Audición e linguaxe

MEMORIA AUDITIVA DE PALABRAS

Hoxe tamén imos traballala memoria auditiva dado que é un prerrequisito básico para o posterior desenvolvemento do proceso lectoescritor. Para elo empregaremos estas fichas ineractivas da plataforma Liveworksheets, elaboradas por cristinap, onde os alumnos/as terán que escoitar unha secuencia de palabras e logo marcar as imaxes que foron enunciadas. Fai clic na imaxe para acceder ó recurso. Para autocorrixirse deberemos facer clic en "terminado" e posteriormente en "comprobar mis respuestas". 

 

memoria auditiva

 

DESCIFRANDO XEROGLÍFICOS EXIPCIOS

Hoxe imos comezar cunha incrible ferramenta que atopei no blog de escueladeblanca para escribir mensaxes empregando xeroglíficos exipcios para continuar con ese protecto temático do que vos falaba a semana pasada. Trátase de discoveringegypt, un procesador de texto que traduce os diferentes caracteres das letras e números a imaxes xeroglíficas  permitíndonos crear mensaxes e despois envialos por mail para imprimir. Desta forma os alumnos/as utilizando como mostra o teclado que vos deixo adxunto nun arquivo terán que descrifrar que se oculta tralos símbolos das imaxes que compoñades. Adiante arqueólogos/as do CRA!! Unha actividade para traballar a lectoescritura  e a atención. A tecla na que aparece un teclado cunha frecha permite cambiar de letras a números e viceversa.

procesador de xeroglíficos

CREANDO HISTORIAS COS STORY CUBES

Imos cun recurso didáctico que me gusta moito que se chama "story cubes"  e que se emprega para desenvolver a imaxinación e a creatividade nos nosos alumnos/as. Trátase dunha serie de dados con imaxes nas súas caras cos que montaremos historias. Como é un recurso que non adoita haber nas casas, busquei a súa versión interactiva que nos chega da man de @fernando_marti7 coa ferramenta Genially. Fai clic na imaxe para acceder ó recurso.

story cubes

Como podedes ver hai unha pantalla principal na que aparecen diversas categorías: protagonista, localización, antagonista (os "villanos/as"), mascota, obxecto persoal e acción. Cada categoría ten un dado que deberemos premer e pausar. Cando xa teñamos "lanzado" todos os dados, a idea é construír unha historia con todos eses elementos, pode ser debuxada, contada ou escrita, segundo a elección persoal de cada un/ha. Outras actividade que podemos facer é crear un conto colectivo familiar onde cada membro da familia dalle a un dado e entre todos creamos unha historia.  A ver que historias tan chulas se vos poden ocorrer!!!!!

 

SUPER R

Continuamos cun pack de actividades interactivas do blog crisalida-ayl para traballar o rotacismo (dificultades articulatorias co fonema /r/), que se centrarán nos seguintes aspectos:

rotacismo interactivo

1)Discriminación fonética: O alumno/a escoitará unha palabra e terá que indicar se leva ou non o fonema /r/.

2)Conciencia fonolóxica:O alumno/a pensará se a imaxe que está vendo contén o fonema /r/. Se o ten pulsará sobre Súper R e se non sobre Superheroína. Desta forma iniciaráse unha carreira cara as máscaras.

3)Articulación:Por último, o alumno/a terá que articular o fonema en sílabas, palabras e frases.

 

 

 

 

 

 

Fai clic no arquivo adxunto para descargar os xogos. Unha vez aberto, facer clic no menú superior en "presentación de diapositivas" e no submenú en "reproducir desde el inicio".

 

ANIMAIS (ESPAÑOL)

Comezamos a semana cunha serie de materiais para as clases de español, con temática de animais.

O 1º recurso é esta canción da canle de youtube Kids TV español-Latino que se titula "Bob el tren fue a la granja" que é unha das múltiples versións da famosa canción Old Macdonald had a farm. Fai clic na imaxe para escoitar a canción e intenta memorizar e reproducir unha parte.

old macdonald train

Logo traballaremos o vocabulario dos animais así como tamén a atención e a memoria con este xogo de Eugenia Romero, no que os alumnos/as terán que adiviñar que animal falta? Fai clic na imaxe para acceder ó xogo.

que animal falta?

