Audición e linguaxe

PRACTICANDO O R MÚLTIPLE (FORTE)

Continuamos cun vídeo para practicar o fonema r múltiple da man de Eugenia Romero que consta de dúas partes: unha primeira, de exercicios de onomatopeias e de repetición de sílabas, logotomas, palabras e frases; e unha segunda de xogos, onde o neno/a ten que indicar se a imaxe leva ou non o fonema r, completar frases con palabras con r e escoller entre dúas imaxes aquela que teña r. Facede clic na imaxe para acceder ó vídeo.

fonema r eugenia romero

BUSCA O INTRUSO

Busca o intruso é un xogo de Eugenia Romero para traballar a categorización semántica de palabras, sí como a atención e a concentración, onde os nenos/as deberán adiviñar cal é  a imaxe que ten que ver coa pista que nos dá a autora. Fai clic na imaxe para acceder ó mesmo.

busca o intruso

DISCRIMINANDO O R FORTE DO SUAVE

Esta vez imos continuar coa discriminación do fonema r vibrante simple e múltiple. Para elo empregaremos un material do blog ABClogopedia onde os alumnos/as terán que, tras recortar as imaxes, clasificalas segundo soen forte ou suave. No arquivo adxunto podedes descargar o taboleiro de clasificación coas imaxes. A ver quen as acerta todas!!!

discriminando r  e rr

discriminado r e rr 2

 

SOPAS DE LETRAS

Hoxe comezamos cunha serie de sopas de letras que nos implican o uso da memoria, da atención e do razoamento, axudándonos a manter activo ese cerebro. Déixeivos dous arquivos, con dous niveis de dificultade, para descargar.

sopas de letras

 

sopas de letras 2

                     fonte: recursosep

sopas de letras 3

                   fonte: bosquedefantasías

 

CIRCUITOS LEGO DE SOPRO

Seguimos con algunhas ideas divertidas para traballar o sopro neses nenos/as que presentan unha respiración máis ben bucal. Tal é como vos dixen en publicacións anteriores é necesario seguir unha serie de pasos: coller sempre o aire polo nariz, retelo durante uns segundos e expulsalo pola boca. Aproveitando cas pezas de construcións son algo que soe haber en case todos os fogares optei, esta vez, por elaborar co neno/a un pequeno circuito  con elas para logo ir desprazando unha bola de papel (ou algunha bola que teñamos que pese pouco do  tipo poliespan) cunha palliña. Déixovos algunhas fotos a modo de exemplo.

circuito lego sopro

                  Fonte: elsonidodelahierbaalcrecer

circuito de sopro 2

                                    fonte: blogmemom

QUE LETRA SOBRA

Hoxe imos continuar cun xogo de conciencia fonolóxica, do blog aulapt, dirixido ós alumnos/as de primaria no que deberán adiviñar que letra sobra dunha palabra, pero cunha dificultade: as letras non están ordenadas. Para xogar, faremos clic na imaxe e logo en iniciar presentación. Para ir pasando as páxinas usaremos as frechas que aparecen no menú inferior ou as frechas do teclado. Veña superdetectives de letras!!!

que letra sobra

DISCRIMINANDO OS FONEMAS S E Z

Dándolle un pouco máis de uso á aplicación learningapp, hoxe creei un xogo para traballar a discriminación dos fonemas s e z. Para elo precisei das fermosas imaxes da ferramenta CANVA. O xogo é moi sinxelo: iranse mostrando imaxes co alumno/a deberá arrastrar cara o son polo que comece. Ao finalizar darémoslle ó icono que ten un tick como de ok para ver se  o fixemos correctamente. Se non fose así, aparecerían marcadas de vermello aquelas imaxes que é necesario recolocar. Así que animádevos a xogar un ratiño facendo clic na imaxe.

