Audición e linguaxe

ALIMENTOS (ESPAÑOL)

Comezamos a semana coas clases de español. Esta vez cambiaremos de temática e repasaremos os alimentos coas seguintes actividades:

1)Visualizaremos un vídeo da canle de youtube Smile and Learn que leva por título "Las frutas"  e intentaremos averiguar de que froitas fala o protagonista e repetiremos o vocabulario que nos indique. Fai clic na imaxe para acceder ó vídeo.

froitas video vocabulario

2)Traballaremos a atención con vocabulario de froitas con esta ficha interactiva de Liveworksheets, elaborada por Patricia Rom, onde os alumnos/as terán que completar as diferentes froitas co anaco que corresponda. Fai clic na imaxe para acceder ó recurso. Para autocorrixirse deberemos facer clic en "terminado" e posteriormente en "comprobar mis respuestas".

atencion froitas

3)E traballaremos a comprensión con outra ficha interactiva de Liveworksheets, elaborada por Miriambenito1, onde os alumnos/as terán que escoitar os audios e colocar o alimento correspondente. Fai clic na imaxe para acceder ó recurso. Para autocorrixirse deberemos facer clic en "terminado" e posteriormente en "comprobar mis respuestas".

comprensión alimentos

ABECEDARIO RECICLADO

E para rematar a semana imos cunha actividade creativa que atopei no instagram de @teachingtachan: un abecedario reciclado. A idea é crear con elementos naturais e de refugallo as diferentes letras do alfabeto. Podemos comezar polas letras do noso nome e despois ir engadindo outras. Despois, podemos facer fotos das mesmas e imprimilas e traballar con ese abedecario propio para construír palabras. Déixovos esta imaxe a modo de exemplo. Boa fin de semana a todos/as!!!

abecedario reciclado

XOGOS DE RECICLAXE

Como hoxe celebramos o día do medioambiente atopei na fantástica web de ecoembes unha serie de xogos para imprimir e traballar cos nenos/as conceptos relacionados coa reciclaxe e o coidado do medio ambiente. Fai clic na imaxe para acceder ós recursos.

reciclaxe

 

 

DITADO DE SONS

Hoxe imos traballar a memoria auditiva cun material da plataforma Liveworksheets, elaborado por Esther_Calvo_Martínez onde os alumnos/as terán que escoitar os audios, que figuran na parte esquerda,  e despois colocar as imaxes dos sons que foron aparcendo na orde correcta. Fai clic na imaxe para acceder ó recurso. Para autocorrixirse deberemos facer clic en "terminado" e posteriormente en "comprobar mis respuestas".

memoria auditiva

 

 

MIXTAS E SINFÓNS

Dende a web de Orientación Andújar elaboraron, con Liveworksheets,  unha versión interactiva do seu famoso xogo de tarxetas para traballar a discriminación entre sílabas mixtas (p_l, b_l, f_l, p_r, b_r, f_r...) e sinfóns (pl,bl,fl,pr,br,fr...). Nel os alumnos/as marcarán a sílaba que se corresponda con cada imaxe e posteriormente inventarán unha frase divertida con ela.  Fai clic na imaxe para acceder ó recurso. Para autocorrixirse deberemos facer clic en "terminado" e posteriormente en "comprobar mis respuestas".

mixtas e sinfons

SUPERHEROES E SUPERHEROÍNAS LÉXICAS

Para rematar imos facer unha ficha interactiva da plataforma Liveworksheets para traballar a conciencia léxica e a comprensión con temática de superheroes e superheroínas, elaborada por MarinaAL. Os alumnos/as pulsarán nos audios, escoitarán a frase que se enuncie, farán clic en tantos cadrados como palabras teña a frase e arrastrarán ó cadrado inicial a imaxe correspondente. Fai clic na imaxe para acceder ó recurso. Para autocorrixirse deberemos facer clic en "terminado" e posteriormente en "comprobar mis respuestas".

contamos palabras superheroinas

DISCRIMINANDO B E D

Hoxe tamén vos traio un recurso da web imageneseducativas para traballar a discriminación dos fonemas /b/ e /d/,  Trátase dunha serie de fichas onde os alumnos/as terán que observar as imaxes, enunciar o seu nome en voz alta e pintar o son que leven. Fai clic no arquivo adxunto para descargar o recurso.

lamina b e d dedos

discriminado b e d

QUEBRACABEZAS SILÁBICOS

Continuamos reforzando a conciencia silábica a través destes fabulosos quebracabezas elaborados polas autoras do blogue lobeptal. A idea e imprimir o material, recortar á metade as diferentes tarxetas, misturalas  e cos alumnos/as vaian montando os diferentes quebracabezas e lendo as sílabas. Fai clic no arquivo adxunto para descargalos.

