Audición e linguaxe

ONDE LEVA.... PR

Hoxe imos traballar a xeneralización dos sinfóns con r e imos comezar por pr. Para elo tróuxenvos un xogo do equipo de Comunicarnos onde os alumnos/as terán que visualizar unha imaxe, enunciar o seu nome, indicar cantas sílabas ten e marcar a sílaba que leva pr. Se acertan haberá premio. Así que xa sabedes, máxima concentración!!!

Para xogar teredes que descargar o arquivo que está adxunto. Unha vez descargado, é probable que salte o contrasinal polo que teredes que facer click en "sólo lectura" e xa estará listo para usar. Para pasar as páxinas usade as teclas de frechas.

sinfon pr

 

 

XOGO DE MEMORIA

A memoria é un prerrequisito fundamental para un adecuado desenvolvemento da linguaxe. E para practicar imos empregar este xogo do equipo de Comunicarnos no que os alumnos/as terán que visualizar durante uns segundos unha serie de imaxes e posteriormente terán que lembrar a súa orde correcta. O xogo presenta varios retos que van en dificultade crecente, incrementado o número de imaxes a lembrar. Fai clic na imaxe para acceder ó xogo.

xogo memoria

 

LOCALIZANDO SÍLABAS

Esta semana, Eugenia, autora do blog unnundoespecial, dixitalizou un material manipulativo que nos utilizamos moito na escola para traballar sílabas iniciais. Trátase do típico xogo de dobre entrada onde os alumnos/as deberán ir facendo clic na sílaba pola que comeza cada imaxe. Como son bastantes arquivos, hoxe colgarei os dous primeiros, nos que se traballaría as sílabas con m,p,s,t,d e l. Para acceder ós xogos tedes que descargar os arquivos que vos deixo adxuntos. Logo, no menú superior, facer clic en "presentación de diapositivas" e, cando se abra o submenú, en "reproducir desde el inicio". A xogar!!!

silabas iniciais

 

COMEDEIROS PARA PAXAROS

Aproveitando que onte foi o día da Terra, a profe Patri pensou que podíamos facer algunha manualidade vinculada a esta temática. Despois de darlle unhas voltas, atopamos  na páxina de pequeocio unha serie de ideas para facer uns divertidos comedeiros para paxaros para por nas xanelas ou no xardín con material de refugallo. Fai clic na primeira imaxe para acceder ás propostas.

comedeiro para paxaros

comediro paxaros 2

comedeiro paxaros 3

              Fonte: Neusa López en flickr.

REPASANDO AS CORES (ESPAÑOL)

Esta semana imos comezar tamén repasando o vocabulario das cores para reforzar ese español e, para elo, visualizaremos un par de vídeos e faremos unha actividade interactiva da plataforma liveworksheets e/ou unha actividade manipulativa. Para acceder ós recursos facede clic nas imaxes.

colores

            Fonte: Lunacreciente.

colores 2

             Fonte: Eugenia Romero.

Unha vez visualizados os vídeos faremos a seguinte actividade na que os alumnos/as terán que facer clic nos audios, escoitar o nome da cor e arrastrar o bote que corresponda.

colores actividad

E para aqueles que prefirades algo máis manipulativo, déixovos un arquivo cun memory de cores de fósiles de dinosaurios elaborado por Laura do blog mentamaschocolate. A idea é recortar as fichas por duplicado e pegalas en cartón. O sistema de xogo será o seguinte: póñense todas as fichas boca abaixo e hai que ir levantándoas de dúas en dúas e dicindo o seu nome, neste caso a cor. Se son iguais quedamos con elas. Se son diferentes volvemos poñelas donde estaban. Gaña o que máis parellas faga.