discriminando s e z

MANDALAS

As mandalas son representacións simbólicas espitiruais e rituais do macrocosmos e o microcosmos, empregadas no budismo e o hinduismo. Dentro das múltiples técnicas de relaxación orientais, está a de pintar mandalas. Esta técnica non require de ningunha disciplina expresa, xa que quen pinta segue os seus propios gustos estéticos e imaxinativos. Trátase dunha actividade que desenvolve a paciencia, exercita a concentración, fortalece a creatividade, aporta serenidade e contribúe a xestionar situacións de ansiedade. Así que busquei pola rede en diferentes páxinas algúns exemplos para imprimir e poder aportar algo de relaxación estos días. Facede clic nos arquivos adxuntos para descargar as vosas mandalas.

mandala camaleon

 

BOTELLAS COMESÍLABAS

Para esta actividade imos precisar catro botellas de plástico, ás que lle faremos unha boca e que decoraremos con ollos que podemos debuxar. En cada botella poremos un número como figura na imaxe. Non ten porque ser de gomaeva, podemos sinxelamente escribilo. Tamén necesitaremos as imaxes que vos deixei no arquivo adxunto, que previamente pintaremos e recortaremos. A dinámica é a seguinte: colleremos unha imaxe, contaremos cantas sílabas ten con palmas e  darémoslla de comer á botella que teña o número correspondente. Moito coidado que morden!!!

botellas comesílabas

botellas comesilabas 2

Fonte: CRA de Culleredo

 

MEMORIZANDO OBXECTOS

Hoxe imos comezar cun xogo moi sinxelo que nos ofrece moitas posibilidades para reforzar a memoria. Colocamos enriba dunha mesa unha serie de obxectos (xoguetes, cousas da casa...) e tapámolos cunha tea grande. Comezaríamos con 7-8 obxectos e, en función de como vaian resolvendo, podemos ir incrementando o número. Destapamos os obxectos e deixamos cos observen un rato. Dependendo da dificultade que queiramos o tempo será maior ou menor. Logo volvémolos tapar e poderemos facer dúas cousas:

1º opción: pedirlle que nos digan todos os obxectos que hai debaixo da tea.

2º opción: quitar un obxecto, sen que o vexan, volver a mostrar os obxectos e que adiviñen cal falta.

memoria con obxectos

Fonte: entrefamilias

COMEZANDO POLAS....VOGAIS

Continuando co reforzo da conciencia fonolóxica, tráiovos un xogo do blog prohibidononfalar que se centra nas vogais ó inicio de palabra. Os nenos/as deberán identificar as imaxes que comecen polo son que se lle indica, que sempre será vocálico. Se facedes clic no arquivo adxunto poderedes descargar as plantillas.

voga a

voal e e i

vogal o e u

 

PALABRIÑAS

Hoxe, para axudar a reforzar esa lectoescritura en minúsculas e máis a comprensión, atopei na páxina de juegosarcoiris  un xogo chamado "Palabriñas" no que os nenos/as terán que ler palabras  globalmente, compoñer palabras a partir dun grupo de letras dadas e buscar a frase que teña que ver coa imaxe que se mostra. Fai clic na imaxe e poderedes acceder ao xogo.

palabriñas

MEMORY FONEMA S

A semana pasada descubrín unha ferramenta online estupendísima (grazas á A.L. do CRA de Bergondo) que se chama learningapp  que ten numerosas plantillas para montar diferentes actividades. Andiven a fedellar un pouco e preparei para hoxe un memory online para traballar o fonema s. Os nenos/as teñen que ir facendo facendo parellas ao mesmo tempo que enuncian o nome das imaxes que van tocando. Facede clic na imaxe e a xogar.

memory fonema s

MARCAPÁXINAS MONSTRUOSOS

Neste días que temos máis tempo para a lectura, a profe Patri pensou que sería unha boa idea facer uns monstruosos marcapáxinas. Despois de buscar distintas alternativas, atopou na páxina de pequeocio uns bastante divertidos. O ideal e facelos e cartolina pero en papel tamén serán unha boa opción. Na segunda foto podedes ver como é o proceso de montaxe. Tamén vos deixo un arquivo adxunto coa plantilla para a cabeza, os ollos e os dentes.

