabra que empeze (ou que conteña esa letra) pola letra na que está a ficha. Hai un xogo para letras maiúsculas e outro para minúsculas. Xa me contaredes se vos gusta.

 

E aproveitando que na madrugada do sábado tivemos que adiantar a hora, para incorporarnos ao horario de verán, tamén vos deixo un pdf cunha manualidade para facer un reloxo sinxelo, e un xogo online, para entender que significa nun reloxo analóxico e mesmo dixital, iso da “hora en punto”.

  

 

 

DÍA INTERNACIONAL DO TEATRO

Hoxe, 27 de marzo, celébrase o Día do Teatro, e desde os equipos de Dinamización da Lingua Galega e de Biblioteca queremos facervos a seguinte proposta.

Achegamos un documento adxunto co texto “As pitas baixo a choiva” de Ricardo Carvalho Calero, autor homenaxeado este ano polo Día das Letras Galegas. Este conto relata unha vivenza do autor de cando era pequeno.

A proposta que vos facemos, é que leades o conto aos vos@s fill@s e que logo fagan un pequeno teatro de monicreques  da parte do texto onde Ricardo vai salvar ás pitas da choiva.

Tedes outro arquivo anexo coas siluetas e as instruccións de  montaxe da nosa proposta con imaxes de artistas galegos.

Obras seleccionadas para os monicreques:

1.- “A feiranta” Luís Seoane (avoa)

2.- “Florisel” Laxeiro (Ricardo)

3.- Peza de Sargadelos (galo)

4.- Peza de Sargadelos (galiñas)

 

 Agardamos que vos guste o conto e que disfrutedes representándoo.

AS FIGURAS XEOMÉTRICAS

Bo venres familia!

Na escola, este curso, empezamos a traballar cun xogo de mesa chino moi antigo, que está adquirindo certo interés educativo: o TANGRAM.

Consiste en formar siluetas de figuras (hai infinidade delas como letras, números, animais, utensilios, vehículos, ...) con 7 pezas, normalmente de madeira, sen solapalas. Estas pezas teñen distintas formas: 5 triángulos, 1 cadrado e 1 un paralegramo ou romboide.

Con este xogo traballamos moitos aspectos: figuras xeométricas, orientación espacial, coordinación óculo-man, motricidade fina, memoria visual, atención, reflexión, paciencia, perseverancia, ...

Aquí tedes un enlace para o xogo, que tamén está disponible online, aínda que a estas idades sempre é mellor poder manipulalo fisicamente.

 

 

 E seguindo co tema das figuras xeométricas, recordei un conto moi fermoso e sinxelo, que nos fala da importancia de adaptar os entornos para facer máis accesible o mundo ás personas con necesidades diferentes. Titúlase: "Por cuatro esquinitas de nada"

Se botades unha ollada, veredes que hai infinidade de aplicacións relacionadas coas figuras xeométricas. Para non saturarvos moito, déixovos un xogo online, que está dentro dunha web con multitude de recursos educativos. Ao meu xuicio, resulta unha web moi interesante porque ofrece moitísimos recursos, de calidade, moi ben organizados e accesibles.

 

 

COIDANDO DO NOSO ENTORNO

Ola familia!

Hoxe me gustaría  seguir traballando a concienciación sobre o coidado do noso entorno. Para elo ofrezo aos vosos fill@s varias opcións: un par de vídeos sobre a reciclaxe, un xogo online, dous contos cos Bolechas como protagonistas e unha ficha de reforzo sobre conceptos que xa coñecen.

 

 Pinchade no enlace de abaixo para ver o seguinte vídeo:

http://www.cadernoverde.gal/compostando/

 

 E aquí ven un xogo para aprender a botar o lixo ao seu contedor. Premede na imaxe para entrar nel:

 

 

 

XOGOS MANIPULATIVOS DE LÓXICA-MATEMÁTICA

Bo mércores familia!

Hoxe quero deixarvos nos adxuntos, material manipulativo para traballar os números. Este material ten dúas finalidades básicas: que recorden a posición que ocupa cada número na serie númerica (por exemplo, que saiban que o  nº4 está entre o nº3 e o nº5, e nombren o número que vai antes e o que vai despóis) e que asocien cada número coa súa cantidade.