 

 

ORDENANDO PALABRAS

Navegando pola rede, atopei unha plataforma chamada liveworksheets que permite convertir as túas fichas tradicionais en fichas interactivas autocorrexibles e tamén dispoñen dun banco de material interesante. Ó longo destas semanas irei facendo unha selección e  colgando aquelas que mellor se adapten ás necesidades que presenta o noso alumnado. Hoxe comezaremos cun recurso para traballar a conciencia léxica, ordenando as palabras de diferentes frases. Os alumnos/as terán que arrastrar as palabras cara os cadrados buscando que a frase teña sentido. Este exercicio é moi útil para evitar que os alumnos/as escriban todo xunto e comecen a separar correctamente as palabras na escrita. Fai clic na imaxe para acceder ó recurso.

ordenar palabras

INSTRUCIÓNS CON PIRATAS

Unha das actividades que hoxe propón o equipo Comunicarnos no seu grupo de tarefas semanais para a estimulación da linguaxe oral na casa é a de traballar as instrucións. Os nenos/as terán que escoller un escenario, de temática pirata, que poderá ser dende unha illa cunha montaña cadrada, o inetrior dun barco, unha illa con palmeiras.. e despois aparacerá unha serie de personaxes e obxectos. As opcións de traballo serán as seguintes:

Opción 1: dar instrucións a outra persoa para que vaia colocando personaxes e obxectos no escenario. Por ex: coloca o pirata que leva unha pluma vermella no sombreiro enriba da palmeira.

Opción 2: colocar os obxectos como queiramos no escenario e inventar unha historia.

Fai clic na imaxe para acceder ó xogo.

seguir instruccions

 

TRABALINGUAS CON S

E hoxe para rematar, déixovos un par de trabalinguas para reforzar o fonema /s/.

trabalinguas s

trabalenguas s2

DISCRIMINANDO R FORTE DE R SUAVE

Seguimos con máis xogos que elaborei coa ferramenta learningapp, neste caso para traballala discriminación r forte e r suave. O alumno/a deberá clasificar as imaxes que vaian aparecendo segundo leven  un r vibrante múltiple ou simple. Pinchando no icono azul, indícanos as imaxes que non están correctamente clasificadas. Fai clic na imaxe para acceder ó xogo.

discriminar r forte e r suave

As imaxes que se empregaron para a elaboración do xogo proceden da páxina: https://www.flaticon.es/home e tamén do portal ARASAAC.

SACAPENAS

Nestos días de incertidume, nervios e medo, onde as emocións están a flor de pel, os pesadelos poden agromar nas noites dos nosos pequenos/as. E a profe Patri pensou que a mellor forma para axudar a xestionar estas emocións era a través dun conto. Pero non dun conto calquera. Un conto baseado nunha tradición dos indios Mayas do Altiplano de Guatemala. Conta a lenda que os nenos/as daquelas tribus cando tiñan medos ou pesadelos polas noites, contábanllas a uns bonecos chamados quitapenas antes de irse durmir. Logo colocábanos baixo a súa almofada e, o amencer, as preocupacións desaparecían. Esta fermosa tradición promove un hábito moi saudable que deberíamos traballar para lograr cada día descargar as preocupacións da mente para despexalos soños.

Estas figuriñas soen recollerse en caixas ou bolsiñas de tea en grupos de 6, unha para cada día da semana, dando a opción de descansar un día. Así mesmo, soen vir cunha serie de instruccións:

!ºConcentrarse na preocupación ou pena no momento de deitarse.

2ºContarlle á figuriña o que queremos que se leve.

3ºColocar o quitapenas debaixo da almofada.

4ºDarlle uns aloumiños na panza á figuriña para que non lle doian a ela as túas penas e pola mañá desaparecerán!!!