marcapaxinas

proceso marca paxinas

RIMA QUE TE RIMA

A especialista de A.L. do CRA de Bergondo elaborou un estupendísimo xogo coa aplicación learningapps para traballar as palabras que rematan igual. Nel os alumnos/as teñen que arrastrar as imaxes para xuntalas con aquelas que riman. Probamos a ver que tal se nos dá? Fai clic na imaxe para acceder ó xogo.

xogo de rimas

TRABALLANDO ONLINE A LINGUAXE ORAL

O equipo Comunicarnos elaborou unha proposta de actividades para facer en familia para o desenvolvemento das habilidades lingüísticas. A través do programa Genially colgan regularmente tarefas por niveis: infantil, 1º ciclo e 2ºe 3º ciclo. Todas son actividades online de diferentes autores/as e páxinas web para traballar na casa a linguaxe oral. Fai clic na imaxe para acceder as actividades.

comunicarnos

RIMAS EN MOVEMENTO

Hoxe imos comezar estimulando a linguaxe cunhas rimas en  movemento de Tamara Chubarovsky que levan por título Rompompóm e Pic e Puc.

rima con movemento

rimas con movemento 2

TRABALLANDO A MOTRICIDADE FINA

Imos cunhas sinxelas ideas, que estivo a profe Eva a buscar pola rede, para reforzar a motricidade fina e mellorar o agarre desos dedos e, ó mesmo tempo, traballar outros conceptos como cores, seriacións, concentración...A practicar!!!!

pinzas e pompons

gomas portarrollos

pinchos de cores

TRES EN RAIA CASEIRO

Un xogo que nos axuda a mellorala concentración, o razoamento, a dedución e a predición é o clásico xogo do tres en raia.  A enorme vantaxe que ten é que non necesitamos case nada para poder crear un dende cero. Así que a profe Patri surfeou polas redes e atopou algúns modelos, en diferentes blogs, que podemos facer na casa empregando dende elementos naturais, pasando por material de reciclaxe ata coas propias pezas lego. Así poderedes escoller aquel que mellor se adapte ó material que teñades pola casa. E despois deste traballo de creación toca XOGAR!!!!

tres en raia

tres en raia pedras

tres en raia tapons

tres en raia pezas lego

tres en raia legos 2

tres en raia tapons 2

XOGO DO STOP

Para disfrutar un pouco en familia, hoxe traemos o xogo do STOP do blog AyL_recursos. E como xe xoga? Cada neno/a e adulto terá unha plantilla como a que figura na imaxe con diferentes categorías: cousa, animal, comida ou xoguete. Escollerase unha letra do alfabeto e haberá que pensar unha palabra de cada categoría que comece pola mesma. O primeiro/a en completar todas as columnas grita STOP! e os/as demais xa non poden continuar. Contamos cantas palabras temos e ó final da partida gaña quen teña máis puntos. Ánimo!!!

xogo do stop

 

EMERXENCIA CLIMÁTICA

Nestes días, nos medios de comunicación, fálase moito do impacto positivo que está a ter o confinamento na natureza. A NASA informou dun descenso moi importante nos gases de efecto invernadoiro que repercutiu na ecoloxía de forma significativa. E isto invita a reflexión para que, unha vez superada esta situación, se comece a facer un uso máis responsable dos ecosistemas. A natureza está a disfrutar dun respiro que podemos intentar alongar no tempo con moitas accións que están na nosa man.

O fotógrafo Paul Nicklen leva máis de dúas décadas capturando imaxes do Ártico e da Antártida mostrándonos un mundo remoto, inmensamente fermoso pero tamén moi fráxil, que recolle no seu libro Polar Obsession. Así que déixovos aquí un enlace á web do National Geographic para que vos maravilledes con algunhas das súas instantáneas.

Tamén vos poño o enlace a unha serie de capturas doutros fotógrafos que recollen o impacto negativo que ten a contaminación no mundo animal.

