Audición e linguaxe

INSTRUCIÓNS: LANZAR

Hoxe imos comezar traballando a semántica coas maravillosas fichas interactivas do equipo de Comunicarnos. Centrarémonos na comprensión de frases mediante o seguimento de instrucións. Os alumnos/as escoitarán os audios e irán colocando os elementos que lle indiquen nos cadrados. Os elementos sobrantes colocaránse nos cadrados inferiores da dereita. Para autocorrixirse deberemos facer clic en "terminado" e posteriormente en "comprobar mis respuestas". Fai clic na imaxe para acceder ó recurso.

instrucions lanzar

DISCRIMINANDO SINFÓNS E MIXTAS

Hoxe imos tamén traballar a discriminación entre sinfóns e sílabas mixtas, concretamente con cr, c_r, cl e c_l. Para elo elaborei, coa aplicación learningapp e coas imaxes de flaticon,  un xogo de carreiras de cabalos onde se mostrará unha imaxe ó alumno/a e deberá escoller, entre catro opcións, cal é a a palabra que se corresponde coa mesma. Segundo vaia acertando ou errando o cabalo avanzará máis ou menos. O xogo permite xogar de forma individual ou con outros xogadores. Fai clic na imaxe para acceder ó mesmo.

discriminando sinfosn e mixtas

XOGO PRIMAVERAL DE ATENCIÓN

Aproveitando que estamos nesta fermosa estación das flores: a primavera, Susanas Casas, autora do blog albances, elaborou este colorido xogo de atención, no que os alumnos/as terán que buscar nun panel aquelas imaxes que lle digamos ou, para aqueles/as que necesiten algo de apoio visual, incorporou unha serie de tiras pictográficas. Podedes descargar o xogo no arquivo adxunto.

atención primavera

atención primavera

PARTES DA CASA (ESPAÑOL)

Esta semana continuamos coas clases de español e, esta vez, imos centrarnos nas partes da casa. Para elo comezaremos con este vídeo, da canle de youtube Smile and Learn, para repasar o vocabulario das distintas estancias da casa así como dos principais obxectos que hai nelas. Fai clic na imaxe para acceder ó vídeo.

partes da casa

Logo creei coa ferramenta learningapp e coas imaxes de flaticon un xogo de vocabulario temático da casa onde o alumno/a terá que clasificar obxectos en función da estancia na que soen estar. Neste caso, centrámonos na cociña e no baño. Fai clic na imaxe para acceder ó xogo.

obxectos baño e cociña

E para rematar imos facer unha ficha interactiva de Liveworksheets, creada por snorcle, onde teremos que facer clic nas imaxes e escoitar as afirmacións e decidir se son verdadeiras ou falsas marcando os iconos inferiores das mesmas. Para autocorrixirse deberemos facer clic en "terminado" e posteriormente en "comprobar mis respuestas". Fai clic na imaxe para acceder ó recurso.

verdadeiro falso obxectos da casa

QUEN CURARÁ Ó DRAGÓN? (TEATRO DE SOMBRAS)

O grupo Ba-Ba Educación Musical  Infantil volver sorprendernos con está fermosa obra de arte musical. Un conto cantado representado con sombras que ten como protagonista a un enfermo dragón que pide axuda ós moradores dun castelo para atopar unha cura. Facede clic na imaxe para disfrutar desta obra mestra. E para que practiquedes na casa déixovos unhas marionetas de sombra para facer a vosa propia representación deste conto-canción. Tan só tedes que recortalas e pegar por detrás un palillo de brocheta longo e xa estarían listos para usar. Boa fin de semana artistas!!!

quen curara o dragon

RECOÑECENDO EMOCIÓNS

A identificación de emocións é fundamental para poder entender como nos sentimos e como se sinten os demais e así poder xestionalas máis adecuadamente, de forma que poidamos autorregularnos, actuar en consecuencia e sentirnos mellor. O recoñecemento de emocións é esencial para o noso desenvolvemento social polo que hoxe vou deixarvos aquí uns xogos elaborados por Cristina, do blog crisalida-ayl, onde podemos traballar as emocións básicas. Trátanse de 5 minixogos:

1)Repaso de vocabulario: Preséntanse as 4 emocións básicas, en masculino e feminino.