quebracabezas silabicos

TRABALLANDO SONS INICIAIS E FINAIS

Hoxe comezamos cun xogo para traballar a conciencia fonolóxica cun material de Mónica Rubio Muñoz, autora do blog Comunic@te, elaborado coa ferramenta Genially. Nel os alumnos/as terán que identificar o son inicial ou final das imaxes que se presentan. Consta de tres apartados: vogais, sons iniciais consonánticos e sons finais. Fai clic na imaxe para acceder ó xogo.

conciencia fonoloxica

RULETAS DE FRASES

E para rematar imos cun recurso do equipo de Comunicarnos para axudar ós nosos alumnos/as a mellorar a súas estruturas morfosintácticas. Trátase de 3 ruletas que pulsarán, deterán e, logo, formarán unha frase a partir das imaxes que lles tocaron. Se o neno/a non presenta un bo nivel de linguaxe poderemos lembrarlle que ten que nomear os artigos para comezar a frase, así como as preposicións ó longo das mesma. Para descargar o recurso fai clic no arquivo adxunto.

Nota: se cando pinchades no arquivo salta a contrasinal, facede clic en só lectura e xa podedes usalo prefectamente. Logo no menú superior  pinchar en presentación con diapositivas e reproducir dende o inicio.

ruletas de frases

BUSCANDO REPETIDOS

A autora da páxina web mimontessori.org elaborou estos días un fabuloso material para traballar a concentración e atención con temática de animais. Trátase dunha serie de láminas nas que aparecen un montón de imaxes e onde os alumnos/as terán que rodear aqueles que están repetidos. Para poder reutilizalos varias veces podemos plastificalos caseriamente meténdoos dentro dunha funda de archivador e marcando con rotulador e borrando con toalliña. Facede clic no arquivo adxunto para descargar o recurso.

buscar repetidos

MENÚS DE CINE (COMPRENSIÓN LECTORA)

Seguimos traballando a comprensión lectora, cos alumnos/as de primaria, cun material interactivo da plataforma Liveworksheets elaborado por Losprimerosdelprincipe. Nel os nenos/as terán que ler a información que figura nos tres menús do cine Yelmo e contestar ás preguntas que figuran a continuación. Fai clic na imaxe para acceder ó recurso. Para autocorrixirse deberemos facer clic en "terminado" e posteriormente en "comprobar mis respuestas".

comprension lectora cine

LENDO TRABADAS

Hoxe comezamos cun material para traballar a articulación e lectura das sílabas trabadas (pr, br, fr...) realizado por Bemarvi69 coa ferramenta online wordwall. Nel os alumnos/as terán que visualizar as imaxes que se mostran e escoller, entre as palabras que figuran na parte inferior, aquela que se corresponda coa imaxe e posteriormente enunciala. Fai clic na imaxe para acceder ó xogo.

lectura trabadas

 

 

 

SIMON NA PISCINA

Retomando o traballo de razoamento lóxico a través de secuencias temporais que fixéramos hai dúas semanas, volvemos con outra tandada elaborada pola autora do blog hoytengologopeda, baseadas na famosa serie do coelliño Simón. Esta vez, os alumnos/as visualizarán o capítulo "Simón na piscina" e, posteriormente, imprimirán, recortarán e ordenarán as diferentes viñetas para contarnos a historia. Tamén podemos dar pé a outras actividades como por exemplo: quitar a última viñeta e inventarnos outro final, escoller unhas viñetas e ordenalas como queiramos e ir creando unha historia diferente, a partir da viñeta final debuxar que pasaría despois... Con este tipo de actividades non só traballamos razoamento lóxico senon tamén atención visual. Para descargar as viñetas fai clic no arquivo adxunto.

simon secuencias

A ORDENAR!!

A ordenar!! é un xogo elaborado polo equipo de Comunicarnos para traballar a semántica, neste caso centrada en vocabulario temático das prendas de roupa. A idea é que os alumnos/as axuden a clasificar a roupa segundo a estación na que a empregamos. Fai clic na imaxe para acceder ó xogo.

ordenamos roupa

"EL PEZ ZAZÚ"

Continuamos coa xeneralización de fonemas, neste caso do fonema /z/ con esta canción karaoke composta por Amparo Ruiz e outras compañeiras de universidade, cos alumnos/as terán que intentar reproducir. Fai clic na imaxe para acceder ó vídeo.