Casi todos os nen@s coñecen este xogos, porque están na escola e traballamos con eles. Son para imprimir, pero non vós agobiedes, que hai moreas de material similar na web con obxectos que seguro tedes a maioría por casa. Botade unha ollada aos exemplos de máis abaixo.

 

 

Se vós fixades no nome de cada adxunto, teñen especificado para que idade (me refiro aos equipos) están recomendados.

MANUALIDADES CASERAS

MANUALIDADES CASERAS

Bo martes familia!

Enlazando coa proposta que surdiu onte no grupo da escola, déixovos por aquí unha MANUALIDADE DE COSIDO que podedes facer cos vosos peques na casa.

Necesitaredes: 

  1. Debuxos en papel ou siluetas
  2. Cartolina,  cartón ou goma eva ou similar
  3. Taladradora de papel ou un clavo ou tornillo groso para facer os buratos
  4. Cordóns de zapato ou lana que nos extremos teña un cachiño de celo

Os debuxos pódense pintar previamente e logo picar ou recortar. Logo péganos na superficie máis grosa (cartolina, cartón ou goma eva). A continuación faremos os buratos ao redor da silueta. E por último eles pasan o cordón ou a lana as veces que queiran.

Nos adxuntos tedes 5 debuxos de animais por se queredes botar man deles.

 

E xa que seguimos confinad@s nas casas, ahí vai un aparello para ver cousas ao lonxe. Son uns PRISMÁTICOS, moi sinxelos de construir e podedes decoralos como queirades e xogar horas con eles.

 

Debaixo tedes o enlace da páxina onde se explica como facer estes prismáticos, por si o precisades.

https://buggyandbuddy.com/going-bear-hunt-map-activity/

CHEGOU A PRIMAVERA

Boa semana familia!

Como xa saberes o venres pasado, 20 de marzo, entramos nas primavera e tivo lugar o equinocio de primavera, é dicir, momento do ano en que o día (as horas de luz solar) e a noite teñen aproximadamente a mesma duración.

Na escola, aproveitamos esta data, para recordar o nome das 4 estacións que temos, que cada unha dura 3 meses e os nomes ordenados dos meses do ano.

Aquí tedes un video que, ás veces vemos na escola, sobre os meses do ano.

 

 Tamén recordamos que pasa na natureza que temos ao noso redor durante esta estación: as árbores de folla caduca empezan a botar follas e/ou flores, os padros se inundan tamén de plantas e flores novas, algúns animais saen da súa hibernación e todos comenzan a preparar as súas casiñas para atender ás crías que pronto nacerán.

Déixovos unha manualidade moi sinxela e que penso que lles vai gustar aos nen@s relacionada coa primavera.

 

 

Como vedes, se trata de pintar con pintura de dedos, témperas ou acuarelas usando bastoncillos. Déixovos 3 arquivos en pdf por si tedes impresora e os queredes imprimir. Se supón, que o voso fillo escolle 1, o que máis lle guste, entre os 3 que ofrezo. Se non, podedes usar calquera debuxo e pintar sobre el.

A AULA NA CASA

CONSELLOS PARA O CADERNO

 

Nos documentos adxuntos tedes 30 fichas seleccionadas para o teu fill@, que teñen por finalidade reforzar e afianzar os obxetivos acadados ata agora. A continuación detallo unha serie de consellos que poden ser útiles para a realización destas tarefas:

 

1º.- Ofrece estas actividades no posible, durante as primeiras horas da mañá ou despois da siesta. O teu fillo/a estará máis despexado e atento e tamén menos canso.

2º.- Non é recomendable  que faga máis de 2 fichas por día. Entre unha e outra debe haber polo menos, 2 horas de separación.

3º.- Presta atención á postura do teu fillo/a na cadeira, á forma de coller o lapis ou o rotulador e a posición da outra man.

 4º.- Agrupa as fichas cunha grampa, encuadernador ou algún sistema que lle permita  ter un caderno para poder pasar as páxinas e buscar a folla que vai a realizar nese intre. 

5º.-Ofrécelle a actividade seguindo o orden en que están no documento de descarga (foime imposible paxinalas; para a próxima). Siguen un orden pedagóxico.

6º.- Cada ficha vai acompañada dunhas instruccións precisas e ordenadas que deberían seguir.

7º.- Algunhas fichas falan de adhesivos ou gomets, que constitúen unha estratexia lúdica máis para mellorar a motricidade fina, a coordinación óculo-manual, ... Se tedes gomets na casa podedes usalos ou que escriban eles ou o que se vos ocurra.