E para rematar imos facer un par de fichas interactivas da plataforma Liveworksheets  da autora lorenamestraAL para traballar a discriminación audtiva de animais, onde os alumnos/as escoitarán as distintas onomatopeias e irán asociándoas coa imaxe que corresponda. Para autocorrixirse deberemos facer clic en "terminado" e posteriormente en "comprobar mis respuestas". Fai clic nas imaxes para acceder ós recursos.

onomatopeias animais 1

onomatopeias 2

 

MÁSCARAS CON PASTA DE FARIÑA

E para rematar a semana imos cunha actividade creativa extraída dun libro que vos recomendo porque está xenial que se titula "Piensa y crea como un artista" da editorial KÓKINOS. Trátase dun álbum ilustrado cun montón de ideas para traballar a creatividade na casa paso a paso: montar escenarios tridimensionais de papel, elaborar marcos de fotos, xogos de mesa con elementos naturais.. É unha verdadeira obra de arte. Hoxe faremos unhas alucinantes máscaras con pasta e fariña. Os pasos a seguir serán os seguintes:

1)Debuxar as partes da túa máscara nun cartón e recortalas.

2)Farémoslle dous buracos para os ollos.

3)Pegar por detrás un pau de brocheta ou un lapis con cinta, a modo de asa.

4)Buscamos pasta de diferentes cores e tamaños.

5)Pintamos as diferentes pezas da máscara con cores chamativos e pegámolas facendo unha composición.

6)Pegamos enriba a pasta, que podedes pintar tamén, se queredes, e listo Evaristo!!

Déixovos unhas fotos a modo de exemplo.

Boa fin de semana a todos/as.

piensa y crea como un artista libro

mascaras de pasta de fariña

mascaras de pasta e fariña 2

DESORDE DE LETRAS

Hoxe tróuxenvos unha actividade do blogue Fonografía para traballar a atención, a discriminación visual e a lectoescritura para os alumnos/as de primaria. A idea é a seguinte: observar as letras, compoñer a palabra, escribila e debuxala e seleccionar a imaxe que se corresponda coa mesma. Podedes descargar o recurso no arquivo adxunto.

desorde de letras

imaxes desorde de  letras

ESTIMULANDO O FONEMA /S/

Almudena Vergara e Elena Serrano (mestras de Audición e Linguaxe) elaboraron unha serie de materiais para estimular a linguaxe agrupados por fonemas. Hoxe tróuxenvos os correspondentes ó fonema /s/. Trátanse dos seguintes catro xogos:

1)Discriminación autiditiva e fonética: os alumnos/as indicarán cales das imaxes levan ou non /s/ poñendo o polgar cara arriba ou cara abaixo.

discriminacion s

2)Binomio fantástico: os alumnos/as collerán un dado que teñan pola casa e lánzaseno dúas veces, escollendo unha palabra da cada unha das filas, en función da puntuación, e farán unha frase con elas.

binomio fantastico s

3)Trala pista: os alumnos/as lerán as definicións e buscarán entre as imaxes aquela que se corresponda coa mesma.

semantica con s

4)Inferencias: os alumnos/as explicarán que pasa en cada unha das situacións e imaxinarán por que.

pragmatica con s

Fai clic no arquivo adxunto para descargar os xogos.

BINGO DE NOMES

Hoxe imos facer un bingo global de palabras. Para elo precisaremos dous folios, un branco e outro de cor, que dividermos en cuadrículas. Dentro de cada cuadrícula escribiremos unha palabra, as mesmas nos dous folios. As temáticas poderán ser moi variadas, dende os nomes dos compañeiros/as de clase, nomes de superhéroes e superheroínas, vocabulario temático da primavera...Teremos que recortar as palabras que van en en cor e asocialas no taboleiro que vai en branco como se mostra no modelo feito cos nomes dos/as profes neste caso. 

bingo nomes

Fonte: @jugar_es_mejorar_habilidades

 

 

 

COMEZA IGUAL CA....