Anthony Browne escribiu o fermoso conto "Sacapenas" que diu á volta ó mundo para acercar esta lenda a millóns de fogares do mundo. E cremos que é un bo momento para compartilo con vos por se non o coñecíades.

sacapenas

Fonte: Anaje Ferreiro Inza

E despois de visualizar este conto, pensamos que estaría xenial poder crear os nosos propios sacapenas para axudar os nenos/as a xestionar os seus medos. Para elo deixámosvos un arquivo adxunto cunha serie de plantillas. Para darlle consistencia o ideal  sería, unha vez pintados, pegalos en cartón ou cartolina para darlle consistencia e poder manexalos sen que rompan.

sacapenasfiguras

E para rematar déixovos este fermoso poema:

“Los muñecos quitapenas quitan las penas que tengo, se las cuento muy bajito y me las curan en silencio. Y debajo de mi almohada duermen siempre mis muñecos y si tengo alguna pena yo sin ella me despierto. Y yo que nunca creí en amuletos ni hechiceros, explícame qué hago yo contando penas a muñecos”.

-Tontxu-

 

 

 

 

ORDENANDO LETRAS

Volvemos con máis recursos do equipo Comunicarnos que cada vez nos sorprenden máis. Esta vez, cun xogo para traballar o principio alfabético no que os alumnos/as terán que ordenar as letras das imaxes que se mostren. Cada 4 imaxes recibirán un premio que consistirá nun quebracabezas que terán que completar. Para poder acceder ó xogo tedes que descargar o arquivo adxunto. Unha vez descargado, é probable que salte o contrasinal polo que teredes que facer click en "sólo lectura" e xa estará listo para usar. Para pasar as páxinas usade as teclas de frechas.

ordena as letras

 

MEMORY Z/C

Hoxe imos comezar cun memory que fixen coa aplicación learningapp para traballar a xeneralización do fonema /0/, que se corresponde coas grafías Z/C. Fai clic na imaxe para acceder ó mesmo.

memory zc

Para a montaxe deste xogo empregáronse imaxes da páxinxa web https://www.flaticon.es/.

TÍTERES CON CARRAPUCHIÑA VERMELLA

Hoxe tráiovos unha das moitas versións que hai do famoso conto de Carrapuchiña Vermella da man de Walt Disney, a través desta curtametraxe. Pensando, que é un conto que a maior parte de todos/as vos coñecedes quixen que aproveitáramos para facer unhas estupendas marionetas de dedo para poder representar aínda que só sexa unha das escenas. A min a que máis me gusta é cando Carrapuchiña interroga ó lobo con preguntas que fan que termine por estar a punto de converterse no seu almorzo. Se facedes clic na imaxe accederedes á curtametraxe. Tamén vos deixo 2 arquivos adxuntos con diferentes modalidades de títeres para dedos para que practiquedes. Así que, cámara e acción!!!

titers carrapuchiña

 

titeres dedos

 

REPETIMOS PALABRAS CON SINFÓNS CON R

Para aqueles nenos/as que teñan dificultades coa xeneralización dos sinfóns con /r/ (pr, br, fr, cr...) traemos este vídeo de Eugenia Romero onde tamén traballaremos a memoria secuencial auditiva. A idea é que os alumnos/as vaian repetindo a cadena de palabras que se irán propoñendo. Comezaremos por unha soa palabra e iremos incrementando a dificultade con 2, 3 e 4 palabras. Fai clic na imaxe para acceder ó vídeo.

repetimos palabras con sinfóns con r

CRUCEIRO DE RIMAS

Seguimos coas maravillosas actividades do equipo Comunicarnos. Esta vez imos traballar as rimas a través da plataforma Genially. Para entrar no xogo primeiro teremos que escoller o idioma e a continuación a dinámica é moi sinxela: haberá unha imaxe no centro e 3 na parte inferior da pantalla. O alumno/a deberá pensar en que acaba e imaxe do medio e seleccionara a imaxe de abaixo que rime con ela. A medida que vaiamos acertando o cruceiro iráse desprazando pola pantalla ata chegar ó porto. Fai clic na imaxe para acceder ó xogo.

cruceiro de rimas

FACENDO IOGA CON SIMÓN DI....