8º.- Si o teu fill@ xa ten unha lectura comprensiva, anímao a que lea as instruccións da ficha e che explique o que entendeu. Así seguirá avanzando na lectura e comprensión de textos.

9º.- Sempre que poidas permite que o teu fillo/a utilice diferentes materiais: lapis, rotuladores grosos ou finos, ceras duras (tipo plastidecor), lápices de cores, acuarelas, pintura de dedos, ...

10º.- Procura que teña a súa disposición todos os materiais que vai  precisar  en cada momento, incluídos: borrador, pegamento, tesoiras, punzón, almohadiña, ...

11º.- Naquelas fichas onde se pide que resiga unhas liñas discontinuas, números ou letras, é moi importante que o faga seguindo a dirección correcta tal e como sinalan as frechas ou o punto. Non esquezas que estos trazos constituen a base da súa futura escritura.

12º.- Cada ficha debe rematarse poñendo ou resiguindo (en maiúsculas grandes para que lles sexa máis doado) o seu nome

13º.- Conserva este caderno cando o remate, para logo levar á escola e facer unha posta en común. Deste xeito o teu fillo/a porá máis interese en realizalos correctamente e ó mesmo 

A AULA NA CASA

 

  

 RECORDANDO O DÍA DOS PAPIS

Bo día familia!

Como onte foi o “Día dos papis” aproveito para buscar un conto relacionado. Ahí vos vai este, un pouco singular.

 

Despóis de que vexades esta historia, a miña proposta sería:

Facerlle preguntas sobre o conto, que vós diga que foi o que máis lle gustou, recordar os personaxes e os lugares que aparecen nel,  buscar onde aparece o título, os escritor, o ilustrador e, neste caso tamén, a persoa que o conta.

A continuación animade ao nen@ a que faga un debuxo do mesmo e axudádelle a que sexa o máis completo posible: que copien ou resigan en maíusculas o título, que debuxen os personaxes, obxectos que aparecen no lugar, e incluso poñer os nomes do que dibuxan ou poñelos vós coa axuda deles.

 

 Na escola, cando facemos esto, primeiro debuxan con lapis e logo colorean e lles axudamos a completalo ou interpretalo.

 

 

 

 

Mércores, 18 de marzo de 2020

 

APRENDENDO SOBRE A RÚA

 

 

 

Bos días familia!

Acabo de preparar un paquetiño de 8 fichas de reforzo para cada un dos equipos. Como na aula estabamos traballando o tema de A RÚA (cidades, vilas e aldeas) tamén lles poño uns vídeos relacionados. 

 

https://www.educalim.com/biblioteca/index.php?q=Que+pasa+en+la+calle&x=0&y=0

Se pinchades no enlace de arriba, apareceravos a Biblioteca da web EducaLim. Tedes que pinchar no título "QUÉ PASA EN LA CALLE?" para acceder ao xogo educativo.

 

 

 

 

Luns, 16 de marzo de 2020

 

 QUE É ISO DO CORONAVIRUS?

 

Ola familias!

Espero que esteades tod@s ben nesta nova situación á que nos enfrentamos.

Vouvos pasar por aquí algunhas das fichas que preparei para os vosos pequech@s, así poderán seguir, en certa medida, coa rutina da aula. Están organizadas por niveles educativos: 4º (3 anos), 5º (4 anos) e 6º (5 anos) ou o que os vosos fill@s entenden mellor:

Equipo verde: 3 anos

Equipo vermello: 4 anos

Equipo azul: 5 anos

Ahí van as fichas que elaborei sobre o Coronavirus, son 3. Estaría ben que primeiro os nen@s poidan ver o vídeo que vós pasei polo grupo de whatsapp e o conto que aparece nesta web. O ideal sería que imprimades as fichas e os nen@s teñan ao seu alcance, no momento de facela,  todo o material funxible que necesiten para cada unha de elas. Dádelle 2 fichas pola mañán (como moito, e con 2 horas de separación, a lo menos) e 1 pola tarde.

Saudiños da profe Rosa.

Distribuir contido

PROGRAMACIÓN DO 3º TRIMESTRE

Iniciar sesión

Revista escolar

Eventos

« Xullo 2020 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Pais/Nais

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.