2)Escoita e escolle: O alumno/a escoitará a palabra e escollerá a refercnias visual do rosco.

3)Asocia a emoción coa expresión: O alumno/a observará a expresión facial das persoas e decidirá que emoción están sentindo.

4)Asocia a emoción á acción: O alumno/a observará a situación que imaxina a nena e decidirá que emoción sentiría.

5)Asocia a  emoción ó pensamento: O alumno/a escoitará o pensamento do neno e escollerá a emoción que estará sentindo.

Podedes descargar o recurso no arquivo adxunto. Unha vez aberto, facer clic no menú superior en "presentación de diapositivas" e no submenú en "reproducir desde el inicio".

identificando emocions

PARES MÍNIMOS

Hoxe tráiovos un vídeo de pares mínimos elaborado por Mª Luisa Buendía Rico, autora do blog logopediaentusmanos, para traballar a discriminación e a atención auditiva. Trátase dun recurso moi útil no entrenamento auditivo-fonético para mellorar a pronunciación que se basea en pares de palabras con fonemas semellantes e nos que os alumnos/as cometen máis erros. Fai clic na imaxe para acceder ó vídeo.

pares minimos

 

IDENTIFICANDO MONSTROS

O equipo de Comunicarnos está elaborando uns materiais fantásticos para traballar a comprensión oral de estruturas gramaticais. Desta vez, escollín un xogo con temática de monstros  onde os alumnos/as terán que facer clic nos audios, escoitar a descripción e arrastrar cara o cadrado o monstro que se corresponda coa mesma. Imos ver se sodes capaces de identificar a toda a bichería!!!! Para autocorrixirse deberemos facer clic en "terminado" e posteriormente en "comprobar mis respuestas". Facede clic na imaxe para acceder á actividade.

identificando monstros

BINGOS DE R E RR

E hoxe para rematar déixovos uns bingos para axudar a xeneralizar os fonemas r vibrante múltiple e simple elaborados por Tamara Rojo Martín no seu blog unamiradaespecial. No arquivo adxunto podedes descargar os cartóns coas imaxes. A idea é imprimir as imaxes por duplicado. Unhas mantelas como cartóns e as outras recortalas individualmente e metelas nunha bolsa. O sistema de xogo é sinxelo: repartimos un cartón por persoa, imos sacando unha a unha as imaxes da bolsa, enunciando en alto o seu nome; e imos tapando ou tachando no cartón as que vaian saindo. O primeiro/a que tache ou tape todas as imaxes canta BINGO!!!

bingo rr

bingo r suave

CONFUSIÓN S E Z/C

Unha das dificultades máis habituais na etapa infantil é a confusión dos sonidos s e z/c. Para traballar a discriminación deste dous sons tróuxenvos un material de Mónica Rubio Muñoz, do seu blog Comunic@te, adaptado a ficha interactiva co Liveworksheets. Os alumnos/as teñen dous tipos de tarefas: unha na que terán que observar as imaxes e marcar se leva o son s ou z/c e, outra, onde deberán sinalar aquelas imaxes que leven as sílabas za, ce, ci, zo e zu ou sa, se, si, so ou su segundo corresponda. Para autocorrixirse deberemos facer clic en "terminado" e posteriormente en "comprobar mis respuestas". Fai clic na imaxe para acceder ó recurso.