Imos traballar a conciencia silábica con estas fichas interactivas de Liveworksheets do equipo de Comunicarnos, centradas no son Z/C. Os alumnos/as terán que fixarse nas boquiñas para ver de que sílaba se trata (za, ce, ci, zo ou zu) e despois escollerán, entre as imaxes da parte inferior, aquelas que comecen pola mesma sílaba. Para autocorrixirse deberemos facer clic en "terminado" e posteriormente en "comprobar mis respuestas". Fai clic na imaxe para acceder ó recurso.

comeza por ...z/c

SIMÓN VAI DE ACAMPADA

Hoxe imos traballar o razoamento lóxico a través destas maravillosas secuencias temporais, elaboradas pola autora do blog hoytengologopeda, baseadas na famosa serie do coelliño Simón. Primeiro, os alumnos/as, terán que visualizar o capítulo de "Simón vai de acampada" e, posteriormente, imprimir, recortar e ordenar as diferentes viñetas e que nos conten a historia. Tamén podemos dar pé a outras actividades como por exemplo: quitar a última viñeta e inventarnos outro final, escoller unhas viñetas e ordenalas como queiramos e ir creando unha historia diferente, a partir da viñeta final debuxar que pasaría despois... Con este tipo de actividades non só traballamos razoamento lóxico senon tamén atención visual. Para descargar as viñetas fai clic no arquivo adxunto.

secuencias temporais

"RATONCITO ROEDOR" (RIMA CON R)

E para rematar imos practicar ese fonema /r/ vibrante múltiple con esta rima con movemento de Tamara Chuvarovsky titulada "Ratoncito roedor".

ratoncito roedor rima r

 

DISCRIMINANDO B-P-D-Q

Uns dos fonemas/grafemas que máis confusión soen xerar, especialmente nos alumnos/as con dificultades de aprendizaxe, son o /b/, /p/, /d/ e /q/. Para traballar a discriminación auditiva e visual dos mesmos tráiovos este recurso do blog fonografia onde os alumnos/as terán unha serie de tarxetas con imaxes e palabras que deberán completar con algún dos fonemas/grafemas indicados. Fai clic no arquivo adxunto para descargar o recurso.

bpdq

SINFÓN PL: SÍLABA, PALABRA E SOPA

Hoxe imos traballar o sinfón pl cun material da autora do blog tizasdecoloresmaestraana. Trátanse de tres fichas interactivas da plataforma Liveworksheets onde os alumnos/as terán que:

1)Marcar o sinfón correcto.

marcar o sinfon correcto

2)Escoller a palabra correcta.

palabras  con pl

3)Facer unha sopa de letras con vocabulario co sinfón  pl.

sopa pl

Para autocorrixirse deberemos facer clic en "terminado" e posteriormente en "comprobar mis respuestas". Fai clic nas imaxes para acceder ós recursos.

ANTIGO EXIPTO (LECTOESCRITURA)

Este curso comecei un proxecto temático con algúns dos meus alumnos/as sobre o Antigo  Exipto. Onte, navegando pola rede, atopei no blog de tizascerasytijeras este recurso para traballar a lectoescritura global con vocabulario desta temática. Os alumnos/as terán que recortar as palabras, lelas e ir asociándoas coas imaxes que correspondan. Para descargar o xogo fai clic no arquivo adxunto.

lectoesccritura exipto

BOOM FRASES FEITAS

A pragmática é unhas das compoñentes da linguaxe máis importantes pois é a que lle dá sentido á comunicación. É necesario traballala para conseguir unha comunicación funcional e significativa. Hoxe imos centrarnos concretamente nas frases feitas e os sentidos figurados, xogando ó famoso concurso televisivo BOOM, elaborado coa ferramenta Genially por Eva Rodríguez, onde os alumnos terán que escoller entre varias opcións cal é o significado correcto de cada expresión. Pensade ben a resposta porque se errades a bomba explotará e teremos que volver comezar. Sorte a todos/as. Fai clic na imaxe para acceder ó recurso.

boom frses feitas

 

DISCRIMINANDO R E D

Hoxe tamén imos traballar a discriminación dos fonemas /r/ e /d/. Para elo empregaremos dúas fichas interactivas de Liveworksheets baseadas no material de Almudena Vergara, nas que os alumnos/as terán que clasificar as imaxes segundo o fonema que leven. Para autocorrixirse deberemos facer clic en "terminado" e posteriormente en "comprobar mis respuestas". Fai clic nas imaxes para acceder ós recursos.