Facede clic nas imaxes e botádelle unha ollada ás Galerías. Nos vos deixará indiferentes. O cambio está na vosa man. Así que se vos apetece, podemos facer un listado con todas esas pequenas ou grandes cousas que podemos facer, dende a casa ou dende o cole, para coidar do noso planeta. Adxúntovos un arquivo coa plantilla.polar obsesioncontaminación

 

MÁQUINA PARA SUMAR

Dende a aula de P.T. retomamos as matemáticas e seguimos reforzando o conteo e a suma e, para elo, decidimos crear unha máquina de sumas caseira. Cunha caixa e un par de rolos de papel hixiénico xa temos para a estrutura  e despois, cuns envases de iogur, medio tetrabrick e tapóns de dúas cores xa temos para o conteo. Agora só queda escribir os números en papeliños e poñernos a practicar. A ver quen é o máis rápido/a!!!

maquina de sumas

        Fonte: imagenescreativas2

SOPRANDO VELEIROS

Dado que algúns dos alumnos/as do CRA son respiradores bucais, algunhas veces, dende o Taller de Estimulación da Linguaxe Oral, traballamos o sopro, facendo moito fincapé en co neno/a tome o aire polo nariz e o bote pola boca á hora de soprar. Déixovos unha imaxe do blog método al revés que resume moi ben os pasos a seguir para realizar unha correcta respiración. Para practicar existen infinidade de xogos pero hoxe ímolo facer cun xogo, que me suxeriu a profe Mónica do instagram @okulcukk, que é moi divertido. Así que ide sacando o caixón da neveira ou un barreño no seu defecto que imos comezar. Para esta actividade precisaremos uns tapóns de botella, uns palillos, un pouco de plastilina e uns triángulos de papel para facer os veleiros e tamén unha palliña. Fai clic na imaxe dos barcos para acceder ao vídeo.

patron respiración

                   1º coller aire polo nariz

                   2º retémolo aire uns segundos

                   3º botámolo aire pola boca soprando.

xogo sopro barcos

 

TEATRO DE SOMBRAS CON CHIBOS CHIBÓNS

A profe Patri trouxonos hoxe unha versión caseira do conto Chibos Chibóns da editorial Kalandraka en formato teatro de sombras. A disfrutalo!!

teatro de sombras
          Fonte: Canle de youtube: Contos e Retrincos

REPARTINDO LEDICIA

Onte, surfeando polo instagram atopei nas publicacións de @mochila_de_ideas unha actividade moi entrañable que non deixará indiferente a ninguén. Nestes días de confinamento, a veces, os ánimos decaen e ver o lado positivo da situación faise complexo pero, a verdade, é que se neses momentos alguén te anima e te apoia coas súas palabras pois é como se recibises un plus de vitaminas e o corazón dalgunha forma se enche de positividade. Así que vouvos propoñer que nos convirtamos nas vitaminas de ledicia para estos días e, como? Pois a través das palabras. E de que forma? Cun collage. A idea é que nos nenos/as recorten palabras de xornais, revistas, catálogos...que lles gusten tanto polo seu significado como polo seu diseño e con elas poderán facer unha das seguintes opcións:

OPCIÓN 1: Escoller unha palabra positiva (por ex: fortaleza, victoria, ánimo...) e escribila nun folio e recheala con todas aquelas palabras que lles gusten.

collage animo

 

OPCIÓN 2: Facer un collage con todas aquelas palabras que lles gusten coa forma que queiran.

collage animos 2

 

OPCIÓN 3: Compoñer mensaxes positivos de ánimo para o resto dos nenos/as do colexio combinando palabras escritas e palabras recortadas.

collage animos 3

Se queredes podedes envialas ao whatsapp da escola que seguro que aledarán a máis dun ou dunha e así tamén poderémolas publicar na web para darlle máis difusión e que cheguen a máis persoas. Grazas pola vosa enorme colaboración.

REMATANDO FRASES

Hoxe imos comezar cun xogo para traballar o razoamento verbal cos máis pequenos/as que se chama: Xogamos a rematar frases, da autora Eugenia Romero. Trátase dunha serie de imaxes que se irán mostrando e sobre as cales se enunciará unha frase á que lle falta unha palabra, que deberemos averiguar. Neste nivel danse dúas opcións para que sexa máis sinxelo completalas. Fai clic na imaxe para acceder á presentación.

completamos frases

 

MOVENDO AS MANS

Dende a aula de P.T. fíxose unha recopilación de actividades pola rede para traballar a motricidade fina que poidan axudarvos a ter algo entretidos a eses pequenos/as nestes días. Ahí van algunhas ideas.