discriminando s de z/c

PASAPALABRA

Unha das actividades que máis gusta no Programa de Estimulación da Linguaxe Oral, en primaria, é o famoso Pasapalabra. Na escola dividímonos por equipos e pasamos un bo rato practicando lectura, mellorando a comprensión e ampliando o vocabulario desta forma tan divertida. Neste momento non podemos xogar por equipos pero si de forma individual polo que busquei pola rede esta ruleta de palabras para traballar o vocabulario dos animais, elaborado por Macu Báez coa feramenta eduplay, co que vos invito a rememorar esos vellos tempos. Para iniciar o xogo facer clic en "comenzar", ler a definición e escribir a resposta no cadrado. Tede en conta que so temos 5 minutos para completar o rosco. Fai clic na imaxe para acceder ó xogo. A ver quen é capaz de completalo rosco!!!

pasapalabra

CREACIÓNS CON PEGADAS DIXITAIS

E finalmente, para traballar a creatividade, hoxe pensei que podíamos usar unha técnica de debuxo moi divertida coas nosas pegadas dixitais. Para practicala só precisamos pintura de dedos, un folio, un bol de auga e mooooooita imaxinación. E como sempre axuda ter unha pequena idea de por onde comezar, déixovos algunhas ideas que atopei na páxina actividades.dibujos.net. Fai clic na primeira imaxe para acceder ós exemplos.

creacions con pegadas

arbore  de pegadas

 

ORDENAR FRASES

Dende o blog dejaquetecuente, Ana Isabel, elaborou un material para desenvolver a conciencia léxica, que adaptou a formato interactivo a través da plataforma Liveworksheets, que nos vai servir tamén para posteriormente ir aumentado o tamaño das frases introducindo pouco a pouco as palabras función. Para realizar este xogo deberemos seguir os seguintes pasos:

1)Observar a lámina.

2)Identificar as palabras da columna da dereita.

3)Ordenar as palabras para que a frase teña sentido.

4)Contar o número de palabras que ten a frase.

Para autocorrixirse deberemos facer clic en "terminado" e posteriormente en "comprobar mis respuestas". Fai clic na imaxe para acceder ó recurso.

conciencia lexica frases

 

ONDE LEVA...S?

Hoxe continuamos co reforzo da conciencia silábica, neste caso centrándonos naquelas sílabas que levan o son /s/. Para elo empregaremos este xogo elaborado polo equipo Comunicarnos, que adaptou a ficha interactiva a través da plataforma Liveworksheets, no que os alumnos/as terán que observar as imaxes  e identificar a sílaba na que leva o fonema /s/. Para autocorrixirse deberemos facer clic en "terminado" e posteriormente en "comprobar mis respuestas". Fai clic na imaxe para acceder ó recurso.

onde leva s

TRUCOS PARA ARTICULAR OS SINFÓNS CON L

Navegando pola rede atopei este vídeo de "El hada mágica de las palabras" onde nos dá tres trucos para axudar ós nenos/as a conseguir articular os sinfóns con l (pl, bl, fl...). Facede clic na imaxe para acceder ó vídeo.

trucos sinfons con l

SEGUINDO INSTRUCIÓNS

E para mellorar a atención e a comprensión dos nosos alumnos/as imos realizar uns entrenamentos en instrucións. Para elo empregaremos este par de fichas interactivas da plataforma de Liveworksheets elaboradas por @CristyAyL e por @peti.pete. Nelas os nenos/as terán que ler as instrucións e ir colocando as imaxes onde se indique. Cos máis pequenos/as poderemos ser os adultos os que lles leamos as instrucións. Para autocorrixirse poderán facer clic en "terminado" e, posteriormente, en "comprobar mis respuestas". Fai clic en cada unha das imaxes para acceder ós recursos.

seguir instrucións

seguir instrucións 2

 

SIMON DI....CORES (MEMORIA)

Buscando actividades para traballar a memoria atopei, na recopilación que fai o equipo de Comunicarnos para a estimulación da linguaxe unha adaptación do xogo "Simon di..."  da páxina web árbolABC.com. Os alumnos/a deberán estar atentos ás secuencias  que se mostran e intentar reproducilas, pero coidado porque cada vez serán máis longas e complexas. Rétovos a intentalo!!! Fai clic na imaxe para acceder ó xogo.

simon di..