el pez zazú

DETECTIVE DO S

Hoxe comezamos traballando o fonema /s/ cun material de Rocío Toribio, do blog ComunicaLO logopedia. Trátase dun xogo tipo lince, onde os alumnos/as teñen un taboleiro circular con moitas imaxes que levan o fonema, en diferentes posicións, e unha serie de tarxetas circulares coas imaxes individuais. A idea e que escollan unha das tarxetas e traten de localizar no taboleiro a imaxe o máis rápido posible e despois enuncien a palabra e así con todas as tarxetas. Desta forma traballaríamos a articulación e xeneralización do fonema. Tamén podemos facer frases coas palabras que atopemos. Fai clic no arquivo adxunto para descargar o recurso.

detective fonema s

detective fonema s

SONS INICIAIS

O equipo Comunicarnos volve sorprendernos con este material para traballar os pares mínimos, no que os alumnos/as terán que estar moi atentos á palabra que se enuncia e facer clic na imaxe que corresponda, posto que apenas hai diferencia entre unha e outra. Fai clic na imaxe para acceder ó xogo.

pares mínimos comunicarnos

QUE VES?

Para xeneralizar o fonema /r/ tráiovos unhas actividades da autora do blogue pezasdecores nas que os alumnos/as terán que, por un lado, nomear as imaxes que aparecen dentro da letra R e, por outro, descifrar os enigmas. Pista: a resposta de todos eles esta no son /r/. Para descargar o recurso facer clic no arquivo adxunto.

imaxes co fonema r

enigmas con r

ANIMAIS 2 (ESPAÑOL)

Imos comezar coas clases de español reforzando a temática iniciada a semana pasada sobre os animais. Rebuscando pola rede atopei esta divertida canción da canle de youtube Super Simple Español titulada "Los animales en la granja", que teremos que visualizar e intentar reproducir. Fai clic na imaxe para acceder ó vídeo.

canción animais

 

Logo, déixovos estas actividades, elaboradas por Virginie Vilhès Irene Ocaña Castillo, para traballar a atención, a discriminación visual e o vocabulario mediante a identificación e evocación de sombras de diferentes animais. Facede clic nos arquivos adxuntos para descargar os recursos. Unha vez aberto, facer clic no menú superior en "presentación de diapositivas" e no submenú en "reproducir desde el inicio".
sombras animais

sombras animais 2

E para rematar unha ficha interactiva da plataforma Liveworksheets, elaborado por ANTO PT, na que os alumnos/as terán que escoitar o nome dos animais e ir asociándoos coa imaxe correspondente. Para autocorrixirse deberemos facer clic en "terminado" e posteriormente en "comprobar mis respuestas". Fai clic na imaxe para acceder ó recurso.

animais nomes

 

SOMBRAS CHINAS DE ANIMAIS

E para rematala semana imos propoñer unha actividade lúdica con sombras chinescas, unha arte floclórica con máis de 2000 anos de vida. A idea é que os nenos/as aprendar a reproducir diferentes sombras de animais coas mans, co recurso de unComo,  e imaxinar que nos poderían contar. Fai clic na imaxe para acceder ó taller de sombras chinas. Boa fin de semana a todos/as!!!

sombras chinescas

BOLA BOLÓN

Hoxe tamén imos estimular a linguaxe oral cun xogo rítmico de movemento da autora Sandra Chandía que se titula: "Bola bolón". Os alumnos/as terán que visualizar o xogo e intentar reproducilo. Fai clic na imaxe para acceder ó vídeo.

bola bolón

AVENTURA PIRATA (CONCIENCIA FONOLÓXICA)

Continuamos cun pack de actividades interactivas do blog crisalida-ayl para traballar a conciencia fonolóxica a través dunha aventura pirata.

aventura pirata

A misión é a seguinte: O pirata Patapau roubounos o tesouro e agochouno nalgún lugar da illa. Pero temos unha boa noticia: xa atopamos o mapa! polo que xa podemos comezar a buscalo. Para elo teremos que seguila ruta que ten varias etapas:

EPAPA 1: A COSTA. Coller as estelas que comecen polas letras indicadas.

etapa 1

ETAPA 2: ILLA CAVEIRA. Coller os diamantes que rematen polas letras indicadas.

etapa 2

ETAPA 3: O VOLCÁN ENCANTADO. Contar as sílabas do obxecto e saltar á pedra do número correspondente.

etapa 3

ETAPA 4: A FERVENZA. Pescar o peixe que comece pola sílaba que aparece tallada na pedra.

etapa 4

ETAPA 5: A TRIBU. Ofrecer a cada deus (máscara) a súa ofrenda, que é  o obxecto que remate pola mesma sílaba ca que aparece tallada.

etapa 5

Podedes descargar o recurso no arquivo adxunto. Unha vez aberto, facer clic no menú superior en "presentación de diapositivas" e no submenú en "reproducir desde el inicio".

 

SINFÓN PR: SÍLABA, PALABRA E SOPA.