Imos cunha proposta diferente para traballar a linguaxe oral e a motricidade grosa e tamén nos axudará a mellorar a nosa comprensión de ordes e a desenvolver a atención a a escoita activa.

Trátase dun xogo que mistura o coñecido xogo Simón di... co ioga que nos propón Cristina dende o seu blog conderechoavolar. Para xogar precisaremos dunha serie de tarxetas que vos deixo nun arquivo adxunto. O sistema de xogo é o seguinte: un neno/a fai o papel de Simón e terá que coller unha tarxeta, dicir  Simón di que.. e daralle ós demais unha serie de ordes para conseguir realizar a postura correctamente sen que vexan a tarxeta. O que mellor a faga será o gañador da rolda, pasando a ser o novo Simón. Hoxe toca facer algo de equilibrismo!!!!

simon di ioga

 

 

UNIR SÍLABAS INICIAIS IGUAIS CON S

Tomando como exemplo as actividades de AL do CRA de Bergondo, elaborei coa aplicación learningapp un xogo para traballar a conciencia silábica. Nel os alumnos/as terán que escoller unha imaxe, enunciala en voz alta e unila con aquela imaxe que comece pola mesma sílaba. Para elo teremos que ir arrastrando as imaxes polo taboleiro. Unha pista: todas elas comezan polo fonema /s/. Fai clic na imaxe para acceder ó xogo.

unir silabas inicias con s

As imaxes que se empregan foron elaboradas por Freepik e por Pixel Perfect e proceden da web Flaticon.

AS NOCES SALTARINAS

O grupo Ba-BA Educación Musical Infantil acaba de sacar unha divertidísima canción que leva por título Las Nueces Saltarinas que nos vai servir para estimular esa linguaxe oral e traballar ritmos. Para practicar só necesitades unhas noces, pero se non tedes podemos empregar pelotas, canicas, botellas, baquetas...ou calquera cousa que teñades pola casa. Espero que a disfrutedes tanto coma min. Facede clic na imaxe para acceder ó vídeo.

as noces saltarinas

 

 

LÓXICA MATEMÁTICA NA CASA

A profe Eva atopou no instagram da escola de educación infantil de San Pedro de Cesantes unhas estupendísimas actividades para desenvolver a conciencia lóxico-matemática con cousas que xa temos na casa. Ahí van unha serie de propostas:

1)Clasificar alimentos que teñamos na casa ou tamén de catálogos de ofertas pola súa forma xeométrica (triángulo, rectángulo, círculo...).

2)Escribir os prezos dos productos que aparecen na lista da compra.

3)Xogar a encher e baleirar recipientes e intentar buscar equivalencias.

4)Crear quebracabezas con caixas de comida (cereais, galletas, pizza..)

5)Cortar á metade varias froitas e hortalizas (pera, mazá, laranxa, pataca, tomate, cebola...), colocalas nun prato todas xuntas e logo xogar a atopar a metade que falta. Podemos aproveitar as froitas e hortalizas que cortamos para facer zumes, ensaladas, estampación de papel...

Agora toca experimentar!!!

actividades loxica matematica

 

 

NUBES DE SÍLABAS

O equipo de Comunicarnos preséntanos un novo xogo de conciencia silábica chamado nube de sílabas, onde os nenos/as terán que ordenar as sílabas que aparecen dentro dunhas nubes e ver con que imaxe se corresponde. Consta de 3 niveis de dificultade diferenciados polo número de sílabas a ordenar. Fai clic na imaxe para acceder ao xogo.

nubes de sílabas

COMPOSICIÓNS CON XORNAIS

E para traballar esa pinza dixital e maila creatividade, a profe Patri atopou na webdelmaestro un apartado con moitas ideas para as que só precisamos papel de xornal, tesoiras, cores ou rotuladores, pegamento e papeis ou cartolinas de cores. Ideas sinxelas explicadas paso a paso para compoñer dende unha cidade ata un tiburón, con plantillas descargables. E se non vos convence ningunha das propostas sempre podemos facer as nosas propias creacións, que terán incluso un maior valor didáctico. Veña, asomádevos e xa me diredes que vos parecen. Facede clic na imaxe para acceder á paxina web.