ORDENANDO SÍLABAS

Hoxe imos reforzar a conciencia silábica cun xogo intercativo do blog creandoenespecial onde os alumnos/as terán que ordenar as sílabas en palabras con M,P,L,T e S. A forma de xogo é moi sinxela: arrastramos as sílabas en orde cara a casilla correspondente e facemos clic en enviar e, desa forma, xa pasamos á seguinte palabra. Se necesitamos apoio auditivo, porque non coñecemos a palabra, podemos facer clic no audio. Fai clic na imaxe para acceder ó xogo.

ordenar silabas

 

PARTES DO CORPO 2 (ESPAÑOL)

Seguimos coas clases de español, reforzando o vocabulario co que comezáramos a semana pasada das partes co corpo. Para elo partiremos dunha canción, neste caso pictografiada para que sexa máis fácil de memorizar e comprender. Fai clic na imaxe para acceder ó vídeo.

cancion partes del cuerpo2

                Fonte: María Martínez.

E para practicar un pouco, Cristina, dende o seu blog crisalida-al, tráenos unha actividade interactiva para aprender o vocabulario básico das partes do corpo que consta de catro minixogos:

1)Presentación do vocabulario, dividido en dous grupos: cara e corpo. Dentro de cada grupo, o alumno poderá ver, ler e escoitar as palabras básicas dese campo semántico.

2)Escoita e escolle: o alumno/a escoitará a palabra e escollerá a referencia visual do rosco.

3)Escoita e toca: o alumno/a seguirá ordes verbais do tipo tocarse a sí mesmo as partes da cara ou tocar nun boneco as diferentes partes do corpo de forma interactiva.

4)Ordena de maior a menor: Por último, o alumno/a terá que ordenar diferentes bonecos de menor a maior, onde se mostran os cambios físicos que experimenta o corpo co crecemento.

Podedes descargar o recurso no arquivo adxunto. Unha vez aberto, facer clic no menú superior en "presentación de diapositivas" e no submenú en "reproducir desde el inicio"

partes do corpo interactivas

 

FRASES DE DOBRE SENTIDO

Durante este curso, con algúns nenos/as da escola estivemos a traballar as frases feitas para reforzar a compoñente pragmática da linguaxe, é dicir, o uso que se fai da linguaxe na comunicación. Hoxe imos repasar un pouco este aspecto e para elo empregaremos un recurso creado por Marta Láiz, do blog logopediaenelcole, no que os alumnos/as terán que asociar cada frase de dobre sentido coa imaxe que represente o seu significado. No arquivo adxunto poderedes descargar as frases e, ó final do documento, un grupo de imaxes para clasificar.

frases feitas

DE QUEN É CADA OBXECTO?

A linguaxe consta de  4 compoñentes: a fonoloxía, a semántica, a sintaxe-morfoloxía e a pragmática. Hoxe centrarémonos na semántica, que ten que ver co significado das palabras. A temática sobre a que traballaremos será as profesións. Para elo empregaremos esta fantástica ficha interactiva do equipo Comunicarnos, elaborada coa plataforma Liveworksheets, onde os alumnos/as terán que clasificar as distintas ferramentas por profesións. Fai clic na imaxe para acceder ó recurso. Para autocorrixir o exercicio pinchar en ¡Terminado! e logo en "Comprobar mis respuestas".

semantica profesions

BUSCANDO DIFERENZAS

Hoxe imos comezar traballando a percepción visual e a atención e, para elo, imos empregar este divertido material da web Orientación Andújar na que os nenos/as terán que observar detidamente dúas imaxes, durante un tempo, e buscar as diferenzas entre elas. Despois, aqueles/as que queiran poderán pintalas. Podedes descargar as imaxes nos arquivos adxuntos.

buscar diferencias

DISCRIMINANDO Z/C

Imos cun material do CRA de Bergondo para traballar a discriminación de imaxes que levan o fonema /0/, que se representa coas grafias z/c. A idea é imprimir o taboleiro, pegalo en cartón ou cartolina para darlle algo de dureza e despois ir enunciando as imaxes e  ir colocando pinzas naquelas que leven dito fonema. Déixovos o taboleiro para descargar no arquivo adxunto.