Hoxe imos traballar o sinfón pr cun material da autora do blog tizasdecoloresmaestraana semellante ó que empregamos a semana pasada co sínfon pl. Trátanse de tres fichas interactivas da plataforma Liveworksheets onde os alumnos/as terán que:

1)Marcar o sinfón correcto:

marcar sinfon pr

2)Escoller a palabra correcta:

palbras sinfon pr

3)Facer unha sopa de letras con vocabulario co sinfón pr:

sopa de letras pr

Para autocorrixirse deberemos facer clic en "terminado" e posteriormente en "comprobar mis respuestas". Fai clic nas imaxes para acceder ós recursos.

 

AGRUPANDO VOGAIS E IMAXES

E para rematar imos cunha actividade para reforzar as vogais. Trátase dun xogo elaborado coa ferramenta learningapp por loli81 na que os alumnos/as terán que ir escollendo as vogais que aparecen na parte superior e marcando as imaxes que comecen pola vogal seleccionada. Fai clic no arquivo para acceder ó xogo.

vogais

"LAS JIRAFAS NO PUEDEN BAILAR" (COMPRENSIÓN LECTORA)

A comprensión lectora é un piar básico na aprendizaxe dos alumnos/as. Sen comprensión o acceso a novos coñecementos dificúltase de forma significativa. Así que hoxe imos incidir neste aspecto e para elo tróuxenvos un material, co grupo de Comunicarnos colgou no seu recopilatorio de actividades de estimulación da linguaxe, que me pareceu moi interesante e que parte do fermosísimo conto "Las jirafas no pueden bailar" de Giles Andreae e Guy Parker-Rees. A idea é que os alumnos/as visualicen o conto e despois resposten ás diferentes preguntas que se formulan. Fai clic na imaxe para acceder ós recursos. Para autocorrixirse deberemos facer clic en "terminado" e posteriormente en "comprobar mis respuestas".

comprension lectora

DISCRIMINANDO ZI E SI

Continuamos cunha actividade de conciencia silábica para traballar a discriminación dos fonemas /s/ e /z/. Trátase dunhas fichas interactivas da plataforma Liveworksheets, elaboradas polo equipo de Comunicarnos, onde os alumnos/as terán que clasificar unha serie de imaxes segundo leven a sílaba si ou zi. Pero coidado porque algunhas imaxes non levarán ningunha das sílabas polo que deberemos colocalas na papeleira. Fai clic na imaxe para acceder ás fichas. Para autocorrixirse deberemos facer clic en "terminado" e posteriormente en "comprobar mis respuestas".

discriminacion zi si

NOMES E OBXECTOS

Hoxe imos comezar cunha actividade de conciencia fonolóxica do instagram de @aprenderconellos. A idea é escribir as letras do noso nome ou dos nomes de amigos/as, pais e nais, avós e avoas...en cuadrículas e bucar pola casa obxectos que comecen por cada unha das letras. Déixovos esta foto a modo de exemplo.

L-Libro

A-Arañas

U-USB

R-Rato

A-Amarelo

 

nomes letras

 

FRASES DESORDENADAS

E para rematar déixovos este material do blogue blogunmundoespecial para traballar a conciencia léxica a través da formación de frases. Os alumnos/as terán que ler as palabras que aparecen no marco de fotos e ir ordenándoas no recadro creando unha frase con sentido. Fai clic no arquivo adxunto para descargar o recurso. Unha vez aberto, facer clic no menú superior en "presentación de diapositivas" e no submenú en "reproducir desde el inicio".

ordenar frases

ESTIMULANDO O FONEMA /Z/

A semana pasada comezamos a traballar cos materiais  de Almudena Vergara e Elena Serrano (mestras de Audición e Linguaxe) para estimulación da linguaxe agrupados por fonemas. Hoxe tróuxenvos os correspondentes ó fonema /z/. Trátanse dos seguintes catro xogos:

1)Discriminación autiditiva e fonética: o adulto/a lerá as palabras e o alumno/a deberá dar un palmada cando escoite unha palabra que leve o son /z/.

discriminacion fonetica /z/

2)Contruíndo frases: os alumnos/as escollerán unha imaxe de cada columna e construirán frases de alomenos 5 elementos.

morfosintaxe /z/

3)Busca o intruso: os alumnos/as localizarán a imaxe que non ten que ver coas demáis da fila.

semantica /z/

4)Expresión oral: os alumnos/as imaxinarán a conversa que están tendo na piscina Zeus e Zoe.

paragmatica /z/

Fai clic no arquivo adxunto para descargar os xogos.

Distribuir contido

PROGRAMACIÓN DO 3º TRIMESTRE

Iniciar sesión

Revista escolar

Eventos

« Xullo 2020 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Pais/Nais

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.