discriminacion r e d

discriminando r e d

LABIRINTOS (ATENCIÓN)

Os labirintos son unha ferramenta moi útil para traballar a atención posto que os alumnos/as precisan manter moita concentración durante un perído breve de tempo para poder resolvelos. Por outro lado, nos nenos/as de 0 a 3 anos, fomenta a incorporación das nocións espaciais. Buscando pola rede atopei, na páxina de Orientación Andújar, esta coleccción de labirintos coas que os alumnos/as poderán aumentar os seus tempos de atención e, ó mesmo tempo, divertirse un montón. Fai clic no arquivo adxunto para descargalos.

labirintos

labirintos 2

PARTES DA CASA 2 (ESPAÑOL)

Esta semana continuamos nas clases de español coas partes de casa e nada mellor que comezar cantando, a ritmo da famosa canción do "Cantajuego", Yo tengo una casita. Fai clic na imaxe para escoitala.

yo tengo una casita

Logo, imos traballar o vocabulario de obxectos e estancias da casa, para elo empregaremos o seguinte recurso elaborado por Eugenia Romero onde os alumnos/as terán que escoitar o son dos obxectos da casa e identificar en que espazo da casa están. Fai clic na imaxe para acceder ó recurso.

obxectos da casa

E finalmente elaborei ,coa ferramenta learningapp, un xogo de clasificación, semellante ó da semana pasada, para clasificar vocabulario do salón e do dormitorio. Fai clic na imaxe para acceder ó mesmo.

vocabulario salón e dormitorio

CARAS PRIMAVERAIS

Imos rematar a semana cunha actividade para traballar a creatividade con temática primaveral. A idea é crear unhas siluetas de caras, con cartóns que teñamos pola casa, e con elementos naturais (pedras, follas, flores, herbas...) compoñamos as distintas partes. Tamén podemos facer directamente as composicións sobre unha superficie lisa como as da artista Justina Blakeney. Déixovos algunhas fotografías a modo de exemplo. Boa fin de semana a todos/as!!!

caras primaverais

  Fonte: clubpequeslectores

CARAS VEXETAIS

CARAS VEXETAIS 2

                  Fonte: Justina Blakeney

BARALLAS DE SINFÓNS: CAL SOA?

Nestos últimos días, as autoras de @lobe.pt.al tráennos un fantástico material para traballar a discriminación dos sinfóns con r e l (pr, br, cr...pl, bl, cl...). Trátase dunha serie de tarxetas cunha imaxe central nas que o alumno/a terá que escoller entre tres opcións cal é o fonema ou sinfón que conteñen. Para elo podemos empregar pinzas ou colocar algún obxecto enriba por se queremos reutilizalas. Así mesmo, a modo de axuda proporciónase a lista das palabras das diferentes imaxes por se houbese algunha dúbida con algunha. Fai clic no arquivo adxunto para descargalas tarxetas.

sinfons con r e l

PASAPALABRA FONOLÓXICO

O equipo Comunicarnos tróuxonos unha verdadeira xoia con este pasapalabra fonolóxico. Os alumnos/as visualizarán 3 imaxes e terán que escoller aquela que comece polo letra que  se indica no rosco. Quen conseguirá completar o rosco totalmente? Fai clic na imaxe para acceder ó xogo.

pasapalabra fonoloxico

CURIOSIDADES DAS ARAÑAS

Hoxe imos comezar traballando a comprensión oral cunha temática moi divertida e horripilante: as curiosidades das arañas. Para elo empregaremos un xogo elaborado por Sophie Bauer, coa ferramenta learningapp, onde os alumnos/as terán que visualizar un pequeno vídeo sobre os arácnidos e a continuación contestar a unha serie de preguntas sobre o mesmo.  Para facilitar ó acceso ás preguntas, para os máis pequenos/as, no lugar de estar escritas, van grabadas en audio, de forma que se fan clic enriba delas poden escoitalas. Fai clic na imaxe para acceder ó recurso.