discriminando z/c

 

ONOMATOPEIAS DO A Ó Z

A autora de Logoptando define as onomatopeias como os sons que producen os animais,  as  persoas ou as cousas e que  implican organizar un sistema lingüístico. Non son fáciles de realizar porque nelas reprodúcense combinacións de posibles sons ou palabras que axudan ós pequenos/as a estimular a súa linguaxe e a realizar unha discriminación auditiva. E para practicar un pouco tróuxenvos este vídeo de Garbiñe Candina Acebes de onomatopeias ordenadas alfabéticamente. A Practicar!!!

onomatopeias

 

REPETIMOS PALABRAS CON SINFÓNS CON L

Na mesma liña co vídeo que vos puxen en publicacións anteriores sobre sinfóns con r, para aqueles/as nenos/as que precisan xeneralizar os sinfóns con l (pl, bl,fl...) e, ó mesmo tempo, traballar a memoria secuencial auditiva déixovos este vídeo de Eugenia Romero onde os alumnos/as terán que ir repetindo as palabras que se vaian enunciando. Comezaremos por unha soa palabra e iremos incrementando a dificultade con 2, 3 e 4 palabras. Fai clic na imaxe para acceder ó vídeo.

sinfons con l

PARTES DO CORPO (ESPAÑOL)

Continuando coas clases de español, hoxe imos centrarnos no vocabulario do corpo humano. Para familiarizarnos co mesmo, nada mellor cunha canción. Trátase dunha canción xestual na que pouco a pouco hai que ir quitando unha a unha as palabras do seu escribillo e realizar soamente o xesto.

cancion partes do corpo

                 Fonte: Toobys Español

E tamén para repasar o vocabulario das partes da cara déixovos a seguinte ficha interactiva de liveworksheets onde teredes que escoitar o vocabulario da cara e ir unindo con frechas coa parte correspondente.

partes a cara

 

                                        Fonte: CP Elena Sánchez Tamargo

 

R CON R

Quen non coñece ós "Cantajuegos"? Buscando pola rede atopei unha das súas cancións que leva por título R con R (adaptada por Guillermo Santis), que nos vai servir para practicar un pouco ese fonema /r/ vibrante múltiple. Hoxe toca poñer a orella e cantar. Fai clic na imaxe para acceder á canción.

R con R

ABSURDOS VISUAIS

A profe Patri tróuxonos unha divertida actividade para traballala comprensión e expresión oral: os absurdos visuais. Trátanse dunha serie de imaxes cheas de tolemias que deberemos localizar e tratar de explicar ós demais para que as localicen. Veña, a agudizar esa vista que inda vos ides botar unhas boas risas. Podedes descargar as imaxes no arquivo adxunto.

absurdos visuais

CONCIENCIA LÉXICA

Hoxe imos comezar traballando a conciencia léxica, con este material de @el_aula_diversa_de_ana_tere creado con Liveworksheets, onde os alumnos/as terán que ir escoitando os diferentes audios e contar o número de palabras que ten cada frase. O desenvolvemento deste tipo de habilidades metafonolóxicas axuda ó aprendizaxe da lectura e escritura dunha forma máis eficiente. Fai clic na imaxe para acceder ó recurso.

conciencia lexica

GRAFISMO CON PAPEL DE COCIÑA

Dendo o seu instagram, @auladeapoyo, propúxonos unha sinxela actividade para mellorar a grafomotricidade e, ó mesmo tempo, traballala relaxación. Para elo só precisamos papel de cociña e rotuladores. Mirade que chulada!!!

grafomotricidade papel cociña

Distribuir contido

PROGRAMACIÓN DO 3º TRIMESTRE

Iniciar sesión

Revista escolar

Eventos

« Xullo 2020 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Pais/Nais

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 2 invitados conectados.