manualidades papel xornal

XOGANDO CON Z/C

Dende o blog de Eugenia Romero, baixei este vídeo para traballar a articulación do fonema /0/, que se corresponde coa grafías Z  e  C. Como veredes segue o mesmo formato que o que publiquei semanas antes para traballar o fonema /r/. Trátanse dunha serie de actividadesde xeneralización do tipo:

1.onomatopeias.

2.repetición de sílabas, logotomas, palabras e frases

3.xogos de discriminación auditiva (ver se a imaxe que se presenta leva ou non o fonema ou escoller de entre dúas imaxes aquela que o presente)

4.xogo de frases tipo cloze, onde o alumno/a ten que completar a última palabra que, por supuestísimo, levará o fonema que estamos a traballar.

Se facedes clic na imaxe accederedes ó vídeo. A Practicar!!!

fonema zc eugenia romero

COMECOCOS FONEMA S

Hoxe imos comezar cun xogo para a xeneralización do fonema s. Trátase do famoso comecocos de toda a vida pero con vocabulario que presenta o fonema s. Déixovos un arquivo coa plantilla para imprimir. Se facedes clic na imaxe podedes ver un titorial do proceso plegado. O sistema de xogo é moi sinxelo. Unha vez montado, decimos un número e abrimos e cerramos o comecocos ata contar o número que escollimos. Na posición que quede escollemos un número e levantamos a pestana para ver que debuxo hai debaixo e facemos unha frase absurda con el. Así que.... a xogar!!!

comecocos do s

 

TESOUROS CREATIVOS

Este martes, Alicia González, publicou no seu instagram, ayl_recursos, unha serie de retos,  a través da plataforma genially, para traballar diferentes aspectos da conciencia fonolóxica e para desenvolver a creatividade. Así que pensei que sería unha idea fantástica para que os nenos/as seguisen co seu traballo de conciencia fonolóxica e, ó mesmo tempo, se divertisen. Fai clic na imaxe para acceder os retos.

retos

 

UN LUGAR SECRETO

Pensando naquelas cousas que máis lle gustaban cando ela era unha cativa, á profe Patri ocorréuselle que podíamos escoller un espacio da casa e crear un pequeno lugar secreto no que poder ler, xogar, merendar. Para elo precisaremos de coxíns, sabas, edredóns, chales...cos que montar a estrutura e logo engadir todas aquelas cousas que nos interesen: xoguetes, libros, luces...Un pequeno escondite onde poderemos facer riquísimas merendas, ler contos con lanterna, contar historias divertidas, escoitar música, disfrutar das botellas da calma...Animádesvos?

cabaña

                       Fonte: laguiainmobiliaria

cabaña 2

                                       Fonte: María Elisa Córdova

QUEBRACABEZAS SINFÓNS

Empregando as maravillosas láminas de diverlogo montei coa ferramenta jigsawplanet dous quebracabezas para traballar a xeneralización dos sinfóns con l (pl, bl,fl,cl..) e con r (pr, br, fr, cr...). A idea é montar os quebracabezas e despois podemos facer varios xogos:

1)Crear frases absurdas coas imaxes que aparecen.

2)Darlle ó alumno/a unha definición e que intente averiguar con que imaxe se corresponde.

Facede clic en cada imaxe para acceder ao quebracabezas e pulsar o botón

boton quebracabezas

sinfóns con r

sinfón con l

TRABALLANDO A CONCIENCIA FONOLÓXICA CON FROITAS E VERDURAS

Dende o seu blog crisalida_ayl tráenos unha actividade interactiva para traballar a conciencia fonolóxica a partir da temática das froitas e verduras. Trátase de 5 minixogos:

1)Vocabulario: no que alumno/a terá que escoitar a palabra e facer clic sobre a imaxe que corresponda.