curiosidades arañas

RESPIRA

E para rematar déixovos un videoconto, realizado por aula de Elena, baseado no libro Respira da autora Inês Castel-Branco para traballar a relaxación a través da respiración con sinxelos exercicios inspirados no ioga e o taichí. Dada a lonxitude do mesmo, propóñovos que o visualicedes por partes e vaiades practicando na casa esta importante técnica chamada mindfulness. O libro iníciase cunha conversa entre unha nai e un fillo, na que ela lle propón unha serie de exercicios para axudarlle a autoregular as súas emocións e pensamentos e recuperar a calma neses momentos nos ca perde. A verdade é que parece que soa moi fácil pero, ás veces, resulta difícil. Unha verdadeira obra mestra que pode servirlle ós nosos nenos/as a ensinarlles a sentirse mellor. Fai clic na imaxe para acceder ó vídeo.

respira

 

 

OCAS FONOLÓXICAS S E Z.

Para axudar á xeneralización dos fonemas /s/ e /z/  tráiovos estas divertidísimas ocas fonolóxicas elaboradas por @logopediasinlimites, coas que tamén traballaremos conteo, ampliación de vocabulario, estruturación de frases...Xógase igual ca oca normal. Hai que tirar ó dado e avanzar tantas casillas como nos indique o dado. Cada vez que caiamos nunha casilla articularemos o nome da imaxe que aparece. Tamén poden facerse frases con esa palabra ou preguntas sobre elas coma por ex: Para que se emprega? Onde podemos atopala? Podes describilo? Así mesmo, a autora engadiu unha serie de casillas nas que hai que dicir un determinado número de palabras dun campo semántico concreto. A xogar rapaces/zas!!! Podedes decargar as ocas nos arquivos adxuntos.

oca fonema s

 

oca fonema z

 

 

QUE SÍLABA FALTA?

Hoxe imos reforzar tamén a lectoescritura, con esta ficha interactiva de Julia Iglesias Rivas editada con Liveworksheets, no que os alumnos/as terán que ler as palabras e escoller a sílaba adecuada para completalas. As sílabas que traballaremos serán aquelas que leven S, T e L. Para autocorrixirse deberemos facer clic en "terminado" e posteriormente en "comprobar mis respuestas". Fai clic na imaxe para acceder ó recurso.

lectoescritura s, t, l

CON R OU CON D?

Comezamos cun xogo para traballar a discriminación r e d da man do equipo Comunicarnos, no que os alumnos/as terán que visualizar as imaxes e a palabras e escoller a letra con que completar estas últimas. Fai clic na imaxe para acceder ó xogo.

discriminacion r e d

KARAOKE "EL COCODRILO"

E hoxe para rematar imos estimular esa linguaxe oral cantando e nada mellor cun Karaoke, da man dos Cantajuegos da canle YouMoreTV. Así que desempolvade o micrófono e veña a cantar. Fai clic na imaxe para acceder á canción.

karaoke crocodilo

LOTERÍA DE PALABRAS

Traballar a conciencia fonolóxica é fundamental para un desenvolvemento adecuado da lectoescritura. Para elo, tróuxenvos a lotería de letras elaborada pola autora do blog fonografíarecursos. O primeiro que temos que facer para poder xogar é imprimir os cartóns e as letras  e recortar, estas últimas, de forma individual. Os alumnos/as irán seleccionando os cartóns e poñendo enriba de cada imaxe a letra pola que comeza, previa verbalización da palabra. Podedes descargar o xogo no arquivo adxunto.

loteria de palabras

letras loteria de palabras

 

SEPARA AS PALABRAS DA FRASE

Esta actividade está dirixida a aqueles alumnos/as de primaria que presentan dificultades coa lectoescritura relacionadas coa adición e fragmentación inadecuada de palabras dentro dunha frase. Neste xogo, da web genmagic, os alumnos/as terán que engadir espacios para separar as palabras da frase adecuadamente. Tamén permite escoller co texto vaia en maiúsculas ou minúsculas, dependendo da etapa na que se atope o neno/a, e conta  cun botón de corrección. Para pasar de exercicio deberemos facer clic en "nuevo ejercicio". Fai clic na imaxe para acceder ó xogo.

engadir espacios

 

Distribuir contido

PROGRAMACIÓN DO 3º TRIMESTRE

Iniciar sesión

Revista escolar

Eventos

« Xullo 2020 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Pais/Nais

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 2 invitados conectados.