1)Lanzar avións. Dependedo do buraco polo que entren gañamos máis ou menos puntos. E só precisamos unha folla de papel de periódico e un folio para o avión.

2)Encestar aros que podemos facer con pratos de papel e o rolo do papel de cociña.

3)Trasvase de globos empregando rolos do papel de cociña. Facer carreiras polo corredor serán risas garantidas.

4)Recortado con tesoiras pegando na punta un balón. A idea é crear plantillas con camiños en papeis que teñamos pola casa cunha portería e ir recortando sen sairnos.

tiro de avion

plantilla tiro de avion

 

encestar aros

 

trasladar globos

Recortando

 

CAIXA SENSORIAL

A profe Patri ocorréuselle que estos días podíamos montar unhas caixa sensoriais para os nenos/as pois axudan a traballar a motricidade fina, a explorar o sentido do tacto xogando  e favorecen a relaxación. Así que púxose a navegar pola rede e atopou un par de ideas moi interesantes.

Para a  primeira, precisaríamos tan só unha caixa de cartón (tipo de zapatos) e obxectos de pequeno e mediano tamaño con diferentes formas e texturas que atopemos pola casa. A idea é decorar a caixa, enchela de obxectos e facer un buraco na parte superior pola que poidan meter a man. Os nenos/as deberán averiguar a través do tacto o obxecto que lle pidamos. Póñovos unha foto a modo de exemplo de Eugenia Romero.

caixa sensorial 1

Para a segunda caixa imos precisar unha caixa/bañera/cubeta de plástico, arroz, colorante e bolsas de plástico pequenas tipo ikea. Pintaremos o arroz como se indica no titorial de Dailymom e esconderemos obxectos de pequeno tamaño no mesmo. Actividades que poderemos facer serán: buscar un obxecto pola súa forma, buscar un obxecto dunha determinada cor, buscar un obxecto que comece por unha letra ou unha sílaba concreta, buscar un obxecto que teña que ver cunha categoría semántica concreta (por ex: busca un transporte, busca un animal...), crear pequenos escenarios.. Así mesmo, tamén poderemos aproveitar para traballar a motricidade fina facendo transvase de arroz duns recipientes a outros empregando botes, embudos, culleres....Fai clic na imaxe para acceder ao titorial.

caixa sensorial 2

 

SONS DOS ANIMAIS

Continuamos traballando a discriminación auditiva de animais salvaxes e domésticos con vídeos da canle lunacreciente. Os nenos/as terán que averiguar que animal se esconde tras as cortinas do escenario antes de que se descorran. A ver como vamos de axilidade auditiva!!! Facede clic nas imaxes para acceder ós recursos.

discriminación animais

 

discriminacion domesticos

TALLER DE COCIÑA

E seguindo con receitas, estos días que estamos na casa podemos aproveitar para cociñar en familia e, ó mesmo tempo, darlle a isto da lectoescritura elaborando un pequeno recetario. A idea é a seguinte: baixei unhas pantillas da rede, dos blogs nuestratradiciongastronomica e loycarecursos, con estruturas de receitas. Teríamos que escoller unha receita, escribir ou debuxar os ingredientes da mesma, dependendo da idade dos nenos/as, e escribir os pasos para os/as maiores ou fotografar/debuxar o resultado para os máis pequenos/as. Ó longo destos días podemos ir creando varias páxinas e cando volvamos ó cole montaremos esos deliciosos libros. Pero, unha cousa moi importante, non vos esquezades de disfrutar desa riquísima comida. Adiante cuisichefs!!! Déixovos varios arquivos con diferentes plantillas para que escollades aquelas que máis vos gusten.

plantilla receita

plantilla receita 1

 

Distribuir contido

PROGRAMACIÓN DO 3º TRIMESTRE

Iniciar sesión

Revista escolar

Eventos

« Xullo 2020 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Pais/Nais

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.