2)Conciencia silábica: o alumno/a terá que contar cantas sílabas ten a palabra e facer clic sobre o número correspondente.

3)Lectura: o alumno/a terá que escoller a palabra que está ben escrita.

4)Rimas: o alumno/a escollerá a palabra que rime coa imaxe que se presenta.

5)Comprensión oral: despois de escoitar o audio da actividade, o alumno/a escollerá a froita ou verdura que se acaba de describir.

Para descargar o xogo facede clic no arquivo adxunto. Logo no menú superior facer clic en "presentación con diapositivas" e no submenú en "Reproducir desde el inicio".

froitas e verduras

XOGOS DE ADIVIÑAS DO FONEMA R

Retomamos o traballo despois das vacacións de Semana Santa e comezamos cunha serie de xogos, da man de Truco y Educo, para traballar a xeneralización do fonema vibrante simple e múltiple: adiviñas debuxadas, adiviñas con siluetas, adiviñas convencionais e trabalinguas. Fai clic na imaxe para acceder ás mesmas.

adiviñas debuxadas

DÍA MUNDIAL DA CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO

Aínda que sexa cun día de tardanza, dende o CRA queremos celebrar o Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo. Agradecer a moitos dos meus alumnos/as que, ó longo de todos estes anos, fixéronme non só crecer profesionalmente senon tamén como persoa. Grazas!!!

Déixovos un arquivo adxunto cunha plantilla do muíño de vento, por se queredes decoralo cos vosos fillos/as e colaborar nesta iniciativa de visibilización.

día autismo

 

XOGOS MATEMÁTICOS COA BARALLA

Hai moitas formas de traballar conceptos matemáticos, pero como ultimamente non queda moito toner de impresora e o ordenador satura un pouco, a profe Patri buscou algúns xogos que so requerisen un material, que case todo o mundo ten na casa: unha baralla española de cartas. Mates e baralla? E como é iso? Ahí van algunhas propostas:

baralla de cartas

OPCIÓN 1: SUMAS QUE DAN 10 (Fonte: blogedprimaria)

Para este xogo empregaranse as cartas do 1 ata o 9. Reis e comodíns retíranse.

Repártense 3 cartas a cada persoa e colócanse, ó inicio do xogo, 4 cartas boca arriba sobre a mesa. Por turnos, cada integrante, debe tirar unha carta. Se a que tira sumada a algunha das que están na mesa dá 10, lévase ambas. En cambio, se non suma 10 con ningunha, queda na mesa para poder ser empregada en futuras rondas. Se algún dos participantes tira unha carta crendo que non sumaba 10 con ningunha das da mesa e alguén se dá conta do erro, pode "soprar" esas cartas e levarsas. Ó rematar o mazo, gaña a persoa que máis cartas teña.

OPCIÓN 2: MULTIPLICANDO CARTAS (Fonte: aprendiendo matemáticas)

Divídese o mazo en dous montóns que se colocan boca abaixo un ao lado do outro. Logo levántase unha carta de cada mazo e o primeiro que multiplique as cantidades de ambas cartas quédase con elas. Se erra, as cartas devólvense ó medio do mazo. Gaña o que máis cartas consiga ó rematalo mazo.

baralla de cartas2

OPCIÓN 3: MEMORY DE PARELLAS NUMÉRICAS

Misturamos as cartas e colocámolas boca abaixo pola mesa. Por turnos van levantando de 2 en 2  as cartas. Se son parella (ou sexa teñen o mesmo número) quédanse con elas e se non volven colocalas no mesmo sitio boca abaixo. Gaña o que máis parellas consiga.

 

 

 

Distribuir contido

PROGRAMACIÓN DO 3º TRIMESTRE

Iniciar sesión

Revista escolar

Eventos

« Xullo 2020 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Pais/Nais

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.